EP
Aparencia
EP son as siglas en inglés de Extended Play, e aplícase a gravacións que son moi longas para considerárense como discos sinxelos, pero moi curtas como para considerárense como álbums. Normalmente un álbum ten 8 ou máis pistas, un sinxelo soamente unha ou dúas, e un EP de 5 a 8.
Actualmente, a distinción entre un EP e un CD é arbitraria, e está baseada en factores tanto artísticos coma comerciais.