Saltar ao contido

Uropixios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uropxios
Uropygi

Rango fósil: carboníferoactualidade

Mastigoproctus giganteus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Chelicerata
Clase: Arachnida
Orde: Uropygi
Thorell, 1883
Familia: Thelyphonidae
Lucas, 1835
Sinonimia
  • Thelyphonida (O. P-Cambridge, 1872)

A dos uropixios (Uropygi) é unha orde de arácnidos que inclúe case 150 especies,[1] que se distribúen nas rexións tropicais e subtropicais do globo, onde viven debaixo das rochas e de troncos de árbores.

Todas as especies actuais inclúense na familia dos Thelyphonidae.[2]

Apareceron no rexistro fósil no carbonífero.[3]

Características

[editar | editar a fonte]

Carecen de glándulas velenosas pero teñen glándulas anais coas que expulsan un líquido con cheiro a vinagre, inofensivo para os humanos. Miden entre 2 e 15 cm. Son de cor café-avermellada ou escuros e presentan un longo flaxelo multiarticulado ao final do corpo. Teñen hábitos nocturnos e son carnívoros.

Como os demais arácnidos, os uropixios teñen o corpo dividido en dúas rexións ou tagmas, o prosoma (tronco ou cefalotórax) e o opistosoma (abdome).

Dorsalmente presenta un escudo no que se sitúan un par de ollos simples medios, anteriores, e un grupo de tres ocelos laterais; ventralmente presenta tres placas.

Os quelíceros son pequenos e están compostos de dous artellos, o basal en forma de talo e o distal en forma de uña. Os pedipalpos presentan forma de quela moi basta; presentan ornamentacións chamadas apófises, coas cales o animal tritura o alimento para despois introducilo na boca. Dos catro apéndices ambulatorios (patas), o primeiro é máis longo e de tipo anteniforme, os seguintes tres son locomotores.

Opistosoma

[editar | editar a fonte]

Está composto por 12 metámeros ou segmentos, o primeiro forma un pedicelo que se une ao prosoma, o segundo corresponde ao xenital cuberto cun opérculo, e lateralmente presenta espiráculos respiratorios, o metámero 12 leva un característico flaxelo multiarticulado, ademais do ano e os orificios das glándulas anais que se abren a cada lado do ano, polos que segregan unha substancia líquida de olor similar ao do vinagre. Este líquido está composto dun 84 % de ácido acético, un 5 % de ácido cáprico e un 11 % de auga; de función tanto defensiva como ofensiva, lánzao contra as súas presas (xeralmente outros artrópodos), que debilita a cutícula facilitando así a súa captura coa axuda dos pedipalpos; este líquido é inofensivo para os seres humanos. O pedicelo permite levantar o opistosoma para dirixir o chorro do líquido. posteriormente as presas son tomadas cos pedipalpos e logo transportadas aos quelíceros. Os uropixios realizan unha predixestión externa (similar á de todos os arácnidos).

O sistema excretor está composto por un par de glándulas coxais que desembocan baixo o último par de apéndices locomotores; ademais teñen tubos de Malpighi e nefrócitos,[4] que se encontran ao redor das filotraqueas.

O maior número de especies de uropixios localízase nas zonas tropicais e subtropicais, onde a humidade ambiental, relativamente abundante, é a adecuada para o perfecto desenvolvemento destas criaturas. Porén, é posíbel encontrar algunhas especies tamén en zonas máis ou menos secas, aínda que neste caso a súa actividade desenvóvese sempre durante as horas nocturnas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A orde foi descrita en 1883 polo aracnólogo sueco Tord Tamerlan Teodor Thorell,[5] na súa obra:

Thorell, T. T. (1883): "Descrizione di alcuni Aracnidi inferiori dell'Arcipelago Malese". Annali del Museo Civico di Storia Naturale di Genova, vol. 18, pp. 21-69.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Uropygi deriva do grego antigo οὐροπύγιον ouropýgion, voz formada por οὐρά ourá, 'cola', e πυγή pygḗ, 'traseiro', 'rabadilla', 'ano'. O -i- final indica substantivo latino plural. Literalmente: 'os de cola traseira'.[6]

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Mastigoproctus giganteus na man dun home, para apreciar o seu tamaño.
Detalle do flaxelo terminal do opistosoma de Mastigoproctus giganteus.
Primeiro plano dun Thelyphonus, onde se aprecian os pedipalpos.

Segundo o ITIS a clasificación da orde é a seguinte:

Orde Uropygi Thorell [5]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]