Saltar ao contido

Wikipedia en neerlandés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Wikipedia en neerlandés
Logo da Wikipedia en neerlandés.
Portada da Wikipedia en neerlandés.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasNeerlandés
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento19 de xuño de 2001
Na rede
https://nl.wikipedia.org/

A Wikipedia en neerlandés (en neerlandés: Nederlandstalige Wikipedia) é a edición en neerlandés de Wikipedia. Comezada en xuño de 2001, esta edición tiña uns 100.000 artigos en outubro de 2005, e foi a cuarta Wikipedia en superar o millón de artigos, despois das edicións inglesa, alemá e francesa.

Esta versión da enciclopedia contén 2.171.771 artigos e 1.373.584 usuarios, dos cales 3.565 son activos.[1]

Evolución

Estivo na sexta posición por número de artigos, aínda que foi superada pola xaponesa, e pola Wikipedia en español en xuño de 2010 manténdose desde entón no oitavo posto até ser superada pola Wikipedia en portugués en decembro de 2010 e pouco despois pola Wikipedia en ruso.

En abril de 2011 volveu superar en cantidade de artigos á Wikipedia en portugués. En outubro de 2011 adiantou á Wikipedia en ruso e en xaponés, e tras aumentar en 80.000 artigos en apenas once días grazas ao uso de bots, superou á Wikipedia en español e á Wikipedia en polaco o 30 de outubro de 2011, alcanzando así o quinto posto en cantidade de artigos.[2][3] En novembro de 2011 superou á Wikipedia en italiano, colocándose cuarta en número de artigos e alcanzou a cifra dun millón de artigos trala creación por parte de bots de máis de 100.000 artigos en só 10 días. Durante abril de 2012 superou á Wikipedia en francés, colocándose terceira en número de artigos. A partir de febreiro de 2013, grazas a un bot que crea preto de 1.000 artigos por hora, a Wikipedia en neerlandés engadiu velozmente máis de 400.000 artigos, pasando de 1.100.000 en febreiro a máis de 1.500.000 a fins de abril de 2013. En xuño de 2013 superou á Wikipedia en alemán, pasando a ocupar a segunda praza tras a Wikipedia en inglés. Posteriormente volveu a baixar á cuarta posición.

Ten 757 693 usuarios, dos cales 4147 son activos.

Fitos

Dato

No ano 2013, o 57% dos seus artigos están editados por robots.[4]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas