Míchigan
State of Michigan (en) | |||||
Himno | My Michigan (en) (1937) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Si quaeris peninsulam amoenam circumspice» (1835–) | ||||
Símbolo oficial | Glutón (Mamíferos) Chrysemys picta (pt) (Réptiles) Chlorastrolite (en) (Xema) Tordo-americano (pt) (aves) My Michigan (en) (canción) Cervo de cola branca (caça silvestre (pt) ) Mazá (flor) Mastodonte (fósil) Salvelinus fontinalis (pt) (peixe) Petoskey stone (en) (rocha) Kalkaska sand (en) (solo) Iris lacustris (wildflower (en) ) Pinus strobus (árbore) | ||||
Alcume | The Great Lakes State | ||||
Epónimo | Grandes Lagos, América do Norte | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Lansing | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.077.331 (2020) (40,23 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 3.980.408 (2020) | ||||
Lingua oficial | sen valor | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 250.493 km² | ||||
Auga | 41,54 % | ||||
Lonxitude da costa | 5.292 km | ||||
Bañado por | Lago Michigan, Lago Superior, Lago Erie, Lago Huron, Lago Saint Clair (pt) , Río Detroit, Rio St. Clair (pt) e Rio Saint Mary's (pt) | ||||
Altitude | 275 m | ||||
Punto máis alto | Monte Arvon (pt) (603 m) | ||||
Punto máis baixo | Lago Erie (173 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 26 de xaneiro de 1837 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Michigan (en) | ||||
• Governador (pt) | Gretchen Whitmer (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Michigan Legislature (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Michigan Supreme Court (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-MI | ||||
Identificador GNIS | 1779789 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | michigan.gov | ||||
Míchigan[1] é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América, un dos líderes nacionais da industria de manufacturación. A capital nacional da industria automobilística está localizada na maior cidade do estado, Detroit, e o estado é o maior produtor de coches e camións dos Estados Unidos.
Limita con catro dos cinco Grandes Lagos. O seu litoral posúe 5.292 km de extensión. Pode ser dividido en dúas áreas distintas: a Península Superior e a Península Inferior, conectadas entre si só por unha ponte de 8 quilómetros de lonxitude.
Historia
- Artigo principal: Historia de Míchigan.
Suxeriuse que "Historia de Míchigan" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
O topónimo Míchigan ten a súa orixe nunha palabra chippewa, "michigama", que significa "Gran Lago". Míchigan foi colonizado nun principio por Francia pero a colonización francesa foi limitada e Francia cedeu o territorio ao Reino Unido en 1764. En 1783, despois do fin da Revolución Americana de 1776, Míchigan pasou a formar parte dos Estados Unidos, como parte do Territorio do Noroeste, un territorio independente en 1805, e elevado á categoría de estado en 26 de xaneiro de 1837.
Xeografía
Míchigan limita ao norte co Lago Superior, a leste co Lago Huron, ao sur cos estados americanos de Indiana e Ohio, e a oeste co Lago Míchigan. A provincia canadense de Ontario está localizada ao norte, a leste e no extremo sueste de Míchigan; os estados americanos de Wisconsin e Illinois están localizados a oeste, e Minnesota está localizada no noroeste. Detroit, localizada ao norte da cidade canadense de Windsor, é a única gran cidade americana localizada ao norte dunha gran cidade canadense.
Míchigan posúe o litoral máis extenso dos 48 Estados contiguos dos Estados Unidos, e o segundo máis extenso do país, só detrás de Alasca. O seu litoral mide uns 5 292 quilómetros ao longo dos Grandes Lagos (incluíndo preto de mil quilómetros de litoral formado por illas localizadas nestes Grandes Lagos). O estado localízase á beira dos Grandes Lagos a excepción do Lago Ontario. Alén diso, Míchigan posúe preto de 11 mil lagos. Ningún punto do estado está localizado a máis de 10 quilómetros dun lago. Cerca de 58 mil quilómetros de ríos cortan o estado. Os bosques cobren preto da metade do estado.
