Online Computer Library Center
Online Computer Library Center | |
---|---|
Tipo | cooperativa, base de dados bibliográfica, biblioteca e organización sen ánimo de lucro |
Campo de traballo | cooperación biblitecaria |
Data de fundación | c. 5 de xullo de 1967 e 6 de xullo de 1967 |
Fundador(es) | Fred Kilgour |
Sede | Dublin e Dublín |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.oclc.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Online Computer Library Center (OCLC) é un servizo de biblioteca por computador en liña e unha entidade de investigación sen ánimo de lucro. Máis de 57.000 bibliotecas en 112 países e territorios ao redor do mundo usan os servizos de OCLC para localizar, adquirir, prestar e preservar material bibliográfico. Foi fundado por Fred Kilgour en 1967. Orixinalmente chamouse Ohio College Library Center. As oficinas están localizadas en Dublin, Ohio (Estados Unidos).
Como funciona
[editar | editar a fonte]Investigadores, estudantes, facultades, bibliotecarios profesionais e outras persoas que buscan información usan os servizos de OCLC para obter información bibliográfica, sumarios e textos completos onde e cando o necesitan.
OCLC e as súas bibliotecas membros producen cooperativamente e manteñen WorldCat - a OCLC Online Union Catalog, o maior catálogo de acceso público en liña (OPAC) do mundo. WorldCat contén rexistros da maioría de bibliotecas públicas e privadas de todo o mundo. WorldCat está dispoñible a través de moitas redes de bibliotecas e universidades.
O programa Open WorldCat crea rexistros de materiais propiedade de bibliotecas na base de datos WorldCat de OCLC para as webs máis populares de procura, sitios bibliográficos e de venda de libros de Internet.
Os rexistros de Open WorldCat poden ser accedidos desde as procuras avanzadas de Google ou Yahoo!, simplemente limitando a procura ao sitio ou dominio "worldcatlibraries.org." No outono de 2004, a colección de Open WorldCat foi ampliada para incluír información sobre todos os rexistros de WorldCat.
En outubro de 2005, o equipo técnico da OCLC iniciou un proxecto wiki que permite aos lectores e bibliotecarios engadir comentarios, e información estruturada asociada con calquera rexistro de WorldCat.
Sistema Dewey de clasificación
[editar | editar a fonte]A OCLC adquiriu os dereitos de autor e marcas rexistradas asociadas ao sistema Dewey de clasificación ao comprar Forest Press en 1988.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Online Computer Library Center |