Saltar ao contido

Requiario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRequiario

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 415 Editar o valor en Wikidata
Mortedecembro de 456 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (40/41 anos)
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, decapitación Editar o valor en Wikidata
Rei dos suevos Gallaecia
448 – 456
← RequilaAguiúlfo, Frantán, Maldras → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo niceno, paganismo xermánico e Cristianismo calcedonio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei
Rei de Galicia Editar o valor en Wikidata
Cónxuxemuller de Requiario Editar o valor en Wikidata
PaiRequila Editar o valor en Wikidata
IrmánsRicimer Editar o valor en Wikidata
ParentesTeodorico I, rei visigodo, sogro
Turismundo, cuñado
Teodorico II, rei visigodo, cuñado
Eurico, cuñado Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Of_the_Suevia-2

Requiario (tamén Rechiar ou Reckiario[1]e en latín: Rechiarius), nado cara o 415 e finado en decembro do 456, foi o terceiro monarca suevo que gobernou o Reino Suevo de Galicia, dende o ano 448,[2] sucendendo ao seu pai Requila, ata a súa morte en decembro de 456. Foi o primeiro rei xermánico de toda Europa que adoptou o catolicismo e tamén o primeiro en cuñar moeda propia. A pesar disto, Hidacio descríbeo como bárbaro e con poucas nocións da lei romana, así foi que o seu belicismo e ambición remataron por causarlle a morte nunha guerra que sería o comezo dunha era escura para o reino suevo.

Política interna

[editar | editar a fonte]

Unificación baixo o catolicismo

[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro rei católico que gobernou o reino suevo, e converteu ao pobo dos suevos a esta relixión no ano 449, segundo Historia Suevorum de Isidoro de Sevilla Requiario "catholicus factus" ("fíxose católico"). Isto atraeu o apoio dos galaicorromanos que eran, na súa maioría, católicos tamén. Ademais foi o primeiro en nacer na Gallaecia e con educación romana, coma moitos dirixentes galaicorromanos da época, grazas ao que conseguiu influencia tamén nas capas sociais autóctonas.

A unificación relixiosa dos suevos, que eran aínda de crenzas relativas ao paganismo xermánico, fixo que o Reino Suevo de Galicia fose o primeiro reino católico, ademais de dar paso á mestura entre a poboación xermánica e a galaicorromana.[3]

Moeda sueva

[editar | editar a fonte]

Requiario, pioneiro tamén na economía, foi o primeiro rei que cuñou a súa propia moeda, de prata chamada siliqua, poñendo o seu propio nome no reverso das moedas do emperador Honorio en lenda latina: "IVSSV RECHIARI REGES" ("Por orde do rei Requiario"),[4][5] cuñando en gran cantidade, o que constataría o mantemento da actividade económica durante o período suevo.

Tanto a súa conversión ao catolicismo coma a emisión de moeda propia pódense enmarcar na súa cobiza de crear un reino suevo que abranguese toda a Península Ibérica.

Diplomacia exterior

[editar | editar a fonte]

Casamento e expansión

[editar | editar a fonte]

Casou coa filla do rei visigodo Teodorico I[2] no 449 co obxectivo de manter a paz cos visigodos. De camiño a corte de Tolosa Requiario aproveitou para saquear os territorios vascóns e algunhas rexións romanas. Ao regresar de Tolosa no 450 invadiu as zonas de Caesar Augusta e Ilerda, aproveitando a confusión debido ao xurdimento dun novo movemento bagaúdico surxido de novo no val do Ebro.

Relacións imperiais

[editar | editar a fonte]

Trala vitoria do Imperio Romano xunto con forzas visigodas sobre os Hunos na batalla dos Campos Cataláunicos no 451, o dux da Galia Aecio, decide intervir na península. Este envía no 453 unha embaixada, do conde Mansueto e o conde Fronto, coa intención de impor aos suevos un tratado de paz que estipulaba a devolución ao Imperio da rexións conquistadas da Cartaxinense. Desta maneira o Imperio conseguiu, de volta, a autoridade imperial sobre a provincia.

Invasión da Cartaxinense

[editar | editar a fonte]

No ano 455 proclamárase en Roma a Avito como emperador, trala morte de Aecio e sucesivos emperadores inestables. Requiario non o recoñeceu como tal e aproveitou esta situación de inestabilidade política do Imperio para volver a recuperar a Cartaxinense. A seguir, Avito comezou accións diplomáticas co novo monarca visigodo Teodorico II, fillo de Teodorico I, que era claramente prorromano e que tampouco lle interesaba que os suevos se fixesen máis fortes. Tanto Teodorico II como Avito enviaron embaixadas para que os suevos abandonasen a Cartaxinense, pero non só foron rexeitadas por Requiario senón que este comezou unha incursión a Tarraconense da que trouxo moitos cativos á Gallaecia, provocando aos visigodos.

Guerra contra o Imperio e os visigodos

[editar | editar a fonte]
Requiario no Museu Nogueira da Silva (Braga).

Ante a clara negativa de Requiario, Teodorico II dirixiu o seu exército, co beneplácito do emperador Avito, á península. Tamén contaba co apoio de tropas auxiliares burgundias, co rei Gundioco á fronte, polo que comezou unha gran campaña contra os suevos. Tras unha serie de batallas perdidas polos suevos, a derrota definitiva ocorreu na Batalla do río Órbigo o 5 de outubro de 456 preto de Asturica.

Requiario repregouse a Bracara e logo a Portus Cale, de onde intentou fuxir en barco a Roma, onde tiña a Recimiro quen o podería axudar. Non obstante, unha tempestade fíxo que volvese a terra, onde foi apresado polos visigodos e decapitado.

Ao morrer, os visigodos invaden a Gallaecia e a Lusitania. Neste momento, prodúcese a morte de Avito, candidato de Teodorico II, polo que tivo que partir cara as Galias con parte das súas lexións, saqueando ao seu paso á poboación de Pallantia e Asturica. Deixou o mando do territorio conquistado a ao godo Aguiúlfo, en Emerita.

Esta derrota foi fulminante para o reino xa que este sería o comezo dun período de escuridade e guerras civís no reino de Galicia.

  1. "O Santuario de Pastoriza", artigo en Celtiberia
  2. 2,0 2,1 Bleiberg (1979), p. 462
  3. González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Editorial Galaxia. ISBN 8471543036. 
  4. Imaxe da moeda do rei Requiario (www.diarioliberdade.org). 
  5. Rolland, Eduardo (8/10/2022). "A sílicua de Requiario: cando Gallaecia acuñou a primeira moeda dun reino católico". GCiencia. Consultado o 11/10/2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Requiario: O apoxeo suevo.
(Nós Diario, 05.09.2022)

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Requiario
Nacemento:  ? Falecemento: 456


Títulos Reais
Precedido por
Requila


Rei de Galicia
448–456
Sucedido  por
Aguiúlfo (Lusitania, Emerita)
Frantán (lucense)
Maldras (bracarense)