Míchigan está dividida en dúas grandes penínsulas, polo Estreito de Mackinac. A Península Superior é a menor das dúas penínsulas, localizada no noroeste do estado. En comparación co resto do estado, está pouco habitada, con apenas 325.000 habitantes. Por contra, a Península Inferior está moi habitada, vivindo nela cerca do 97% da poboación. Estas penínsulas só están conectadas entre si pola Ponte Mackinac.
Xeograficamente, Míchigan pode ser dividida en dúas rexións:
- A Meseta Superior cobre o extremo noroeste do estado, ou o oeste da Península Superior. Esta rexión posúe un terreo moi accidentado. O punto máis alto do estado, o Mount Coorwood, localízase nesta rexión, cos seus 603 metros de altitude. Esta rexión é moi rica en cobre e en ferro.
- As Planicies dos Grandes Lagos ocupan a maior parte. Esta rexión caracterízase pola súa baixa altitude, de ata 174 metros á beira do Lago Erie. Esta rexión é rica en pantanos, ríos e lagos, e o seu solo é moi fértil.
Clima
Míchigan posúe un clima temperado húmido, con catro estacións ben definidas. Os veráns son lenes debido á presenza de grandes masas de auga na rexión, en canto que os invernos son fríos. A temperatura cae á medida en que se viaxa cara ao norte.
No inverno, a temperatura media na rexión sur de Míchigan é de -6 °C, de -9 °C na rexión central, e de -12 °C na Península Superior. A media das mínimas é de -10 °C, e a das máximas de -1 °C. As mínimas varían entre -40 °C e 8 °C, e as máximas, entre -35 °C e 15 °C. A temperatura máis baixa rexistrada no estado é de -46 °C, en Vanderbilt, o 9 de febreiro de 1934.
No verán, a temperatura media é de 22 °C no extremo sur, de 20 °C na rexión central e de 18 °C na Península Superior. A media das mínimas é de 14 °C, e a media das máximas é de 26 °C. As máximas poden acadar ata 40 °C na rexión sur, e 34 °C na Península Superior. A temperatura máis alta rexistrada foi de 44 °C, en Mio, o 13 de xullo de 1932.
A precipitación media anual de Míchigan é de 80 centímetros, variando entre 95 centímetros anuais na Península Superior e no extremo suroeste do estado, ata 68 centímetros no nordeste do estado. O sur recibe preto de 100 cm de neve anualmente, en tanto que a Península Superior recibe preto de 400 cm anuais.
Política
A actual Constitución foi adoptada en 1964, despois doutras máis antigas aprobadas en 1835, 1850 e 1908. As emendas á constitución son propostas polo Poder Lexislativo, e para ser aprobadas, precisan recibir ao menos o 51% do Senado e da Casa dos Representantes, e logo dous terzos dos votos da poboación electoral. A poboación do estado tamén pode propor emendas á Constitución a través da recollida dun certo número de sinaturas. Cando esta proposta asinada é aceptada polo goberno, para ser aprobada, precisa recibir aprobación de ao menos un cuarto dos membros de ambas as cámaras do Poder Lexislativo de Míchigan, e logo polo menos o 51 % dos votos en referendo. As emendas tamén poden ser propostas e introducidas por convencións constitucionais, que precisan recibir ao menos o 51% dos votos de ambas as cámaras do Poder Lexislativo e dous terzos dos votos da poboación electoral.
O principal oficial do Poder executivo en Míchigan é o gobernador. Este é elixido por mandatos de 4 anos. Unha persoa pode exercer só dúas veces o cargo de gobernador. Outros oficiais do executivo que son escollidos polo gobernador (Tesoureiro, Secretario de Estado, Tenente Gobernador (vice-gobernador), tamén serven por períodos dun máximo de 4 anos. Como o gobernador, poden exercer só dúas veces.
O Poder lexislativo de Míchigan consta do Senado e da Casa dos Representantes. O Senado posúe un total de 38 membros, en tanto que a Casa dos Representantes posúe un total de 110 membros. Míchigan está dividido en 38 distritos senatoriais e 110 distritos representativos. Os electores de cada distrito elixen un senador ou representante. O período dos senadores é de 4 anos e o dos representantes é de 2 anos.
O tribunal máis alto do Poder xudicial é o Tribunal Supremo. Os oito xuíces do Tribunal Supremo son elixidos pola poboación do estado para mandatos de 8 anos. O segundo maior tribunal de Míchigan é a Court of Appeals, composta por sete xuíces, 4 tribunais de distrito e 57 tribunais rexionais.
