Saltar ao contido

Mary Wollstonecraft

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de abril de 2024 ás 16:35 por Breogan2008 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Modelo:BiografíaMary Wollstonecraft

(1797) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1759 Editar o valor en Wikidata
Spitalfields (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de setembro de 1797 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Somers Town (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteInfecção puerperal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt Peter's Church, Bournemouth (en) Traducir (1851–)
St Pancras Old Church, Camden (en) Traducir (1797–1851) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBarking (en) Traducir
Southwark (pt) Traducir
Bloomsbury (pt) Traducir
Beverley
Illa de Irlanda
Gales
Newington Green (en) Traducir
Epping Forest (en) Traducir
París Editar o valor en Wikidata
RelixiónDeísmo, anglicanismo e Unitarismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio, Estudos de xénero, Dereitos da muller, acción política e Escrita creativa e profesional Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupacióntradutora, institutriz, empresaria, escritora de viaxes, ensaísta, historiadora, novelista, filósofa, escritora de literatura infantil Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFeminismo Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioMr. Cresswick Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeWilliam Godwin (1797–)
Gilbert Imlay Editar o valor en Wikidata
ParellaWilliam Godwin Editar o valor en Wikidata
FillosFanny Godwin
 () Gilbert Imlay
Mary Shelley
 () William Godwin Editar o valor en Wikidata
PaisEdward John Wollstonecraft Editar o valor en Wikidata  e Elizabeth Dixon Editar o valor en Wikidata
IrmánsCharles Wollstonecraft Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1161594 Bitraga: 1268 WikiTree: Wollstonecraft-1 Find a Grave: 12828 Editar o valor en Wikidata

Mary Wollstonecraft, nada en Spitalfields, Londres o 27 de abril de 1759 e finada o 10 de setembro de 1797, foi unha filósofa, escritora inglesa e defensora dos dereitos das mulleres. Durante a súa breve carreira, escribiu novelas, tratados, unha narración de viaxe, unha historia da Revolución Francesa, un manual de conduta e un libro para a mocidade. Wollstonecraft é coñecida por Vindicación dos dereitos da muller (1792), onde argumenta que as mulleres non son naturalmente inferiores aos varóns, mais semellan selo porque non reciben a mesma educación. Ela suxire que tanto varóns coma mulleres deben ser tratados como seres racionais e imaxina unha orde social fundada pola razón. Con esta obra estableceu as bases do feminismo moderno e converteuna nunha das mulleres máis populares de Europa da época.

Ata finais do século XX, a vida de Wollstonecraft, que abranguía varías relacións persoais non convencionais, recibía máis atención que a súa obra. Despois de dous malos asuntos con Henry Fuseli e Gilbert Imlay (con quen tivo unha filla, Fanny Imlay), casou co filósofo William Godwin, un dos devanceiros do movemento anarquista. Wollstonecraft finou á idade de 38 anos, once días despois de dar a luz a súa segunda filla, ficando atrás varios manuscritos inacabados. Esta filla, Mary Wollstoncraft Godwin, converteuse nunha consumada escritora, como Mary Shelley, a autora de Frankenstein ou o moderno Prometeo.

Despois da morte de Wollstonecraft, o seu viúvo publicou Memoirs of the Author of A Vindication of the Rights of Woman (Memorias da autora de Vindicación dos dereitos da muller, 1798), revelando o seu estilo de vida pouco ortodoxo, que inadvertidamente destruíu a súa reputación durante case un século. Porén, co movemento feminista de comezos do século XX, a defensa de Wollstonecraft da igualdade das mulleres e as críticas á feminidade convencional fixéronse cada vez máis importantes. Na actualidade, Wollstonecraft é considerada unha das filósofas feministas fundadoras, e as feministas adoito citan tanto a súa vida coma o seu traballo como grandes influencias.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Wollstonecraft naceu o 27 de abril de 1759 en Spitalfields, Londres. Foi a segunda de sete fillos de Elizabeth Dixon e Edward John Wollstonecraft.[1] Aínda que a súa familia tiña uns ingresos aceptables cando ela era pequena, o seu pai malgastounos en proxectos especulativos. En consecuencia, a familia volveuse financeiramente inestable e con frecuencia víronse obrigados a se mudar durante a mocidade de Wollstonecraft.[2] Esta situación económica fíxose tan grave que o pai de Mary tivo que gastar unha herdanza que ela doutro xeito recibiría na súa madurez. Amais, semella que era un varón violento que pegaba a súa esposa cando estaba bébedo. Na súa adolescencia, Wollstonecraft adoitaba ficar fóra da porta do dormitorio da súa nai para a protexer.[3] Dun xeito semellante, exerceu un papel protector coas súas irmás, Everina e Eliza, ao longo da súa vida. Por exemplo, nun momento concreto de 1784, convenceu a Eliza, que sufría do que probablemente foi unha depresión posparto, para deixar o seu marido e bebé; Wollstonecraft arranxou todo para que puidera fuxir, demostrando así o seu desexo de desafiar as normas sociais. O prezo que tivo que pagar, porén, foi elevado: a súa irmá sufriu dun rexeitamento social e, debido a que non podía volver casar, foi condenada a unha vida de pobreza e traballo duro.[4]

Dúas amizades marcaron a mocidade de Wollstonecraft. A primeira foi a de Jane Arden en Beverley. Ambas as dúas lían adoito libros xuntas e asistían ás clases impartidas polo pai de Arden, un filósofo e científico autodidacta. Wollstonecraft gozou o ambiente intelectual da familia Arden e valorou a súa amizade con Jane enormemente, ás veces ata o punto de ser emocionalmente posesiva. Wollstonecraft escribiulle: «Formáronse en min certas nocións románticas de amizade [...] Son un pouco peculiar nas miñas concepcións de amor e amizade; debo ter o primeiro lugar ou ningún».[5] Nalgunhas cartas de Wollstonecraft a Arden revélanse as emocións volátiles e depresivas que a atormentaron ao longo da súa vida.[6]

A segunda, e posiblemente a amizade máis importante, foi a de Fanny (Frances) Blood, quen lle fora presentada polos Clares, unha parella de Hoxton que se convertera nunha figura paterna para ela; Wollstonecraft outorgáballe o mérito de abrirlle a mente. Infeliz coa súa vida na casa, Wollstonecraft comezou unha nova ela soa en 1778 e aceptou un traballo como dama de compañía de Sarah Dawson, unha viúva que vivía en Bath. Porén, Wollstonecraft tivo problemas para se levar ben coa muller irascible (unha experiencia que debuxou ao describir os inconvenientes de tal posición en Thoughts of the Education of Daughters, 1787). En 1780 tornou á casa, chamada para coidar da súa nai que estaba a piques de morrer. En troques de volver traballar con Dawson tras a morte da súa nai, Wollstonecraft mudouse cos Blood. Decatouse durante os dous anos que pasou coa familia que idealizara a Blood, quen estaba máis de parte dos valores tradicionalmente considerados femininos coa Wollstonecraft. Mais ela ficou dedicada a ela e á súa familia ao longo da súa vida (por exemplo, axudou de xeito pecuniario o irmán de Blood).[7]

Wollstonecraft imaxinara vivir nunha utopía feminina con Blood; fixeron plans para alugar habitacións xuntas e apoiarse mutuamente emocional e financeiramente, pero este soño derrubouse baixo as realidades económicas. Para gañar a vida, Wollstonecraft, as súas irmáns e Blood estableceron xuntas unha escola en Newington Green, unha comunidade disidente. Blood axiña se comprometeu e despois de casar o seu marido levouna a Lisboa, Portugal, para mellorar a súa saúde, a cal sempre fora moi feble.[8] A pesar do cambio de contorna, a saúde de Blood deteriorouse inda máis cando quedou embarazada, e en 1785 Wollstonecraft deixou a escola e seguiu a Blood para a coidar, mais non serviu.[9] Por outra banda, o seu abandono da escola levou ao seu fracaso.[10] A morte de Blood devastou a Wollstonecraft e foi parte da inspiración para a súa primeira novela, Mary: A Fiction (1788).[11]

«A primeira dun novo xénero»

[editar | editar a fonte]
Engraving showing a female teacher holding her arms up in the shape of a cross. There is one female child on each side of her, both gazing up at her.
Frontispicio da edición de 1791 de Original Stories from Real Life gravado por William Blake.
Mary Wollstonecraft en 1790–1, por John Opie.

