Arizona
State of Arizona (en) | |||||
Himno | The Arizona March Song (en) (1919) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Ditat Deus» | ||||
Símbolo oficial | Corruíra-dos-cactos (pt) (aves) | ||||
Alcume | The Grand Canyon State e Talaith y Grand Canyon | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Phoenix | ||||
Contén a división administrativa | Condado de Apache (pt) Condado de Cochise (pt) Condado de Coconino (pt) Condado de Gila (pt) Condado de Graham (pt) Condado de Greenlee (pt) Condado de La Paz (pt) Condado de Maricopa (pt) Condado de Mohave (pt) Condado de Navajo (pt) Condado de Pima (pt) Condado de Pinal (pt) Condado de Santa Cruz (pt) Condado de Yavapai (pt) Condado de Yuma (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.151.502 (2020) (24,22 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 2.643.430 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 295.234 km² | ||||
Auga | 0,35 % | ||||
Bañado por | Río Colorado | ||||
Altitude | 1.250 m | ||||
Punto máis alto | Pico Humphreys (pt) (3.851 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Colorado | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 14 de febreiro de 1912 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Arizona (en) | ||||
• Governador (pt) | Katie Hobbs (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Cortes do Estado de Arizona , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Arizona Supreme Court (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-AZ | ||||
Identificador GNIS | 1779777 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | az.gov | ||||
Arizona[1][2] (/aɾiˈθona/; en lingua inglesa: Arizona [ˌærɪˈzoʊnə]; en lingua navajo: Hoozdo Hahoodzo [hoː˥z̥to˩ ha˩hoː˩tso˩];[3] en lingua o'odham: Alĭ ṣonak [ˈaɭi̥ ˈʂɔnak])[4] é un estado situado ao suroeste dos Estados Unidos de América. Linda co estado de Utah ao norte, co de Colorado ao nordés,[5] co de Novo México ao leste, co de California ao oeste, e co de Nevada ao noroeste, amais de lindar ao sur cos estados mexicanos de Sonora e de Baixa California. É o 6o estado máis grande por área, así como o 14o máis poboado do país, cunha poboación de máis de 7 millóns de habitantes segundo datos de 2020. É un dos chamados "Estados das Catro Esquinas".
A súa capital é Phoenix. Outro centro urbano importante é Tucson. O estado consta fundamentalmente de planicies a grande altura (de 1.500 a 2.700 metros), rotas por canóns como o Gran Canón ou o Canón de Chelly. O seu río máis importante é o río Colorado.
O alcume de Arizona é The Grand Canyon State, polo senlleiro Gran Canón. Outro alcume de Arizona é The Copper State (O Estado do Cobre), pois ten grandes depósitos de cobre, sendo tradicionalmente e incluso actualmente a minaría de cobre unha importante fonte de ingresos de Arizona.
Miles de anos antes da chegada dos primeiros europeos, nativos americanos vivían na rexión onde actualmente se acha Arizona. Aínda existe unha poboación importante estimándose que uns 280.000 nativos viven en Arizona,[6] repartidos por reservas indias do estado.
Nun principio, Arizona fora colonizada por España, e pasara a control mexicano en 1821, cando México se independizou de España. En 1848, coa fin da intervención estadounidense en México, a maior parte de Arizona (ao norte do río Gila) pasou a mans estadounidenses. O presidente Santa Anna de México vendeu parte do sur do Estado na Vena da Mesilla en 1853. O 14 de febreiro de 1912, Arizona adquiriu o estatuto de estado.[7]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Arizona está dividido en 15 condados: Apache, Cochise, Coconino, Gila, Graham, Greenlee, La Paz, Maricopa, Mohave, Navajo, Pima, Pinal, Santa Cruz, Yavapai e Yuma.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ "Arizona in Navajo". Glosbe.
- ↑ Saxton, Dean; Saxton, Lucille; Enos, Susie (1983). Dictionary: Tohono O'odham/Pima to English, English to Tohono O'odham/Pima. ISBN 9780816519422.
- ↑ Linda Kane. "CBP: Securing America's Borders. Arizona Border Control Initiative – Phase II Arquivado 09 de outubro de 2009 en Wayback Machine.. Consultado o 12 de novembro de 2009
- ↑ State Population Estimates by Race Alone and Hispanic or Latino Origin Arquivado 15 de outubro de 2006 en Wayback Machine.. U.S. Census Bureau. Consultado o 12 de novembro de 2009
- ↑ Celebrating Arizona's Centennial: 1912-2012 Arquivado 29 de novembro de 2006 en Wayback Machine.. Consultado o 12 de novembro de 2009
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arizona |