Halsey
Ashley Nicolette Frangipane, nada en Nova Jersey, Estados Unidos, o 29 de setembro de 1994, máis coñecida polo seu nome artístico Halsey que é un anagrama do seu nome real, é unha cantante, deseñadora, pintora, produtora e compositora estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]1994-2012: Primeiros anos de vida e inicios da súa carreira
[editar | editar a fonte]Ashley Frangipane naceu o 29 de setembro de 1994 en Washington, Nova Jersey. Con todo, identifícase máis coa cidade de Nova York.[1] Ten dous irmáns máis novos. É birracial, sendo o seu pai afroamericano e a súa nai caucásica.[2] Iniciouse no mundo da música, orixinalmente tocando o violín, a viola, e o violoncello ata que cambiou estes instrumentos pola guitarra acústica cando tiña 14 anos.[3]
Ao principio planeou especializarse en Belas Artes e ir á universidade, pero despois de darse conta que non podía custealo, debido ao elevado prezo, inscribiuse nun colexio comunitario para estudar composición, coa que atopou unha conexión despois do seu primeiro semestre.[4] Con 18 anos, tiña problemas financeiros e a música converteuse no seu medio para pagar as súas débedas. Tocou en presentacións acústicas en diferentes cidades, con varios nomes artísticos.[3] Finalmente escolleu Halsey, xa que é un anagrama do seu nome e á súa vez unha rúa en Brooklyn na que pasou a súa adolescencia.
2014–2016: Room 93 e Badlands
[editar | editar a fonte]En 2014, Halsey gravou un canción chamada «Ghost» e publicouna na súa conta de SoundCloud. Posteriormente a canción fixo que chamase a atención, e despois de varias reunións con distintas discográficas, asinou un contrato con Astralwerks. Seguidamente, lanzou Hurricane como o seu sinxelo debut para pouco despois lanzar o seu EP debut titulado Room 93 (EP) o 28 de outubro de 2014.[1] O EP foi "visual" xa que contiña vídeos adicionais para catro das cinco cancións que o compoñen.[3] Ademais, en marzo de 2015, Halsey foi a persoa máis comentada en liña durante o evento South by Southwest.[5] Actuou como apertura da banda The Kooks durante a súa xira en 2014, tamén percorreu varias cidades de Estados Unidos en marzo e abril de 2015 como parte da súa xira The American You(th) Tour, en compañía da banda Young Rising Sons e Olivver the kid como convidado especial.[6][7] Incluíu algunhas das súas novas cancións no seu repertorio para os concertos, entre elas menciónanseː «Colors», «Control», «Castle», «Haunting» e «Roman Holiday».[8]
O 28 de agosto de 2015 publicou o seu álbum debut Badlands, confirmado nunha entrevista para a revista Teen Vogue.[9] O álbum logrou situarse en listas de varios países do mundo e logrou vender 141 000 copias durante a súa primeira semana; con isto, o álbum converteuse no segundo álbum debut feminino máis vendido do 2015 e terceiro en xeral.
O 2 de xuño de 2015 lanzou o seu primeiro sinxelo promocional «Hold Me Down» mediante a súa canle en Youtube, e tamén revelou a portada e lista de cancións do seu novo álbum.[10]
2017–presente: Hopeless Fountain Kingdom
[editar | editar a fonte]Halsey fixo referencia por primeira vez a Hopeless Fountain Kingdom en 2014, publicando en Twitter "(and the kingdom)" e durante 2016 na súa presentación no Madison Square Garden, puxo nas pantallas a frase "you can find me in the Kingdom".[11] En febreiro, convidou a máis de 100 fans a unha igrexa, en Londres , para escoitar 4 cancións do álbum.[12]
En marzo, múltiples contas misteriosas en Twitter conectadas a Halsey saíron á luz, facendo referencia a dúas persoas chamadas Lúa e White Nite, e dúas casas, unha chamada "House of Angelus" e a outra "House of Aureum", en referencia aos dous bandos de Romeo e Xulieta.