Logo da morte de Blood, os amigos de Wollstonecraft axudárona a obter a posición de institutriz das fillas da familia Kingsborough en Irlanda. Aínda que non puido levarse ben con lady Kingsborough,[12] para os nenos foi unha instrutora estimulante; Margaret King dixo posteriormente que ela «liberara a súa mente de toda superstición».[13] Algunha das experiencias de Wollstonecraft durante aqueles anos veríanse reflectidas no seu único libro infantil, Original Stories from Real Life (1788).[14]

Frustada polas limitadas opcións laborais das que dispoñían as mulleres respectables mais con poucos recursos económicos —unha barreira que Wollstonecraft describe elocuentemente no capítulo Thoughts on the Education of Daughters (Reflexións sobre a educación das fillas) titulado «Unfortunate Situation of Females, Fashionably Educated, and Left Without a Fortune», cuxa posible tradución sería «Desafortunada situación das mulleres modernamente educadas que quedaron sen fortuna»— decidiu, despois de só un ano como institutriz, emprender unha carreira como autora. Esta foi unha decisión radical, pois, naqueles tempos, poucas mulleres podían sobrevivir como escritoras. Cando escribiu á súa irmá Everina en 1787, ela trataba de se converter en «a primeira dun novo xénero».[15] Mudouse a Londres e, axudada polo editor liberal Joseph Johnson, atopou un lugar onde vivir e un traballo que a mantivese.[16] Aprendeu francés e alemán e traduciu textos,[17] entre os que salientan Of the Importance of Religious Opinions de Jacques Necker e Elements of Morality, for the Use of Children de Christian Gotthilf Salzmann. Tamén escribiu recensións, principalmente de novelas, para o xornal de Jonhson, Analytical Review. O universo intelectual de Wollstonecraft estendeuse durante esa época, non só pola lectura que levaba a cabo para as súas recensións, senón tamén polas compañías que frecuentaba: asistiu ás renomeadas ceas de Johnson e coñeceu intelectuais coma o panfletista radical Thomas Paine e o filósofo William Godwin. A primeira vez que Wollstonecraft e Godwin se coñeceron, ambos os dous estaban decepcionados co outro. Godwin viñera para oír a Paine, mais Wollstonecraft atacouno esa noite, discrepando con el en case todos os temas. O propio Johnson, con todo, converteuse en moito máis ca un amigo; ela describiuno nas súas cartas coma un pai e un irmán.[18]

En Londres, Wollstonecraft buscou unha relación co artista Henry Fuseli, a pesar de que xa estaba casado. Ela estaba, escribiu, encantada polo seu xenio, «a grandeza da súa alma, esa rapidez de comprensión e simpatía encantadora».[19] Ela propuxo un acordo platónico de vida con Fuseli a maila a súa esposa, pero a dona de Fuseli estaba horrorizada e rompeu a relación con Wollstonecraft.[20] Despois do rexeitamento de Fuseli, Wollstonecraft decidiu viaxar a Francia para fuxir da humillación do incidente e participar nos eventos revolucionarios que acababa de celebrar na recente Vindication of the Rights of Men (1790). Escribira Vindication of the Rights of Men en resposta á crítica conservativa de Edmund Burke da Revolución Francesa en Reflections on the Revolution in France (1790), o cal provocou que se volvese famosa da noite para a mañá. Foi comparada con figuras coma o teólogo e polémico Joseph Priestley e Paine, cuxo Rights of Man (1791) demostraría ser a máis popular das respostas dirixidas a Burke. As ideas que bosquexara en Rights of Men foron consolidadas en Vindicación dos dereitos da muller (1792), a súa obra máis famosa e influente.[21]

Francia e Gilbert Imlay

[editar | editar a fonte]
Smoke is billowing throughout the top two-thirds of the picture, dead guards are scattered in the foreground, and a battle, with hand-to-hand combat and one horse is taking place in the bottom right.
O ataque do 10 de agosto no palacio das Tullerías; a violencia revolucionaria francesa espállase.

Wollstonecraft marchou cara a París en decembro de 1792 e chegou aproximadamente un mes antes de que Lois XVI fose guillotinado. Francia estaba en crise. Buscou outros visitantes británicos coma Helen Maria Williams e uniuse ao círculo de expatriados da cidade.[22] Wollstonecraft, que acabara de redactar a Vindicación dos dereitos da muller, estaba decidida a pór a proba as súas ideas e, no estimulante ambiente intelectual da Revolución Francesa, tivo a súa relación amorosa máis experimental: coñeceu e namorouse apaixonadamente de Gilbert Imlay, un aventureiro americano. Estivese ou non Wollstonecraft interesada nun enlace matrimonial, Imlay non o estaba, e ela parecía que se namorara dunha idealización deste varón. Aínda que Wollstonecraft rexeitara a compoñente sexual das relacións en Vindicación dos dereitos da muller, Imlay espertou a súa paixón e o seu interese polo sexo.[23] Wollstonecraft quedou axiña embarazada e o 14 de maio de 1794 deu a luz a súa primeira filla, Fanny, á que puxo o nome da que quizais foi a súa mellor amiga.[24] Wollstonecraft estaba moi contenta, ela escribiulle a un amigo: «A nena comeza a chuchar tan valentemente que seu pai cre descaradamente que escribirá a segunda parte de Vindicación dos dereitos da muller».[25] Continuou a escribir avidamente, a pesar de non só o seu embarazo e as cargas que comporta ser nai por primeira vez nun país estranxeiro, senón tamén o crecente tumulto da Revolución Francesa. Mentres estivo en Le Havre, no norte de Francia, escribiu unha historia da revolución temperá, An Historical and Moral View of the French Revolution (Unha visión histórica e moral da orixe da Revolución Francesa), que foi publicada en Londres en decembro de 1794.[26]

A medida que a situación política empeoraba, Gran Bretaña declarou a guerra a Francia, colocando en considerable perigo os británicos establecidos en Francia. Para protexer a Wollstonecraft, Imlay rexistrouna como a súa dona, a pesar de que non estaban casados.[27] Algúns dos amigos de Wollstonecraft non tiveron tanta sorte; moitos deles, coma Thomas Paine, foron arrestados e algúns mesmo guillotinados (de feito, as irmás de Wollstonecraft crían que estaba no cárcere). Máis tarde, despois de abandonar Francia, Wollstonecraft seguiría referíndose a si mesma como Mrs. Imlay, mesmo para as súas irmás, co fin de outorgar lexitimidade á súa filla.[28]

Imlay, descontento coa Wollstonecraft caseira e maternal, deixouna. Prometeu que volvería a Le Havre, Francia, onde ela fora para dar a luz, pero os seus atrasos en escribir e as súas longas ausencias convenceron a Wollstonecraft de que el atopara outra muller. As súas cartas a el están cheas de protestas desesperadas, consideradas por moitos críticos como expresións dunha muller profundamente deprimida, segundo algúns como resultado das súas circunstancias —soa cunha filla no medio dunha revolución.[29]

Inglaterra e William Godwin

[editar | editar a fonte]

