Maldras
Biografía | |
---|---|
Morte | Febreiro do 460 |
Causa da morte | estrangulamento |
Rei dos suevos Gallaecia | |
456 – 459 ← Aguiúlfo – Frumario → | |
Actividade | |
Ocupación | Rei |
Outro | |
Título | Rei |
Cónxuxe | Suga |
Fillos | Remismundo |
Maldras (tamén Masdras) foi un monarca suevo que gobernou o Reino Suevo de Galicia entre os anos 456 e 459. Maldras ocupou o goberno tras asasinar ao gobernador Aguiúlfo, asumindo o control da parte sur do reino dende Porto. Durante o seu curto reinado producíronse fortes conflitos sociais entre os nativos galaicos e os dirixentes xermánicos.
Invasión de Lusitania
[editar | editar a fonte]A caída do emperador Avito, aliado do rei visigodo Teodorico II, fixo que este abandonase co seu exército a Península Ibérica regresando á Galia. Libres da presenza dos visigodos, os suevos de Maldras interviron na Lusitania asediando Olisipo (Lisboa) recuperando o control da cidade no 457 aliándose aparentemente cos seus dirixentes e saqueándoa unha vez os deixaron pasar.[1]
En ausencia de Maldras levantouse no norte do reino, Frantán[2], un novo candidato o trono con apoio en terras lucenses. Pero morre poucos meses despois de conseguir o trono, convertendo a Maldras no único rei da Gallaecia durante un curto período de tempo.
Morte
[editar | editar a fonte]En febreiro de 460 morre estrangulado, posiblemente polos seus propios homes durante o asedio de Olisipo. Dise que os seus homes xuraron lealdade a Frumario[3], xefe de guerra, que competiu con Requimundo, o xefe de guerra dos seguidores de Frantán, polo trono do suposto fillo e herdeiro de Maldras: Remismundo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Thompson, 171.
- ↑ Thompson, 166.
- ↑ Peres Vigo, Alexandre (2022-09-06). "Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459". Nós Diario. Consultado o 2022-09-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459. |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
- Thompson, E. A. (1982). Romans and Barbarians: The Decline of the Western Empire. University of Wisconsin Press. ISBN 0-299-08700-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Maldras Nacemento: ? Falecemento: 459
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Aguiúlfo Só no sur
|
Rei de Galicia Só no sur 456-457 |
Sucedido por Frumario |
Precedido por Frantán Que só reinou no norte
|
Rei de toda Galicia 457-459 |
Sucedido por Remismundo |