O álbum foi anunciado o 7 de marzo de 2017 a través da súa conta de Twitter, xunto cunha fotografía dela espida cunha rosa, e o 23 de marzo, anunciou que o álbum sairía á venda o 2 de xuño de 2017. O primeiro sinxelo do álbum foi Now Or Never lanzado o 4 de abril de 2017. Este logrou ser o sinxelo máis vendido de Halsey na súa primeira semana e debutou no posto número cincuenta do Billboard Hot 100 e semanas despois logrou alcanzar a posición número dezasete.[13] Ademais disto, tamén alcanzou boas posicións en países como Australia e o Canadá onde foi certificada con disco de ouro. Posteriormente, lanzou dous sinxelos promocionais para o álbum, Eyes Closed e Strangers contando coa colaboración da integrante de Fifth Harmony, Lauren Jauregui ,a cal logrou ingresar no Billboard Hot 100 na posición número 100 sen ningún tipo de promoción. Despois disto, a cantautora estreou como segundo sinxelo oficial da era o tema Bad at love, o cal se converteu no segundo sinxelo máis vendido en solitario da cantante, chegou á posición número cinco do Billboard Hot 100 singles, alcanzou a posición número 6 en iTunes USA, no que se mantivo varios meses, gran parte deles dentro do top 10, e logrou chegar á posición número dous das radios pop nos Estados Unidos.[14]
O 2 de xuño foi lanzado «Hopeless Fountain Kingdom» e logrou debutar no número 1 dos Estados Unidos sendo así o primeiro álbum feminino en debutar na cima do Billboard 200 en 2017 e o primeiro desde Joanne de Lady Gaga.[15] O álbum tamén foi número 1 no Canadá e top 15 noutros once países máis, tamén logrou certificar ouro nos Estados Unidos por chegar á cifra de 500.000 unidades vendidas no devandito país.[16] O álbum chegou á posición número un de iTunes en máis de 30 países.
Estilo musical e influencias
[editar | editar a fonte]Mentres crecía, Halsey viuse influenciada polos gustos musicais tanto do seu pai como da súa nai. Os principais xéneros que escoitaba eran o old school rap e o pop, sendo este último o que máis a inspirou durante a súa infancia e o que a levou até onde se atopa agora. Ela menciona que non tivo como modelos a Jimmy Buffett ou The Beach Boys xa que os seus pais eran moi novos, pero con todo criárona coa música de bandas como Coldplay e Nirvana. Porén, as artistas que máis admira son Alanis Morissette e Amy Winehouse, referíndose especialmente á súa forma honesta e auténtica ao compor temas.[9][17] Así mesmo, admite que unha das súas cancións favoritas é «You Oughta Know» de Morissette, á que describe como «irónica, sen complexos e autobiográfica».[17] Do mesmo xeito admira a Amy Winehouse de quen dixo que era unha influencia fundamental para ela e que «quere continuar coa súa mensaxe pero á súa propia maneira».[9]
Outro dos artistas aos que cita é Matty Healy da banda The 1975, pois a súa capacidade para compor e o seu desinterese son aspectos que ela admira; describindo o seu contido musical como «cheo de diálogo e lugares». Do mesmo xeito, comentou que crea unha imaxe honesta e auténtica nas súas cancións, e afirma: «fai música pop pero sen importar se encaixa na fórmula».[6]
Halsey tamén menciona a The Cure, Gin Blossoms, Tupac, Biggie, Bone Thugs-N-Harmony e Slick Rick.[18] A década dos 90 foi unha época que inspirou a súa música debido a que as cantautoras femininas tiñan máis oportunidades, de acordo ao expresado por ela: «se nacese fai 20 anos, sería un éxito hai moito tempo».[6]
A súa música incorpora os xéneros pop e indie principalmente, Halsey refírese a si mesma como «auténtica». Aínda que non ten un rango vocal alto, as súas letras honestas e emotivas conectan inmediatamente coas persoas, o seu son e as súas cancións contan historias moi persoais.[9] Describe ao seu contido musical como algo que trata sobre «estar triste e sexo», xa que para ela esta liña é case satírica. Céntrase en manter «unha cantidade saudable de vulnerabilidade» mentres conserva a «sensación de conciencia e autenticidade».[4]
Proxectos
[editar | editar a fonte]Halsey acompañou á banda Imagine Dragons durante a etapa norteamericana da súa xira Smoke and Mirrors Tour entre o 3 de xuño e 1 de agosto de 2015.[19] Tamén apareceu nalgunhas entrevistas e presentacións, entre eles Last Call with Carson Daly.[20]
O 13 de novembro de 2015, o cantante Justin Bieber publicou o seu novo álbum "Purpose" no cal Halsey colabora na canción "The Feeling".