Wollstonecraft volveu a Londres en abril de 1795 en busca de Imlay, pero el rexeitouna. En maio de 1795 tratou de se suicidar, probablemente con láudano, pero Imlay salvouna (aínda que non está moi claro como).[30] Nun último intento de recuperalo, embarcouse en certos negocios relacionados con el en Escandinavia, tratando de recuperar algunhas das súas perdas. Wollstonecraft emprendeu esta ardua viaxe coa súa pequena filla e unha criada. Relatou os sucesos e os seus pensamentos en cartas a Imlay, moitas das cales se publicaron posteriormente como Letters Written During a Short Residence in Sweden, Norway, and Denmark (Cartas escritas durante unha breve estada en Suecia, Noruega e Dinamarca) en 1796.[31] Cando regresou a Inglaterra e decatouse de que a súa relación con Imlay terminara, tentou suicidarse por segunda vez, deixando unha nota para Imlay:

Deixa que os meus males durman comigo! Pronto, moi pronto, estarei en paz. Cando recibas isto, a miña cabeza ardente estará fría ... Afundireime no Támese onde hai menos posibilidades de que me arrinquen da morte que busco. Deus béizache! Que nunca saibas por experiencia o que me fixeches soportar. Se se esperta a túa sensibilidade, o remorso atopará o seu camiño cara ao teu corazón; e, no medio do negocio e pracer sensual, aparecerei diante de ti, a vítima da túa desviación da rectitude.[32]
Half-length profile portrait of a man. His dark clothing blends into the background and his white face is in stark contrast.
James Northcote, William Godwin, óleo sobre lenzo, 1802, na National Portrait Gallery.

Logo saíu nunha noite de choiva e «para facer a súa roupa pesada de auga, camiñou ao redor de media hora» antes de saltar ao río Támese, pero un estraño viuna e rescatouna.[33] Wollstonecraft considerou o seu intento de suicidio profundamente racional, escribindo despois do seu rescate:

Só teño que lamentar que, cando a amargura da morte pasara, fun inhumanamente traída de volta á vida e á miseria. Pero teño a firme determinación de que esa decepción non me desconcerte; non deixarei que o que foi un dos actos máis acougados da miña razón quede como un intento desesperado. No que a iso respecta, só teño que render contas a min mesma. Se me preocupase polo que chaman reputación, serían outras circunstancias as que me deshonrarían.[34]

Aos poucos, Wollstonecraft volveu á súa vida literaria, relacionándose co círculo de Joseph Johnson de novo, en particular con Mary Hays, Elizabeth Inchbald e Sarah Siddons mediante William Godwin. O noivado de Godwin e Wollstonecraft comezou lentamente, pero finalmente converteuse nunha apaixonada relación.[35] Godwin lera Letters Written During a Short Residence in Sweden, Norway, and Denmark e máis tarde escribiu que «Se algunha vez houbo un libro feito para que o lector ficase namorado do seu autor, para min é este. Ela fala do seu dó dun modo que che enche de melancolía e desfaiche en tenrura, ao mesmo tempo que demostra unha xenialidade que inspira unha grande admiración».[36] Unha vez Wollstonecraft ficou embarazada, decidiron casar para que o fillo fose lexítimo. A súa voda desvelou o feito de que Wollstonecraft nunca estivera casada con Imlay, e como resultado Godwin e ela perderon moitos amigos. Godwin recibiu críticas porque defendera a abolición do matrimonio no seu tratado filosófico Political Justice (Xustiza política).[37] Despois da voda, que tivo lugar o 29 de marzo de 1797, trasladáronse a dúas casas acaroadas, coñecidas como O Polígono, de xeito que puidesen conservar a súa independencia; de feito, a miúdo comunicábanse por carta.[38] Segundo parece eran felices e tiveron unha estable, aínda que traxicamente breve, relación.[39]

Morte e Memoirs de Godwin

[editar | editar a fonte]
Title page reads "Memoirs of the Author of A Vindication of the Rights of Woman. By William Godwin. The Second Edition, Corrected. London: Printed for J. Johnson, No. 72, St. Paul's Church-yard. 1798.
Páxina do título de Memoirs of the Author of A Vindication of the Rights of Woman (1798) de Godwin.

O 30 de agosto de 1797, Wollstonecraft deu a luz a súa segunda filla, Mary. Aínda que ao principio o parto pareceu ir ben, a placenta rompeu e infectouse durante o nacemento, algo que non era raro no século XVIII.[40] Tras varios días de agonía, Wollstonecraft morreu de septicemia o 10 de setembro.[41] Godwin quedou esnaquizado; escribiu ao seu amigo Thomas Holcroft: «Creo firmemente que non existe no mundo ninguén que se poida comparar a ela. Sei por experiencia que estabamos feitos para nos facer felices o un ao outro. Non agardo en absoluto poder volver ser feliz nunca máis».[42] Foi soterrada en St Pancras Old Church, onde podemos ler na súa campa, «Mary Wollstonecraft Godwin, autora de Vindicación dos dereitos da muller: Nada o 27 de abril de 1759: Finada o 10 de setembro de 1797».[43] En 1851, os seus restos foron movidos polo seu neto Percy Florence Shelley á tumba familiar na St Peter's Church, Bournemouth.[44] O seu monumento no cemiterio atópase ao nordés da igrexa xusto ao norte da tumba de sir John Soane. O seu marido foi enterrado con ela tras a súa morte en 1836, do mesmo xeito que a súa segunda esposa, Mary Jane Godwin (1766-1841).

En xaneiro de 1798 Godwin publicou Memoirs of the Author of A Vindication of the Rights of Womanf Woman (Memorias da autora de Vindicación dos dereitos da muller). Aínda que Godwin sentía que estaba a describir a súa esposa con amor, compaixón e sinceridade, moitos lectores ficaron conmocionados polo feito de que el revelase a ilexitimidade da primeira filla de Wollstonecraft, as súas relacións amorosas e os seus intentos de suicidio.[45] O poeta romántico Robert Southey acusouno de «falta de todo sentimento ao espir a súa dona morta» e publicáronse sátiras viciosas como The Unsex'd Females.[46] As Memoirs de Godwin mostraron a Wollstonecraft como unha muller profundamente comprometida cos seus sentimentos, equilibrada e máis escéptica en canto a relixión do que suxiren os seus propios escritos.[47] A perspectiva de Godwin sobre Wollstonecraft perpetuouse ao longo do século XIX e resultou en poemas como «Wollstonecraft and Fuseli» do poeta británico Robert Browning e o de William Roscoe que inclúe as liñas:[48]

Hard was thy fate in all the scenes of life
As daughter, sister, mother, friend, and wife;
But harder still, thy fate in death we own,
Thus mourn'd by Godwin with a heart of stone.

Duro foi o teu destino en todas as escenas da vida
Como filla, irmá, nai, amiga, e muller;
Pero aínda máis difícil, o teu destino na nosa morte,
Isto aflixiu a Godwin cun corazón de pedra.

Brown plaque of Wollstonecraft's final home, in Camden
Brown plaque na derradeira residencia de Wollstonecraft, The Polygon, St. Pancras.

