Wikipedia en mirandés
Aparencia
Wikipedia en mirandés | |
---|---|
Logo da Wikipedia en mirandés. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Mirandés |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 12 de agosto de 2009 |
Na rede | |
https://mwl.wikipedia.org/ | |
A Wikipedia en mirandés (en mirandés: Biquipédia an lhéngua mirandesa) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua mirandesa.[1] Foi creada o 12 de agosto de 2009.[2][3]
Esta versión da enciclopedia contén 4.264 artigos e 13.962 usuarios, dos cales 24 son activos.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]A enciclopedia Wikipedia en mirandés foi creada polo colaboración de Cristóvão Pires e Amadeu Ferreira. Esta enciclopedia está considerada como unha ferramenta para a difusión do mirandés,[5] unha lingua que só falan unhas dez mil persoas. O mirandés, do mesmo xeito que o asturiano, pertencen ao mesmo grupo lingüístico asturleonés, mais o mirandés ten unha grafía específica, de aí o interese para os falantes de mirandés de ter a súa propia edición de Wikipedia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fundación Wikimedia (ed.). "Lista de Wikipédias". Wikimedia Meta-Wiki. Consultado o 12 de maio de 2017.
- ↑ Fundación Wikimedia (ed.). "Incubator:Site creation log". Wikimedia Incubator (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2017.
- ↑ Jornal Nordeste, ed. (10 de novembro de 2009). "La Biquipedia an Mirandes ya sta an linha" (en mirandés).
- ↑ All Wikipedias ordered by number of articles
- ↑ EFE, ed. (9 de febreiro de 2015). "A língua mirandesa reinventa-se e salta da aldeia à rede". Lisboa. Consultado o 12 de maio de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Wikipedia en mirandés |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en mirandés |