Uropixios
Uropxios Uropygi Rango fósil: carbonífero – actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mastigoproctus giganteus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
A dos uropixios (Uropygi) é unha orde de arácnidos que inclúe case 150 especies,[1] que se distribúen nas rexións tropicais e subtropicais do globo, onde viven debaixo das rochas e de troncos de árbores.
Todas as especies actuais inclúense na familia dos Thelyphonidae.[2]
Apareceron no rexistro fósil no carbonífero.[3]
Características
[editar | editar a fonte]Carecen de glándulas velenosas pero teñen glándulas anais coas que expulsan un líquido con cheiro a vinagre, inofensivo para os humanos. Miden entre 2 e 15 cm. Son de cor café-avermellada ou escuros e presentan un longo flaxelo multiarticulado ao final do corpo. Teñen hábitos nocturnos e son carnívoros.
Como os demais arácnidos, os uropixios teñen o corpo dividido en dúas rexións ou tagmas, o prosoma (tronco ou cefalotórax) e o opistosoma (abdome).
Prosoma
[editar | editar a fonte]Dorsalmente presenta un escudo no que se sitúan un par de ollos simples medios, anteriores, e un grupo de tres ocelos laterais; ventralmente presenta tres placas.
Os quelíceros son pequenos e están compostos de dous artellos, o basal en forma de talo e o distal en forma de uña. Os pedipalpos presentan forma de quela moi basta; presentan ornamentacións chamadas apófises, coas cales o animal tritura o alimento para despois introducilo na boca. Dos catro apéndices ambulatorios (patas), o primeiro é máis longo e de tipo anteniforme, os seguintes tres son locomotores.
Opistosoma
[editar | editar a fonte]Está composto por 12 metámeros ou segmentos, o primeiro forma un pedicelo que se une ao prosoma, o segundo corresponde ao xenital cuberto cun opérculo, e lateralmente presenta espiráculos respiratorios, o metámero 12 leva un característico flaxelo multiarticulado, ademais do ano e os orificios das glándulas anais que se abren a cada lado do ano, polos que segregan unha substancia líquida de olor similar ao do vinagre. Este líquido está composto dun 84 % de ácido acético, un 5 % de ácido cáprico e un 11 % de auga; de función tanto defensiva como ofensiva, lánzao contra as súas presas (xeralmente outros artrópodos), que debilita a cutícula facilitando así a súa captura coa axuda dos pedipalpos; este líquido é inofensivo para os seres humanos. O pedicelo permite levantar o opistosoma para dirixir o chorro do líquido. posteriormente as presas son tomadas cos pedipalpos e logo transportadas aos quelíceros. Os uropixios realizan unha predixestión externa (similar á de todos os arácnidos).
O sistema excretor está composto por un par de glándulas coxais que desembocan baixo o último par de apéndices locomotores; ademais teñen tubos de Malpighi e nefrócitos,[4] que se encontran ao redor das filotraqueas.
Hábitat
[editar | editar a fonte]O maior número de especies de uropixios localízase nas zonas tropicais e subtropicais, onde a humidade ambiental, relativamente abundante, é a adecuada para o perfecto desenvolvemento destas criaturas. Porén, é posíbel encontrar algunhas especies tamén en zonas máis ou menos secas, aínda que neste caso a súa actividade desenvóvese sempre durante as horas nocturnas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A orde foi descrita en 1883 polo aracnólogo sueco Tord Tamerlan Teodor Thorell,[5] na súa obra:
- Thorell, T. T. (1883): "Descrizione di alcuni Aracnidi inferiori dell'Arcipelago Malese". Annali del Museo Civico di Storia Naturale di Genova, vol. 18, pp. 21-69.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Uropygi deriva do grego antigo οὐροπύγιον ouropýgion, voz formada por οὐρά ourá, 'cola', e πυγή pygḗ, 'traseiro', 'rabadilla', 'ano'. O -i- final indica substantivo latino plural. Literalmente: 'os de cola traseira'.[6]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo o ITIS a clasificación da orde é a seguinte:
Orde Uropygi Thorell [5]
- Superfamilia Thelyphonoidea Lucas, 1835
- Familia Thelyphonidae Lucas, 1835 [2]
- Subfamilia Thelyphononinae Pocock, 1899
- Xénero Ravilops Víquez & Armas, 2005
- Xénero Valeriophonus Víquez & Armas, 2005
- Subfamilia Hypoctoninae Pocock, 1899 [7]
- Xénero Etienneus Heurtault, 1984
- Xénero Hypoctonus Thorell, 1888
- Xénero Labochirus Pocock, 1894
- Xénero Thelyphonellus Pocock, 1894
- Subfamilia Mastigoproctinae Speijer, 1933 [8]
- Xénero Mastigoproctus Pocock, 1894
- Xénero Mayacentrum Víquez & Armas, 2006
- Xénero Mimoscorpius Pocock, 1894
- Xénero Uroproctus Pocock, 1894
- Subfamilia Thelyphoninae Lucas, 1835 [9]
- Xénero Abaliella Strand, 1928
- Xénero Chajnus Speijer, 1936
- Xénero Ginosigma Speijer, 1936
- Xénero Glyptogluteus Rowland, 1973
- Xénero Minbosius Speijer, 1933
- Xénero Tetrabalius Thorell, 1888
- Xénero Thelyphonus Latreille, 1802
- Subfamilia Typopeltinae Rowland & Cooke, 1973 [10]
- Xénero Typopeltis Pocock, 1894
- Subfamilia Thelyphononinae Pocock, 1899
- Familia Thelyphonidae Lucas, 1835 [2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Hypoctonus formosus
-
Hypoctonus sp
-
Mastigoproctus baracoensis
-
Mastigoproctus giganteus femia, cunha bolsa de ovos
-
Thelyphonus sepiaris
-
Typopeltis sp
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618.
- ↑ 2,0 2,1 Thelyphonidae Lucas, 1835 no ITIS.
- ↑ Thelyphonida Arquivado 30 de marzo de 2017 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- ↑ Célula especializada, especialmente nos artrópodos, cuxa función consiste na acumulación ou formación de produtos residuais ou excretorios.
- ↑ 5,0 5,1 Uropygi Thorell, 1883 no ITIS.
- ↑ Uropygi en EngYes.
- ↑ Hypoctoninae Pocock, 1899 no ITIS.
- ↑ Mastigoproctinae Speijer, 1933 no ITIS.
- ↑ Thelyphoninae Lucas, 1835 no ITIS.
- ↑ Typopeltinae Rowland & Cooke, 1973 no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uropixios |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Uropixios |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dunlop, Jason A. & Horrocks, Carl A. (1996): "A new Upper Carboniferous whip scorpion (Arachnida: Uropygi: Thelyphonida) with a revision of the British Carboniferous Uropygi". Zoologischer Anzeiger, 234: 293–306.
- Rowland, J. Mark & Cooke, John A. L. (1973): "Systematic of the Arachnid Order Uropygida (= Thelyphonida)". Journal of Arachnology, 1: 55-71. PDF
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Uropygi Thorell, 1883Arquivado 15 de decembro de 2017 en Wayback Machine. no ITIS.
- Uropygi na EOL.
- Thelyphonida Arquivado 30 de marzo de 2017 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Uropygi Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
- Uropygi no NCBI.
- Uropygi en BoldSystems (en inglés).
- Uropygi en BugGuide (en inglés).
- Uropygi no GBIF (en alemán).