Saltar ao contido

Estadio Francisco de la Hera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco de la Hera
Datos
Coordenadas38°41′04″N 6°24′53″O / 38.684411, -6.414606
LocalizaciónAlmendralexo, Estremadura,
España
Construción
Inauguración9 de setembro de 1996
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 69
Capacidade12.580
PropietarioConcello de Almendralexo
LocalíaExtremadura UD
Atlético San José
editar datos en Wikidata ]

O estadio Francisco de la Hera é un estadio de fútbol español da cidade de Almendralexo, na provincia de Badaxoz, con capacidade para 12.580 espectadores. O vello estadio inaugurouse o 12 de outubro de 1951 e foi demolido en xuño de 1996. O actual recinto foi inaugurado o 9 de setembro de 1996. Serviu de localía ao extinto CF Extremadura até a súa desaparición en 2010 e actualmente ao Extremadura UD (desde 2007) e ao Atlético San José (desde 2008).

O vello estadio foi inaugurado o 12 de outubro de 1951, xa con Francisco de la Hera como presidente da entidade. Xogouse o partido inaugural contra o Sevilla FC, que finalmente venceu (2–4).

O novo estadio foi inaugurado o 9 de setembro de 1996 e o primeiro partido que se disputou foi a segunda xornada de liga de Primeira División entre o CF Extremadura e o Real Betis, que rematou con vitoria visitante (0–3).