Míchigan está dividida en 83 condados que, á súa vez, están divididos en municipalidades (townships). Máis da metade do orzamento do estado provén de impostos estatais; o resto vén do goberno nacional.
Demografía
|
|
De acordo co censo nacional de 2000, a poboación de Míchigan en 2000 era de 9 938 444 habitantes. Unha estimación realizada en 2004 aumenta este número a 10 112 620. Deles, un 5,9% (594 700 habitantes) non naceron nos Estados Unidos. Os maiores grupos de inmigrantes do estado son canadenses, mexicanos, hindús e iraquís. Entre 1990 e 2000, a poboación do estado creceu un 7%; e entre 1990 e 2004, un 8,8%.
Cerca do 82% da poboación vive en 9 rexións metropolitanas: Ann Arbor, Benton Harbor, Detroit, Flint, Grand Rapids-Muskegon-Holland, Jackson, Kalamazoo-Battle Creek, Lansing-East Lansing e Saginaw-Bay City-Midland.
A maior parte da poboación habita na Península Inferior de Míchigan. A densidade de poboación media é de 17 habitantes por quilómetro cadrado, pero na Península Inferior, esta media é de 230 hab./km², mentres que na Península superior, é de apenas 8 hab./km².
Etnias
- 80,2% Brancos
- 14,2% Afroamericanos
- 1,8% Asiáticos
- 0,6% Nativos indíxenas
- 1,9% Dúas ou máis razas
As cinco maiores etnias do Estado son alemáns (que forman 20,4% da poboación do estado), afroamericanos (14,2%) irlandeses (10,7%), ingleses (9,9%) e poloneses (8,6%). Outras etnias minoritarias son franceses, neerlandeses e italianos. O 3,3% da poboación do estado son hispanos, categoría que pode incluír membros de calquera raza.
Os americanos de ascendencia alemá están presentes en todas as rexións. escandinavos (especialmente finlandeses), británicos e franceses posúen unha notábel presenza na Península Superior. No oeste do estado coñécese a orixe neerlandesa de moitos dos seus habitantes. Míchigan posúe a maior concentración de neerlandeses de calquera estado americano. A rexión metropolitana de Detroit posúe moitos habitantes de ascendencia polonesa, irlandesa, italiana e árabe. Os afroamericanos son maioría na cidade de Detroit.
Relixión
- Porcentaxe da poboación de Míchigan por relixión
- Protestantes – 58%
- Igrexa católica romana – 23%
- Outras afiliacións cristiás – 1%
- Musulmáns – 2%
- Xudeus – 2%
- Outras relixións – 1%
- Non-relixiosos – 15%
Principais cidades
Cerca de 75% da poboación de Míchigan vive en áreas urbanas. O resto vive en áreas rurais.
- Detroit (tamén coñecida como "Motor City" ou "Motown").
- Grand Rapids (Tamén coñecida como The Furniture City).
- Warren
- Flint (Cidade onde foi criada a General Motors, tamén coñecida como "Vehicle City")
- Sterling Heights
- Lansing (capital do estado).
- Ann Arbor (sede da Universidade de Míchigan)
- Livonia
- Dearborn (sede da Ford Motor Company; local de nacemento de Henry Ford)
Outras importantes cidades son:
- Battle Creek (Cereal City USA)
- Bay City (maior porto no Río Saginaw)
- Marquette (maior cidade da Península Superior, cos seus 19.661 habitantes).
- Traverse City
- Midland
- Frankenmuth
- Holland
- East Lansing (Sede da Universidade Estatal de Míchigan)
- Saginaw
Economía
O produto interior bruto de Míchigan é de 365.000 millóns de dólares [cando?]. A renda per cápita, á súa vez, de 31.178 dólares, o vixésimo maior do país.
O sector primario representa o 1% do PIB. O estado posúe 52 mil facendas, que ocupan preto de 35% do territorio. A agricultura e a gandería representan xuntas o 0,92% do PIB, e empregan aproximadamente a 128 mil persoas. Míchigan é un líder nacional da industria agropecuaria e os principais produtos agropecuarios producidos son trigo, soia, mazá, millo, bovinos (carne e leite). A pesca e a industria madeireira representan xuntas un 0,08% e empregan aproximadamente a 4 mil persoas.