O segundo álbum de estudio de Halsey titulado "Hopeless Fountain Kingdom" foi lanzado o 2 de xuño de 2017.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En agosto de 2017 iniciou unha relación sentimental co rapeiro estadounidense G-Eazy a cal terminaría a inicios de xullo de 2018 tras unha suposta infidelidade por parte do rapeiro durante o Hopeless Fountain Kingdom World Tour, pero logo ela perdoouno e continuaron coa súa relación, logo de sacar a canción "Him and I" a cal é unha mostra do forte que é o fío que os une. Tempo despois, separáronse definitivamente e Halsey sacou a súa canción "Without me" onde conta a historia da súa relación.
En 2019, comezou unha relación sentimental co cantante británico Yungblud.[21]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- 2014: Room 93 (EP)
- 2015: Badlands
- 2017: Hopeless Fountain Kingdom
- 2020: Manic
- 2021: If I Can't Have Love, I Want Power
Xiras musicais
[editar | editar a fonte]Como artista principal
[editar | editar a fonte]- 2015: The American Youth Tour (con Young Rising Sons)
- 2015-2016: Badlands Tour
- 2017-2018: Hopeless Fountain Kingdom World Tour
Como abreconcertos
[editar | editar a fonte]- 2014: The Kooks
- 2015: Imagine Dragons – Smoke and Mirrors Tour
- 2015: The Weeknd - The Madness Fall Tour
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "HALSEY SIGNS TO ASTRALWERKS WITH DEBUT SINGLE "GHOST"". astralwerks.com (en inglés). 25 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ "Halsey - A biography". paradigmagency.com (en inglés). 8 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Leight, Elias (16-10-2014). "Exclusive Premiere: Watch Singer-Songwriter's Halsey's Gritty 'Hurricane' Video From Her Visual 'Room 93' EP". billboard.com (en inglés). Consultado o 24-5-2019.
- ↑ 4,0 4,1 Sherman, Maria (25-3-2015). "THE NEW AMERICANA: HALSEY TALKS SEX, STRENGTH & SONGWRITING AT SXSW". fuse.tv (en inglés). Consultado o 24-5-2019.
- ↑ Flanagan, Andrew (23-3-2015). "Halsey, Run The Jewels & Miley Top Twitter's Most-Shared During SXSW". billboard.com (en inglés). Consultado o 24-5-2019.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Carroll, Ellie (29-10-2014). "INTERVIEW: HALSEY". allthingsgomusic.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26-06-2019. Consultado o 24-5-2019.
- ↑ "HALSEY REVEALS 'AMERICAN YOUTH' SPRING TOUR DATES" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ "HALSEY / AMERICAN YOUTH TOUR". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 "Sound Scout: Meet Halsey, Songstress Who's Making Waves With Her Feminist Pop Mystique" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ "HALSEY UNVEILS NEW TRACK “HOLD ME DOWN” AND ALBUM TRACKLIST". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ "(and the Kingdom)".
- ↑ "I sent sneaky invites to 100 fans in London yesterday to hear 4 new songs off of my next record. We cried.". Twitter (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ "HALSEY’S “NOW OR NEVER” ARRIVES AT #50 ON BILLBOARD HOT 100" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ "Halsey Chart History - Billboard". Billboard (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2019. Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ "On the Charts: Halsey's 'Hopeless Fountain Kingdom' Reigns at Number One" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ "On The Charts: June 12, 2017". fyi music news (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ 17,0 17,1 "HALSEY IS THE NEW KID ON THE POP BLOCK AND SHE'S DOING EXACTLY WHAT SHE WANTS". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ "Who Influenced Halsey? She Was ‘Raised On Biggie And Nirvana’" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ "Imagine Dragons Announce North America Tour: See The Dates" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ "HALSEY MAKES LATE NIGHT TV DEBUT ON LAST CALL WITH CARSON DALY; PERFORMS "TROUBLE" AND "GHOST"" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ Guerrero, Alexa (22-2-2019). "HALSEY Y YUNGBLUD HABLAN POR PRIMERA VEZ DE SU RELACIÓN". nacionrex.com (en castelán). Consultado o 24-5-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Halsey |