Saltar ao contido

Lingua abnaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 2 de novembro de 2024 ás 20:23 por Breogan2008 (conversa | contribucións) (Véxase tamén)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Abnaki
Wôbanakiôdwawôgan
Falado en: Estados Unidos de América e o Canadá
Rexións: Quebec, Maine, Vermont, Nova Hampshire
Total de falantes: Abnaki occidental, en 1999 quedaban 5 falantes de avanzada idade.
Abnaki oriental, en 1993 morreu a última falante, Madeline Shay, penobscot, malia iso entre 20 e 25 penobscot aprenderon a lingua para transmitirlla ás novas xeracións.
Familia: Americana
 Álxico
  Algonquino
   Algonquino oriental
    Abnaki
Escrita: latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ambos:
aaq — abnaki oriental
abe — abnaki occidental
Mapa

Área lingüística dos abnakis occidentais.
Status

O abnaki está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O abnaki[2] (Wôbanakiôdwawôgan, en abnaki) é unha lingua algonquina oriental falada polo pobo abnaki no Canadá e nos Estados Unidos.

O territorio tradicional dos abnakis abranguía os actuais estados norteamericanos de Maine, Nova Hampshire e Vermont, os abnakis chamábanno "Ndakinna" ("A nosa Terra"), os abnakis orientais vivían en Maine ao leste das White Mountains e os occidentais ó oeste das montañas que cruzan Vermont e Nova Hampshire, o seu número era aproximadamente de 30.000, 20.000 orientais e 10.000 occidentais. Á chegada dos europeos (1604), os abnakis víronse involucrados na guerra entre os franceses e os ingleses polo control do territorio onde vivían, tomando partido polos franceses. Ademais sufrían xa dende o século XVI das epidemias andazos traídas polos europeos, reducíndose o seu número ata 5.000 abanaquis occidentais e outros 5.000 orientais arredor do 1617, a tendencia seguiu ata 1676 no que absorben os refuxiados do sur de Nova Inglaterra desprazados polo asentamento de colonos, a guerra do rei Filipe (1675-1676) supuxo o establecemento de boa parte dos abnakis occidentais en terras do actual Canadá, onde estaban protexidos polos franceses, en 1683 establécese a misión católica de St. Francis, onde o abnaki era a lingua empregada en todos os niveis. Por volta de 1700 emprázase na súa actual situación, e en 1724 a maioría dos abnakis occidentais que quedaban nos Estados Unidos establécense nela. En 1759 un ataque británico destruíuna e tivo que ser reconstruída, arredor de 1775 estímanse en 1000 os abnakis occidentais. En 1805 as reservas canadenses dos abnakis aumentan o seu territorio para facer fronte ó crecemento da poboación. Segundo un informe de 1911 había 300 abnakis na misión de St. Francis con costumes franceses, pero aínda que mantiñan a lingua no fogar, esta non se transmitía aos nenos máis pequenos, e en 1974 só quedaban 20 falantes de avantada idade.

En 1798 o estado de Massachusett (ao que entón pertencía Maine) establece a reserva Penobscot, aínda que o recoñecemento federal non chegou ata 1980, o resto dos abnakis dos Estados Unidos loitan polo seu recoñecemento oficial, pero a pesar de numerosas peticións non o conseguiron.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]
Reservas abnaki no Quebec.

No Quebec, en 2003 había rexistrados 1.985 abnakis, dos que 472 vivían no territorio tribal abnaki, 308 en Odonak-St. Francis e 64 en Wolinak-Bécancour.

Nos Estados Unidos en Vermont hai 1.700 preto do lago Champlain (Bitawbagok) e 1.000 en Nova Hampshire, en 1976 estableceuse un Concello Tribal Abnaki en Swanton, Vermont, pero carece de recoñecemento federal. Os 2000 Penobscot, si teñen recoñecemento federal, e 500 viven na reserva de Indian Island (Old Town), Maine.

Dialectos

[editar | editar a fonte]
Área lingüística do Penobscot antes da conquista de América.

Algúns lingüistas afirman que as diferenzas entre os dialectos son o suficientemente importante como para constituíren linguas separadas, pero os abnakis sempre se viron como unha soa nación que comparte unha lingua común, a pesar da distancia xeográfica e dialectal.

A maioría dos textos abnakis son tipo relixioso, sermóns, oracións e himnos, entre outros, escritos por misioneiros e empregados na liturxia da Igrexa católica entre o século XVIII e 1912, cada autor empregaba a súa propia escrita, non houbo tentativas de crear unha lingua estándar, o resto das publicacións está constituído por dicionarios e material didáctico. Non existe apenas literatura secular.

Pial Pol Wzôkihlain, Joseph Laurent e Henry Lorne Masta, os tres de Odanak, son os tres autores abnakis máis importantes. O Padre Maurault, John Dyneley Prince, John Harrington, Frank Speck, Edwar Sapir, Truman Michleson e Irving Hallowell son algúns autores non abnakis que se interesaron pola lingua, destacan sobre todo François Eustache Lesueur, misioneiro en St. Francis, escribiu oracións e sermóns en abnaki entre 1716 e 1753, publicados en 1864, Sébastien Râle, compilou un dicionario arredor 1721, publicado en 1833. En 1884 Joseph Laurent publicou New Familiar Abenakis and English Dialogues, tradución de fragmentos da liturxia da Igrexa Católica e algúns documentos legais.

Máis recentemente Frank T. Siebert, compilou un dicionario penobscot, inédito, e Gordon Day e Jeanne Brink Alnobaodwa publicaron unha guía didáctica do abnaki occidental, The Western Abenaki Language Guide, en 1991 e en 1994 A Western Abenaki Dictionary. Jesse Bruchac é un autor contemporáneo, autor de contos e poesías na lingua.

En 1995 Stephen Laurent editou o primeiro dicionario abnaki, compilado orixinalmente en 1715, Father Aubery’s French Abenaki Dictionary.

O abnaki só se ensina, na variedade penobscot, na escola da reserva de Indian Island dende 1983, hora e media semanal ata oitavo grao .

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Entrada "abnaki" en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Laurent, Joseph. 1884. New Familiar Abenakis and English Dialogues. Quebec: Joseph Laurent. Reprinted 2006: Vancouver: Global Language Press, ISBN 0-9738924-7-1

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]