Wollstonecraft tivo o que Cora Kaplan chama un «curioso» legado: «para ser unha autora activista afeccionada a moitos xéneros, no último cuarto de século a vida de Wollstonecraft seguiuse moito máis de preto que os seus escritos».[49] Tras o devastador efecto das Memoirs de Godwin, a reputación de Wollstonecraft non gozou de moi boa saúde durante un século; foi incluso criticada por autoras como Maria Edgeworth, que claramente creou a excéntrica Harriet Freke de Belinda (1801) á imaxe e semellanza de Wollstonecraft. Outras novelistas coma Mary Hays, Charlotte Turner Smith, Fanny Burney e Jane West crearon figuras similares, todas para ensinar unha «lección moral» aos seus lectores[50] (Hays fora unha amiga próxima e coidáraa nos seus derradeiros días).[51] A investigadora Virginia Sapiro afirma que poucos leron as obras de Wollstonecraft durante o século XIX porque «os seus atacantes insinuaban ou dicían que ningunha muller que se respectase lese a súa obra»[52] (de feito, como sinala Craciun, as novas edicións de Vindicación dos dereitos da muller apareceron no Reino Unido na década de 1840, e nos Estados Unidos nas décadas de 1830, 1840 e 1850).[53] Unha desas poucas foi Elizabeth Barrett Browning, quen leu Vindicación dos dereitos da muller con 12 anos e cuxo poema «Aurora Leigh» reflicte «o inquebrantable enfoque de Wollstonecraft na educación».[54] Lucretia Mott,[55] unha ministra cuáquera, e Elizabeth Cady Stanton, dúas mulleres estadounidenses que se reuniron na Convención Mundial contra a Escravitude en Londres, descubriron que ambas as dúas leran a Wollstonecraft e acordaron a necesidade do que se converteu na Convención de Seneca Falls,[56] unha influente reunión sobre os dereitos da muller celebrada en 1848. Outra que leu a Wollstonecraft foi George Eliot, unha prolífica escritora de recensións, artigos, novelas e traducións. En 1855, ela dedicou un ensaio aos roles e dereitos das mulleres, comparando a Wollstonecraft con Margaret Fuller. Fuller foi unha xornalista, crítica e activista estadounidense que, coma Wollstonecraft, viaxou a Europa, participando na loita pola reforma (neste caso a República Romana) e tivo un fillo cun varón sen casar con el.[57] O traballo infantil de Wollstonecraft foi adaptado por Charlotte Mary Yonge en 1870.[58]

Co xurdimento do movemento sufraxista, o traballo de Wollstonecraft foi exhumado. A primeira biografía completa,[53] de Elizabeth Robins Pennell, apareceu en 1884 como parte dunha serie dos irmáns Roberts sobre mulleres famosas.[59] A isto seguiulle un intento de rehabilitación en 1879, coa publicación de Letters to Imlay, with prefatory memoir de Charles Kegan Paul.[60] Millicent Garrett Fawcett, sufraxista e máis tarde presidenta da National Union of Women's Suffrage Societies, escribiu a introdución á edición do centenario (1892) de Vindicación dos dereitos da muller, limpando a memoria de Wollstonecraft e afirmándoa como a primeira en loitar polo voto feminino.[61] Xa en 1898, Wollstonecraft foi obxecto dunha tese doutoral e o seu libro resultante.[62]

Co aumento na participación do movemento feminista, mulleres con opinións políticas tan diferentes como Virginia Woolf e Emma Goldman recuperaron a historia de Wollstonecraft.[63] En 1929 Woolf describiu a Wollstonecraft —a súa obra, argumentos e «experimentos da súa vida»— como inmortais: «Ela está viva e activa, discute e experimenta, escoitamos a súa voz e trazamos a súa influencia mesmo agora entre os vivos».[64] Outros, emporiso, seguiron a criticar o estilo de vida de Wollstonecraft.[65] Unha biografía publicada en 1932 refírese a recentes reimpresións das súas obras, incorporando novas investigacións, a un «estudo» de 1911, unha obra de 1922 e outra biografía de 1924.[66] O interese por ela nunca morreu por completo, con biografías completas en 1937[67] e 1951.[68]

Co xurdimento da crítica literaria feminista na academia nos anos 60 e 70, as obras de Wollstonecraft volveron ter grande importancia. As súas fortunas reflectían a da segunda onda do movemento feminista norteamericano; por exemplo, a principios dos anos setenta publicáronse seis importantes biografías de Wollstonecraft que presentaban a súa «vida apaixonada en aposición á súa axenda radical e racionalista».[69] A obra de arte feminista The Dinner Party, exposta por primeira vez en 1979, conta cun lugar para Wollstonecraft.[70][71] Nos anos oitenta e noventa xurdiu outra imaxe de Wollstonecraft, que a describiu como moito máis unha figura do seu tempo; eruditas coma Claudia Johnson, Gary Kelly e Virginia Sapiro demostraron a continuidade entre o pensamento de Wollstonecraft e outras importantes ideas do século XVIII sobre temas como a sensibilidade, a economía e a teoría política.

O traballo de Wollstonecraft tamén tivo repercusión sobre o feminismo fóra da academia nos últimos anos. Ayaan Hirsi Ali, unha escritora política e ex-musulmá que é crítica do islam en xeral e os seus ditados con respecto ás mulleres en particular, citou a Vindicación dos dereitos da muller na súa autobiografía Infidel e escribiu que estaba «inspirada por Mary Wollstonecraft, quen dixo ás mulleres que tiñan a mesma capacidade de razoar que os varóns e que merecían os mesmos dereitos».[72] A escritora británica Caitlin Moran, autora do best-séller How to Be a Woman, describiuse como «medio Wollstonecraft» en The New Yorker.[73] O premio nobel Amartya Sen, economista e filósofo indio quen identificou primeiro a situación das mulleres desaparecidas de Asia, considera repetidamente a Wollstonecraft como unha filósofa política en The Idea of Justice.[74]

Obras principais

[editar | editar a fonte]

Obras educativas

[editar | editar a fonte]
Page reads ""THOUGHTS ON THE EDUCATION OF DAUGHTERS. THE NURSERY. As I conceive it to be the duty of every rational creature to attend to its offspring, I am sorry to observe, that reason and duty together have not so powerful an influence over human"
Primeira páxina da primeira edición de Thoughts on the Education of Daughters (1787).

A meirande parte dos primeiros traballos de Wollstonecraft son sobre educación; recompilou unha antoloxía de extractos literarios «para a apredizaxe das mulleres novas» titulada The Female Reader e traduciu dous libros infantís, De kleine Grandisson de Maria Geertruida van de Werken de Cambon e Moralisches Elementarbuch nebst einer Anleitung zum nützlichen Gebrauch desselben de Christian Gotthilf Salzmann. Os seus propios escritos tamén abordaron o tema da moralidade. Tanto no seu libro de conduta Thoughts on the Education of Daughters (1787) coma no seu libro infantil, Original Stories from Real Life (1788), Wollstonecraft avoga por educar a mocidade no ethos emerxente de clase media: autodisciplina, honestidade, temperanza e satisfacción social.[75] Ambos os libros tamén salientan a importancia de ensinar a mocidade na razón, revelando a débeda intelectual de Wollstonecraft co importante filósofo educativo do século XVII John Locke.[76] Porén, a prominencia que dá á fe relixiosa e ao sentimento innato distingue a obra do filósofo empirista da súa e vincúlaa ao discurso da sensibilidade popular a fins do século XVIII.[77] Ambos os textos tamén avogan pola educación das mulleres, un tema controvertido no momento e un ao que ela volvería ao longo da súa carreira, especialmente en Vindicación dos dereitos da muller. Wollstonecraft sostén que as mulleres ben educadas serán boas donas e nais e, en última instancia, contribuirán positivamente á nación.[78]

Vindicacións

[editar | editar a fonte]

Vindication of the Rights of Men (1790)

[editar | editar a fonte]

Publicada en resposta a Reflections on the Revolution in France (Reflexións sobre a revolución en Francia, 1790) de Edmund Burke, obra que era unha defensa da monarquía constitucional, a aristocracia e a Igrexa de Inglaterra, e un ataque contra o amigo de Wollstonecraft, o reverendo Richard Price da Igrexa unitaria verde de Newington, Vindication of the Rights of Men (Vindicación dos dereitos do varón, 1790) ataca a aristocracia e avoga polo republicanismo. A súa foi a primeira resposta nunha guerra de panfletos que posteriormente se coñeceu como a «controversia da revolución», na que os Rights of Man de Thomas Paine (1792) se converteron no clamor dos reformadores e radicais.

