Condado de Louth
County Louth (en) Contae Lú (ga) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Irlanda | ||||
Provincias | Leinster | ||||
Capital | Dundalk | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 128.375 (2016) (155,42 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 826 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | office of the Cathaoirleach of Louth County Council (en) | ||||
Órgano lexislativo | legislative body of Louth County Council (en) Circunscrición: 4, (Escano: 29) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IE-LH | ||||
Páxina web | louthcoco.ie… |
O condado de Louth (en gaélico irlandés An Lú) é un condado da provincia de Leinster, na costa occidental de Irlanda. É o condado máis miúdo da illa irlandesa con 820 km² de área (317 millas cuadradas[1]). A súa capital é Dún Dealgan (en irlandés) / Dundalk (en inglés). Contaba cunha poboación de 101.821 habitantes no 2002.
Louth ten como veciños os condados de Armagh e Down (ambos na Irlanda do Norte) polo norte, o Mar da Irlanda polo leste, Meath polo sur e o suroeste e Monaghan polo noroeste.
No condado áchanse unha ruínas chamadas Monasterboice, que posúen grandes cruces celtas entre as que destaca a cruz de Muiredach.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]O nome de Louth provén dun pobo deste condado de nome homónimo, polo deus celta Lugh, cuxa festividade se celebraba no Lúnasa. Actualmente o nome moderno é An Lú, que non ten nada que ver co comparativo/superlativo lú que significa "menor" ou "o menor" nalgunha construcións lingüísticas da lingua irlandesa.
Poboacións
[editar | editar a fonte]- Baile Átha Fherdia/Ardee (cidade) - Annagassan
- Ballymascanlon - Blackrock
- Carlingford - Castlebellingham - Clogherhead - Collon
- Darver - Drogheda - Dromiskin - Dundalk - Dundalk- Dunleer
- Greenore
- Jenkinstown
- Kilsaran
- Louth
- Mansfieldtown
- Ó Méith/Omeath
- Termonfeckin - Tullyallen
Lingua irlandesa
[editar | editar a fonte]A área de Omeath era gaélico parlante até principios dos século 20. Existía un dialecto do irlandés de Louth, mais xa está extinto dende polo menos o 1930 e agora só se pode escoitar en gravacións[2].
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Condado de Louth |