O sector secundario representa o 32% do PIB. O valor total dos produtos fabricados no estado é de 96 000 millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados no estado son automóbiles, camións, ómnibus, maquinaria e produtos químicos. Detroit é un dos maiores pólos da industria automobilística do mundo, feito que lle rendeu o cognome de A Capital do Automóbil. O estado produce máis coches, camións e ómnibus que calquera outro estado americano. A industria de manufactura representa o 26% do PIB, empregando aproximadamente 1 millón de persoas. A industria de construción representa o 5% do PIB e emprega aproximadamente a 300 mil persoas. O 2% do PIB provén da xeración de electricidade, sector que emprega preto de 35 mil persoas. O 70% da electricidade é producida en centrais de carbón, e o resto en centrais de gas natural ou en centrais hidroeléctricas. A minería representa o 1% do PIB, empregando preto de 14 mil persoas. Os principais recursos naturais extraídos no estado son ferro, gas natural, petróleo e cobre.
O sector terciario representa o 67% do PIB. Cerca de 20% do PIB vén de servizos comunitarios, persoais e comerciais. Este sector emprega a máis de 1 millón de persoas. O comercio representa o 17% do PIB, e emprega aproximadamente a 1,3 millón de persoas. O turismo converteuse nunha fonte de renda importante a partir da década de 1960. Os servizos gobernamentais representan un 10% do PIB, empregando aproximadamente a 680 mil persoas. Transportes e telecomunicacións empregan a 175 mil persoas, e representan un 5% do PIB.
Educación
As primeiras escolas de Míchigan foron fundadas por misioneiros católicos franceses, durante o século XVII, coa intención de converter os indíxenas da rexión ao catolicismo e asimilalos á cultura occidental. As primeiras escolas públicas foron fundadas en 1798. En 1827, o estado aprobou unha lei que facía obrigatoria a creación dun sistema escolar público en toda municipalidade do estado. Inicialmente, estes sistemas escolares eran fundados polas municipalidades. A partir de 1837, o estado pasou a fornecer regularmente orzamento a estes sistemas escolares públicos.
Actualmente, o Consello de Educación de Míchigan dita regras e normas para todas as institucións educativas do Estado. Cada cidade, municipalidade ou condado administra os seus propios distritos escolares, que administran as escolas localizadas dentro do distrito, e reciben ingresos principalmente a través de impostos na cidade ou condado, e mais do goberno estatal. Todos os nenos entre 6 a 16 anos deben asistir á escola.
A primeira biblioteca pública de Míchigan foi fundada en 1828, en Detroit. Míchigan posúe preto de 50 universidades, 30 facultades comunitarias e 10 seminarios e escolas politécnicas. As principais institucións de educación superior do estado son a Universidade de Míchigan e a Universidade Estatal de Míchigan
Transportes e telecomunicacións
Míchigan posúe preto de 200.000 km de estradas e autoestradas. A Ponte Mackinac é o único medio de acceso directo entre a Península Superior e a Península Inferior de Míchigan. Esta ponte é a terceira ponte de suspensión máis longa do mundo, cos seus 8 quilómetros de lonxitude. Detroit é o principal polo ferroviario,aeroportuario e portuario do estado.
O porto con máis movemento do estado é o porto de Detroit. Outro centro portuario importante é Sault Ste. Marie. Estes portos son importantes para o transporte de minerais extraídos no interior e na Península Superior de Míchigan, así como automóbiles, camións e vehículos producidos na rexión metropolitana de Detroit, para outras rexións. O Canal de Soo conecta o Lago Superior cos demais Grandes Lagos.
Seis compañías ferroviarias fornecen servizo de transporte de carga, e dúas ofrecen servizo de transporte de pasaxeiros. O aeroporto con máis tráfico é o Aeroporto Metropolitano de Detroit.
Publícanse en Míchigan preto de 400 xornais (dos cales preto de 50 son diarios), e 350 periódicos. O estado posúe preto de 300 emisoras de radio, 30 de televisión e outras 40 de televisión por cable.
Notas
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Michigan |