Wollstonecraft atacou non só a monarquía e o privilexio hereditario, senón tamén a linguaxe que Burke empregou para o defender e o elevar. A meirande parte dos detractores de Burke deploraron o que consideraban unha piedade teatral pola raíña francesa —unha pena que sentían que era a expensas do pobo. Wollstonecraft foi a única en atacar a linguaxe sexista de Burke. Ao redefinir o sublime e o belo, os termos establecidos por Burke en A Philosophical Enquiry into the Origin of Our Ideas of the Sublime and Beautiful (Indagación filosófica sobre a orixe das nosas ideas acerca do sublime e do belo, 1756), Wollstonecraft minou tanto a súa retórica coma o seu argumento. Burke asociara o belo coa debilidade e a feminidade e o sublime coa forza e a masculinidade; Wollstonecraft dálle a volta á retórica de Burke, virándoa contra el; argumenta que a súa teatral posta en escena, coma a que fai na súa coñecida e adornada descrición dos horrores que María Antonieta tivo que sufrir, converte os lectores de Burke —os cidadáns— en febles mulleres que fican convencidos polo espectáculo.[79] Amais critica a argumentación clasista de Burke, demostrando, coma moitos outros dos seus críticos, que é movido polo sufrimento de María Antonieta pero non pola situación apremiante das mulleres pobres e mortas de fame en Francia; de feito, desprézaas abertamente. Na súa primeira crítica feminista descarada, que a estudosa de Wollstonecraft, Claudia L. Johnson, sostén que segue insuperable na súa forza argumentativa,[80] Wollstonecraft acusa a Burke de defender unha sociedade desigual baseada na pasividade das mulleres. Wollstonecraft, influenciada pola Ilustración, tamén desafía a afirmación de Burke sobre que a tradición debe soster a teoría política; defende a racionalidade, sinalando que o sistema de Burke levaría loxicamente á continuación da escravitude polo simple feito de ser unha tradición ancestral.[81] Wollstonecraft non rexeita a necesidade da compaixón nas relacións humanas que Burke salienta, pero a miúdo sostén que esa compaixón é insuficiente para a cohesión social e en certo punto escribe: «Unha miseria semellante pide algo máis que bágoas —detéñome para me lembrar a min mesma— hai que analizar sempre calquera situación racionalmente».[82] Ela describe unha idílica vida campestre na que cada familia pode ter unha granxa que se adapte ás súas necesidades. Wollstonecraft contrasta a súa imaxe utópica da sociedade, debuxada co que ela di é sentimento xenuíno, co falso sentimento de Burke.[83] Significativamente, remata Vindication of the Rights of Men cunha referencia á Biblia: «Teme a Deus e ama as criaturas que lle pertencen. Contemplade o deber do home ao completo!».[84]

Vindication of the Rights of Men foi a primeira obra abertamente política de Wollstonecraft, así como a súa primeira obra feminista; como sostén Johnson, «parece que no acto de escribir as porcións posteriores de Rights of Men descubriu o tema que a preocuparía polo resto da súa carreira».[85] Foi este texto o que a converteu nunha escritora moi coñecida.

Vindicación dos dereitos da muller (1792)

[editar | editar a fonte]

Vindicación dos dereitos da muller é unha das primeiras obras da filosofía feminista. Trátase dunha mestura de xéneros literarios —un tratado político, unha guía de comportamento e un tratado educativo. Coa fin de discutir a posición da muller na sociedade, Wollstonecraft bosquexa as conexións entre catro termos: dereito, razón, virtude e deber. Os dereitos e deberes están completamente ligados para Wollstonecraft —se se teñen dereitos cívicos tamén se teñen deberes cívicos. Tal e como ela comenta brevemente «sen dereitos non pode haber ningunha obriga».

Title page reads "A VINDICATION OF THE RIGHTS OF WOMAN: WITH STRICUTRES ON POLITICAL AND MORAL SUBJECTS. BY MARY WOLLSTONECRAFT. PRINTED AT BOSTON, BY PETER EDES FOR THOMAS AND ANDREWS, Faust's Statue, No. 45, Newbury-Street, MDCCXCII."
Páxina do título da edición americana de Vindicación dos dereitos da muller (1792).

Wollstonecraft sostén que as mulleres deben ter unha educación acorde coa súa posición na sociedade e logo procede a redefinir esa posición, alegando que as mulleres son esenciais para a nación porque educan os seus fillos e porque poden ser «compañeiras» dos seus maridos en troques de simples esposas.[86] Wollstonecraft sostén que, no canto de ver as mulleres coma adornos na sociedade ou bens que se negocian no matrimonio, son seres humanos que merecen os mesmos dereitos fundamentais que os varóns. Grandes partes de Vindicación dos dereitos da muller responden mordazmente os escritores de libros de conduta tales como James Fordyce e John Gregory e os filósofos educativos tales como Jean-Jacques Rousseau, que lles quixeron negar ás mulleres a educación (Rousseau sostén en Emilio ou Da educación (1762) que as mulleres deben ser educadas para o pracer dos varóns).[87]

Wollstonecraft afirma que daquela moitas mulleres eran parvas e superficiais (refírese a elas, por exemplo, como spaniels e toys[88]), mais argumenta que isto non é debido a unha deficiencia innata, senón porque os varóns lles denegaron o acceso á educación. Wollstonecraft está decidida a ilustrar as limitacións que a falta de educación supuxo ás mulleres; poeticamente, escribe: «Ensinadas dende a súa infancia que a beleza é o cetro das mulleres, a mente adáptase ao corpo e, errante na súa dourada gaiola, só busca adornar a súa prisión».[89] A implicación desta afirmación é que, sen o dano ideolóxico que anima as mozas dende unha idade temperá a centrar a súa atención na beleza e as melloras exteriores, as mulleres poderían lograr moito máis.[90]

Aínda que Wollstonecraft pide a igualdade entre os sexos en determinadas áreas da vida, como a moral, non declara explicitamente que as mulleres e os varóns son iguais.[91] O que ela afirma é que varóns e mulleres son iguais aos ollos de Deus. Con todo, tales afirmacións de igualdade están en contraste coas súas afirmacións sobre a superioridade da forza e o valor masculinos.[92] Wollstonecraft mantén, na coñecida e ambigua frase: «Non se conclúa que quero inverter a orde das cousas; xa asegurei que, pola súa constitución, os varóns parecen deseñados pola Providencia para acadar un maior grao de virtude. Falo referíndome a este sexo en xeral; pero non vexo motivo algún para concluír que as súas virtudes debesen diferir por mor da súa natureza. De feito, como sería posible se a virtude é unha constante eterna? Debo, por tanto, se razoo consecuentemente, soster tan enerxicamente que eles seguen ese mesmo fin como sosteño que Deus existe».[93] As súas declaracións ambiguas sobre a igualdade dos sexos fixeron difícil clasificar a Wollstonecraft como unha feminista moderna, sobre todo porque a palabra e o concepto non estaban dispoñibles para ela.[94]

Unha das críticas máis mordaces de Wollstonecraft en Vindicación dos dereitos da muller é a que fai contra a falsa e excesiva sensibilidade, particularmente nas mulleres. Argumenta que as mulleres que sucumben á sensibilidade son «movidas por calquera impulso ou sentimento momentáneo» e debido a que son «presas dos seus sensos» non poden pensar racionalmente.[95] E así, declara, non se prexudican só a si mesmas senón a toda a civilización: estas non son mulleres que poidan axudar a perfeccionar a civilización —unha idea popular no século XVIII— senón mulleres que colaboran na súa destrución. Wollstonecraft non defende que a razón e os sentimentos debesen actuar independentemente; cre que deberían servirse a unha á outra.[96]

Amais dos seus argumentos filosóficos máis xerais, Wollstonecraft traza un plan educativo específico. No capítulo doce, «Sobre a educación nacional», sostén que todos os rapaces deberían ser enviados a un «internado nacional» ao mesmo tempo que se lles dá certa educación na casa que «incentive o amor polo fogar e os praceres caseiros». Tamén mantén que esta escolaridade debería ser mixta, xa que varóns e mulleres, cuxos matrimonios son os cimentos da sociedade, deberían ser «educados segundo o mesmo modelo».[97]

Wollstonecraft dirixe o seu texto á clase media, á cal chama «o estado máis natural», e Vindicación dos dereitos da muller está embebido da visión burguesa do mundo.[98] Defende a modestia e a dilixencia e ataca a riqueza empregando a mesma linguaxe coa que acusa as mulleres de falta de utilidade. De todos os xeitos, non é unha amiga incondicional dos pobres; por exemplo, no seu plan nacional de educación suxire que, despois dos nove anos, os pobres deberían ser separados dos ricos e ensinados noutra escola.[99]

Portrait of a girl reading a book with her shoulder and back exposed painted in a brown palette.
Rapaza lendo (1883), de Otto Scholderer; tanto en Mary coma en Maria, Wollstonecraft critica as mulleres que se imaxinan a elas mesmas coma unhas heroínas sentimentais.
Artigos principais: Mary: A Fiction e Maria.

