Saltar ao contido

Club de Fútbol Extremadura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Extremadura
NomeClub de Fútbol Extremadura
Fundación1924
Desaparición2010
EstadioFrancisco de la Hera,
Almendralexo, España
Inauguración1996
Capacidade12.580
Na casa
Fóra

O Club de Fútbol Extremadura foi un club de fútbol español da cidade de Almendralexo, na provincia de Badaxoz. Foi fundado en 1924 e desapareceu en 2010, logo de quedar no 19º posto da Rexional Preferente de Estremadura.

Historia

O club xogou dúas campañas en Primeira División, nas tempadas 1996–97 e 1998–99, ano en que descendeu a Segunda División tras perder na promoción de permanencia. Logo de tres tempadas nesta categoría, na tempada 2001–02 descendeu a Segunda División B. Tras cinco tempadas, na 2006–07 descendeu deportivamente e foi sancionado cun descenso administrativo, caendo á Rexional Preferente de Estremadura. Desapareceu tras a tempada 2009–10.

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta azulgrana, pantalón azul e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias verde fosforito.

Estadio

O Extremadura xogaba no Estadio Francisco de la Hera, con capacidade para 12.580 persoas. O 12 de outubro de 1951, con Francisco de la Hera xa como presidente da entidade, xogouse o partido inaugural contra o Sevilla FC, gañando o equipo visitante por catro goles a dous.

Datos e estatísticas do club

Datos en Primeira División

  • Tempadas: 2
  • Partidos xogados: 80
  • Vitorias: 20
  • Empates: 23
  • Derrotas: 37
  • Puntos: 83
  • Goles a favor: 62
  • Goles en contra: 117
  • Mellor posto: 17º (1998-99)
  • Peor posto: 19º (1996-97)
  • Maior vitoria como local:
  • Maior vitoria como visitante:
  • Maior goleada recibida como local:
  • Maior goleada recibida como visitante:
  • Mellor serie sen perder: 5 partidos (xornada 24ª a xornada 28ª 1996-97) e (xornada 28ª a xornada 32ª 1998-99)
  • Peor serie sen gañar: 11 partidos (xornada 9ª a xornada 19ª 1996-97)
  • Mellor serie sen perder en casa: 8 partidos (xornada 21ª a xornada 34ª 1996-97)
  • Maior número de vitorias en liga: 11 na tempada 1996-97

Xogadores

Tempada 2008/09

Posto País Xogador
1 POR España Monago
2 DEF España Caro
3 DEF España Juli
4 DEF España Redondo
5 DEF España Alberto
6 MED España Javi
7 MED España Boto
8 MED España Rubén
9 DEL España Paquino
10 MED España Hamdi
Posto País Xogador
11 MED España Miguelito
12 DEL Romanía Scarlat Catalin
13 POR España Casquero
14 DEF España Jero
22 MED España Ismael
25 POR España Salazar
32 DEF España Jesús
77 DEF España Kiko Porras
99 DEL España Manu

Ligazóns externas