Ambas as novelas de Wollstonecraft critican a institución patriarcal do casamento e os seus efectos daniños sobre a muller. Na súa primeira novela, Mary: A Fiction (1788), a heroína epónima é obrigada pola súa familia a casar sen amor por razóns económicas. Con todo, cumpre o seu desexo de amor e afecto fóra do matrimonio con dúas apaixonadas amizades románticas, unha cunha muller —Ann— e outra cun varón —Henry. Maria (Maria: or, The Wrongs of Woman, 1798), unha novela inacabada e publicada postumamente é considerada adoito a obra feminista máis radical de Wollstonecraft.[100] A obra narra a historia dunha muller recluída nun manicomio polo seu marido; coma Mary, Maria tamén atopa a plenitude fóra do matrimonio nun romance cun paciente e unha amizade cun dos seus gardiáns. Ningunha das dúas novelas de Wollstonecraft retrata matrimonios exitosos, aínda que este concepto o propón en Vindicación dos dereitos da muller. Ao final de Mary, a heroína cre que «se está a achegar ese mundo no que non hai matrimonio e ser dado en matrimonio»,[101] presumiblemente como unha parte positiva da súa situación.[102]

Ambas as novelas de Wollstonecraft tamén critican o discurso da sensibilidade, unha filosofía moral e estética que se volveu popular a finais do século XVIII. Mary é en si mesma unha novela de sensibilidade e Wollstonecraft tenta utilizar os tropos dese xénero para socavar o sentimentalismo mesmo, unha filosofía que ela consideraba daniña para as mulleres porque as animaba a confiar demasiado nas súas emocións. En Maria, a indulxencia da heroína coas fantasías románticas fomentadas polas novelas represéntase como particularmente prexudicial.[103]

As amizades femininas son centrais para ambas as novelas de Wollstonecraft, pero é a amizade entre Maria e Jemima, a criada encargada de vixiala no manicomio, que é a máis salientable. Esta amizade, baseada nun lazo cordial da maternidade, entre unha muller de clase alta e unha muller de clase baixa é un dos primeiros momentos da historia da literatura feminista que insinúa un argumento cruzado de clase, é dicir, que as mulleres de diferentes posicións económicas teñen os mesmos intereses emancipatorios porque son mulleres.[104]

Letters Written in Sweden, Norway, and Denmark (1796)

[editar | editar a fonte]
Painting of icebergs, with one white iceberg dominating the center of the work and dark blue and black icebergs framing the piece. The work is painted in a suggestive style rather than with precise detail.
Os icebergs (1861), por Frederic Edwin Church amosa a estética do sublime.

Letters Written in Sweden, Norway, and Denmark (Cartas escritas en Suecia, Noruega e Dinamarca) é un relato de viaxe profundamente persoal. As vinte e cinco cartas abranguen unha ampla gama de temas, dende as reflexións sociolóxicas sobre Escandinavia e os seus pobos ata as cuestións filosóficas sobre a identidade e as reflexións sobre a súa relación con Imlay (aínda que non se menciona polo seu nome no texto). Empregando a retórica do sublime, Wollstonecraft explora a relación entre o eu e a sociedade. Reflectindo a forte influencia de Rousseau, Letters Written in Sweden, Norway, and Denmark comparte os temas de Les Rêveries du promeneur solitaire (1782) do filósofo francés: «A busca da fonte da felicidade humana, o rexeitamento estoico dos bens materiais, a aperta extática da natureza e o papel esencial do sentimento na comprensión».[105] Mentres Rousseau finalmente rexeita a sociedade, Wollstonecraft, no entanto, celebra escenas domésticas e o progreso industrial no seu texto.[106]

Wollstonecraft promove a experiencia subxectiva, particularmente en relación coa natureza, explorando as conexións entre o sublime e a sensibilidade. Moitas das cartas describen o impresionante escenario de Escandinavia e o desexo de Wollstonecraft de crear unha conexión emocional con ese mundo natural. Ao facelo, dá máis valor á imaxinación que en traballos anteriores.[107] Coma nos seus escritos anteriores, ela defende a liberación e a educación das mulleres.[108] Porén, nun cambio con respecto aos seus traballos anteriores, ilustra os efectos prexudiciais do comercio na sociedade, contrastando a conexión imaxinativa co mundo mercantil e materialista, unha actitude que asocia con Imlay.[109]

Letters Written in Sweden, Norway, and Denmark foi o libro máis popular de Wollstonecraft na década de 1790. Vendeuse ben e foi valorado positivamente pola meirande parte dos críticos. Godwin escribiu «se algunha vez houbo un libro calculado para facer a un lector namorarse do seu autor, este paréceme ser o libro».[36] Influíu en poetas románticos como William Wordsworth e Samuel Taylor Coleridge, que se inspiraron nos seus temas e na súa estética.[110]

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

En 2020 erixiron en Londres unha estatua na súa honra que xerou moita polémica.[111]

  • Thoughts on the Education of Daughters (1787).
  • Mary: A Fiction (1788).
  • Original Stories from Real Life (1788).
  • Of the Importance of Religious Opinions.
  • The Female Reader (1789, antoloxía).
  • Young Grandison (1790, tradución).
  • Elements of Morality (1790, tradución).
  • A Vindication of the Rights of Men (1790).
  • Vindicación dos dereitos da muller[112] (1792).
  • An Historical and Moral View of the French Revolution (1794).
  • Letters Written during a Short Residence in Sweden, Norway and Denmark (1796).
  • Contribucións ao Analytical Review (1788-1797, publicación póstuma).
  • The Cave of Fancy (1798, publicación póstuma; fragmento).
  • Maria[113] (no orixinal, Maria: or, The Wrongs of Woman) (1798, publicación póstuma; inacabada).
  • Letters to Imlay (1798, publicación póstuma).
  • Letters on the Management of Infants (1798, publicación póstuma; inacabada).
  • Lessons (1798, publicación póstuma; inacabada).
  • On Poetry and our Relish for the Beauties of Nature (1798, publicación póstuma).
  1. Rossi, Alice S. (1988). The Feminist papers: from Adams to de Beauvoir. Northeastern. p. 25. 
  2. Tomalin, 9, 17, 24, 27; Sunstein, 11.
  3. Todd, 11; Tomalin, 19; Wardle, 6; Sunstein, 16.
  4. Todd, 45–57; Tomalin, 34–43; Wardle, 27–30; Sunstein, 80–91.
  5. Citado en Todd, 16.
  6. Véxase, por exemplo, Todd, 72–75; Tomalin, 18–21; Sunstein, 22–33.
  7. Wardle, 20; Sunstein, 73–76.
  8. Todd, 62; Wardle, 30–32; Sunstein, 92–102.
  9. Todd, 68–69; Tomalin, 52ff; Wardle, 43–45; Sunstein, 103–106.
  10. Tomalin, 54–57.
  11. Ver Wardle, capítulo 2, para elementos autobiográficos de Mary; ver Sunstein, capítulo 7.
  12. Ver, por exemplo, Todd, 106–07; Tomalin, 66; 79–80; Sunstein, 127–28.
  13. Todd, 116.
  14. Tomalin, 64–88; Wardle, 60ff; Sunstein, 160–61.
  15. Wollstonecraft, The Collected Letters, 139; ver tamén Sunstein, 154.
  16. Todd, 123; Tomalin, 91–92; Wardle, 80–82; Sunstein, 151–55.
  17. Todd, 134–35.
  18. Tomalin, 89–109; Wardle, 92–94; 128; Sunstein, 171–75.
  19. Quoted in Todd, 153.
  20. Todd, 197–98; Tomalin 151–52; Wardle, 171–73; 76–77; Sunstein, 220–22.
  21. Tomalin, 144–55; Wardle, 115ff; Sunstein, 192–202.
  22. Todd, 214–15; Tomalin, 156–82; Wardle, 179–84.
  23. Todd, 232–36; Tomalin, 185–86; Wardle, 185–88; Sunstein, 235–45.
  24. Tomalin, 218; Wardle, 202–03; Sunstein, 256–57.
  25. Qtd. in Wardle, 202.
  26. Tomalin, 211–19; Wardle, 206–14; Sunstein, 254–55.
  27. St Clair, 160; Wardle, 192–93; Sunstein, 262–63.
  28. Tomalin, 225.
  29. Todd, Chapter 25; Tomalin, 220–31; Wardle, 215ff; Sunstein, 262ff.
  30. Todd, 286–87; Wardle, 225.
  31. Tomalin, 225–31; Wardle, 226–44; Sunstein, 277–90.
  32. Wollstonecraft, The Collected Letters, 326.
  33. Todd, 355–56; Tomalin, 232–36; Wardle, 245–46.
  34. Todd, 357.
  35. St. Clair, 164–69; Tomalin, 245–70; Wardle, 268ff; Sunstein, 314–20.
  36. 36,0 36,1 Godwin, 95.
  37. St. Clair, 172–74; Tomalin, 271–73; Sunstein, 330–35.
  38. Sunstein imprimiu varias destas cartas en orde para que o lector poida seguir a conversación de Wollstonecraft e Godwin (321ff.)
  39. St. Clair, 173; Wardle, 286–92; Sunstein, 335–40.
  40. Gordon, 356
  41. Todd, 450–56; Tomalin, 275–83; Wardle, 302–06; Sunstein, 342–47.
  42. Citada en C. Kegan Paul, William Godwin: His Friends and Contemporaries, Londres: Henry S. King and Co. (1876).
  43. Todd, 457.
  44. Gordon, 446.
  45. St. Clair, 182–88; Tomalin, 289–97; Sunstein, 349–51; Sapiro, 272.
  46. Robert Southey a William Taylor, 1 xullo de 1804. A Memoir of the Life and Writings of William Taylor of Norwich. Ed. J. W. Robberds. 2 vols. Londres: John Murray (1824) 1:504.
  47. Sapiro, 273–74.
  48. Citado en Sapiro, 273.
  49. Kaplan, "Wollstonecraft's reception", 247.
  50. Favret, 131–32.
  51. Pennell, Elizabeth Robins p. 351, Life of Mary Wollstonecraft. (Boston: Roberts Brothers, 1884).
  52. Sapiro, 274.
  53. 53,0 53,1 A Routledge literary sourcebook on Mary Wollstonecraft's A vindication of the rights of woman. Adriana Craciun, 2002, p. 36
  54. Gordon, 449
  55. Sapiro, 276–77.
  56. Lasser, Carol; Robertson, Stacey (2013). Antebellum Women: Private, Public, Partisan. Rowman & Littlefield Publishers. ISBN 978-0742551978. 
  57. Dickenson, Donna. Margaret Fuller: Writing a Woman's Life. (Nova York: St. Martin's Press, 1993). ISBN 0-312-09145-1, 45–46.
  58. Hewins, C. M. (Caroline M. Hewins, 1846–1926) "The History of Children's Books", en The Atlantic Monthly. Xaneiro de 1888.
  59. Pennell, Elizabeth Robins. Life of Mary Wollstonecraft. (Boston: Roberts Brothers, 1884). p. 351. texto completo
  60. Wollstonecraft, Mary. Letters to Imlay, with prefatory memoir by C. Kegan Paul. Londres: C. Kegan Paul, 1879. texto completo
  61. Gordon, 521
  62. James, H. R. "Mary Wollstonecraft: A Sketch." Oxford University Press 1932. Appendix B: Books about Mary Wollstonecraft. Miss Emma Rauschenbusch-Clough, "thesis for doctorate at Berne University", then Longmans.
  63. Woolf, Virginia. "The Four Figures Arquivado 03 de abril de 2007 en Wayback Machine.". (actualizado o 4 xuño de 2004) Consultado o 11 de marzo de 2007.
  64. Kaplan, Cora. "Mary Wollstonecraft's reception and legacies." The Cambridge Companion to Mary Wollstonecraft. Ed. Claudia L. Johnson. Cambridge University Press, 2002. Cambridge Collections Online. Cambridge University Press. 21 setembro de 2010 doi 10.1017/CCOL0521783437.014
  65. The New York Times (25 de maio de 1910). "The Suffrage Cause Invades Men's Club". Consultado o 25 de febreiro de 2017. 
  66. James, H. R. "Mary Wollstonecraft: A Sketch." Oxford University Press 1932. Preface.
  67. Preedy, George R., pseudonym of Marjorie Bowen. The Shining Woman: Mary Wollstonecraft Godwin. Collins, Londres, 1937.
  68. Wardle, Ralph M. Mary Wollstonecraft: A Critical Biography'. University of Kansas. The Richards Press, St James's Square, 1951.
  69. Kaplan, "Wollstonecraft's reception", 254; Sapiro, 278–79.
  70. Place Settings. Brooklyn Museum. Consultado o 6 de agosto de 2015.
  71. "Tour and Home". Brooklyn Museum. Consultado o 12 de agosto de 2015. 
  72. Hirsi Ali, Ayaan. Infidel. Nova York: Free Press (2007), 295.
  73. Interview by Sally Errico. "Half Wollstonecraft, Half LOLcats: Talking with Caitlin Moran." in ''The New Yorker.15 November 2012. [1]
  74. "BBC Radio 4 series Letters to Mary: Episode 2". BBC. Consultado o 21 de outubro de 2014. 
  75. Jones, "Literature of advice", 122–26; Kelly, 58–59.
  76. Richardson, 24–27; Myers, "Impeccable Governesses", 38.
  77. Jones, "Literature of advice", 124–29; Richardson, 24–27.
  78. Richardson, 25–27; Jones, "Literature of advice", 124; Myers, "Impeccable Governesses", 37–39.
  79. Wollstonecraft, Mary. The Vindications: The Rights of Men and The Rights of Woman, Eds. D.L. Macdonald and Kathleen Scherf. Toronto: Broadview Literary Texts (1997), 45.
  80. Johnson, 27; see also, Todd, 165.
  81. Wollstonecraft, Vindications, 44.
  82. Wollstonecraft, Vindications, 96.
  83. Jones, "Political tradition", 44–46; Sapiro, 216.
  84. Wollstonecraft, Vindications, 95.
  85. Johnson, 29.
  86. Wollstonecraft, Vindications, 192.
  87. Kelly, 123; 126; Taylor, 14–15; Sapiro, 27–28; 13–31; 243–44.
  88. Wollstonecraft, Vindications, 144.
  89. Wollstonecraft, Vindications, 157.
  90. Kelly, 124–26; Taylor, 14–15.
  91. Ver, por exemplo Vindications de Wollstonecraft, 126, 146.
  92. Wollstonecraft, Vindications, 110.
  93. Wollstonecraft, Vindications, 135.
  94. Os termos feminista e feminismo non apareceron ata a década de 1890. Oxford English Dictionary. Consultado o 17 de setembro de 2007; ver Taylor, 12; 55–57; 105–06; 118–20; Sapiro, 257–59.
  95. Wollstonecraft, Vindications, 177.
  96. Jones, 46.
  97. Wollstonecraft, Vindications, capítulo doce; ver tamén Kelly, 124–25; 133–34; Sapiro, 237ff.
  98. Kelly, 128ff; Taylor, 167–68; Sapiro, 27.
  99. Wollstonecraft, Vindications, 311; ver tamén Taylor, 159–61; Sapiro, 91–92.
  100. Taylor, Chapter 9.
  101. Wollstonecraft, Mary, 68.
  102. Poovey, 100–01; Taylor, 232–33.
  103. Johnson, 60; 65–66; Kelly, 44; Poovey, 89; Taylor, 135; Todd, Women's Friendship, 210–11.
  104. Todd, Women's Friendship, 208, 221–22; Johnson, 67–68; Taylor, 233; 243–44; Sapiro, 155.
  105. Favret, 104; Sapiro, 286–87.
  106. Favret, 105–06.
  107. Myers, "Wollstonecraft's Letters", 167; 180; Poovey, 83–84; 106; Kelly, 189–90.
  108. Myers, "Wollstonecraft's Letters", 174; Favret, 96; 120; 127.
  109. Favret, 119ff; Poovey, 93; Myers, "Wollstonecraft's Letters", 177; Kelly, 179–181.
  110. Todd, 367; Kaplan, "Mary Wollstonecraft's reception", 262; Sapiro, 35; Favret, 128.
  111. Gómez, Berta (2020-11-17). "¿Homenaje a su espíritu libre o representación patriarcal?: la nueva escultura sobre Mary Wollstonecraft abre el debate". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2020-11-18. 
  112. Traducida ao galego por María Fe González e publicada en 2004 por Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia en colaboración con Sotelo Blanco Edicións.
  113. Traducida ao galego por María Fe González e publicada en 2013 por Hugin e Munin.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Obras principais

[editar | editar a fonte]
  • Butler, Marilyn, ed. Burke, Paine, Godwin, and the Revolution Controversy. Cambridge: Cambridge University Press, 2002. ISBN 0-521-28656-5.
  • Wollstonecraft, Mary. The Collected Letters of Mary Wollstonecraft. Ed. Janet Todd. Nova York: Columbia University Press, 2003. ISBN 0-231-13142-9.
  • Wollstonecraft, Mary. The Complete Works of Mary Wollstonecraft. Ed. Janet Todd and Marilyn Butler. 7 vols. Londres: William Pickering, 1989. ISBN 0-8147-9225-1.
  • Wollstonecraft, Mary. The Vindications: The Rights of Men and The Rights of Woman. Eds. D. L. Macdonald and Kathleen Scherf. Toronto: Broadview Press, 1997. ISBN 1-55111-088-1.
  • Wollstonecraft, Mary (2005). "On the pernicious effects which arise from the unnatural distinctions established in society". Feminist theory: a philosophical anthology. Oxford, RU Malden, Massachusetts: Blackwell Publishing. pp. 11–16. ISBN 978-1-4051-1661-9. 

Biografías

[editar | editar a fonte]

Outras obras secundarias

[editar | editar a fonte]
  • Conger, Syndy McMillen. Mary Wollstonecraft and the Language of Sensibility. Rutherford: Fairleigh Dickinson University Press, 1994. ISBN 0-8386-3553-9.
  • Detre, Jean. A most extraordinary pair: Mary Wollstonecraft and William Godwin, Garden City : Doubleday, 1975
  • Falco, Maria J., ed. Feminist Interpretations of Mary Wollstonecraft. University Park: Penn State Press, 1996. ISBN 0-271-01493-8.
  • Favret, Mary. Romantic Correspondence: Women, politics and the fiction of letters. Cambridge: Cambridge University Press, 1993. ISBN 0-521-41096-7.
  • Holmes, Richard. "1968: Revolutions", in Footsteps: Adventures of a Romantic Biographer. Hodder & Stoughton, 1985. ISBN 0-00-720453-1.
  • Janes, R. M. "On the Reception of Mary Wollstonecraft's A Vindication of the Rights of Woman". Journal of the History of Ideas 39 (1978): 293–302.
  • Johnson, Claudia L. Equivocal Beings: Politics, Gender, and Sentimentality in the 1790s. Chicago: University of Chicago Press, 1995. ISBN 0-226-40184-7.
  • Jones, Chris. "Mary Wollstonecraft's Vindications and their political tradition". The Cambridge Companion to Mary Wollstonecraft. Ed. Claudia L. Johnson. Cambridge: Cambridge University Press, 2002. ISBN 0-521-78952-4.
  • Jones, Vivien. "Mary Wollstonecraft and the literature of advice and instruction". The Cambridge Companion to Mary Wollstonecraft. Ed. Claudia Johnson. Cambridge: Cambridge University Press, 2002. ISBN 0-521-78952-4.
  • Kaplan, Cora. "Mary Wollstonecraft's reception and legacies". The Cambridge Companion to Mary Wollstonecraft Ed. Claudia L. Johnson. Cambridge: Cambridge University Press, 2002. ISBN 0-521-78952-4.
  • Kaplan, Cora. "Pandora's Box: Subjectivity, Class and Sexuality in Socialist Feminist Criticism". Sea Changes: Essays on Culture and Feminism. Londres: Verso, 1986. ISBN 0-86091-151-9.
  • Kaplan, Cora. "Wild Nights: Pleasure/Sexuality/Feminism". Sea Changes: Essays on Culture and Feminism. Londres: Verso, 1986. ISBN 0-86091-151-9.
  • Kelly, Gary. Revolutionary Feminism: The Mind and Career of Mary Wollstonecraft. NovaYork: St. Martin's, 1992. ISBN 0-312-12904-1.
  • Hamowy, Ronald (2008). SAGE Publications, ed. The Encyclopedia of Libertarianism. ISBN 978-1412965804. 
  • Myers, Mitzi. "Impeccable Governess, Rational Dames, and Moral Mothers: Mary Wollstonecraft and the Female Tradition in Georgian Children's Books". Children's Literature 14 (1986):31–59.
  • Myers, Mitzi. "Sensibility and the 'Walk of Reason': Mary Wollstonecraft's Literary Reviews as Cultural Critique". Sensibility in Transformation: Creative Resistance to Sentiment from the Augustans to the Romantics. Ed. Syndy McMillen Conger. Rutherford: Fairleigh Dickinson University Press, 1990. ISBN 0-8386-3352-8.
  • Myers, Mitzi. "Wollstonecraft's Letters Written ... in Sweden: Towards Romantic Autobiography". Studies in Eighteenth-Century Culture 8 (1979): 165–85.
  • Orr, Clarissa Campbell, ed. Wollstonecraft's daughters: womanhood in England and France, 1780–1920. Manchester: Manchester University Press ND, 1996.
  • Poovey, Mary. The Proper Lady and the Woman Writer: Ideology as Style in the Works of Mary Wollstonecraft, Mary Shelley and Jane Austen. Chicago: University of Chicago Press, 1984. ISBN 0-226-67528-9.
  • Richardson, Alan. "Mary Wollstonecraft on education". The Cambridge Companion to Mary Wollstonecraft. Ed. Claudia Johnson. Cambridge: Cambridge University Press, 2002. ISBN 0-521-78952-4.
  • Sapiro, Virginia. A Vindication of Political Virtue: The Political Theory of Mary Wollstonecraft. Chicago: University of Chicago Press, 1992. ISBN 0-226-73491-9.
  • Taylor, Barbara. Mary Wollstonecraft and the Feminist Imagination. Cambridge: Cambridge University Press, 2003. ISBN 0-521-66144-7.
  • Todd, Janet. Women's Friendship in Literature. Nova York: Columbia University Press, 1980. ISBN 0-231-04562-X

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]