Aelfwine de Deira
Aparencia
(Redirección desde «Ælfwine de Deira»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 661 |
Morte | 679 (17/18 anos) Batalla do Trent |
Causa da morte | morte en combate |
Rei de Deira | |
670 (Gregoriano) – 679 (Gregoriano) ← Ecgfrith de Northumbria Nomeado por: Ecgfrith de Northumbria | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Pais | Oswiu de Northumbria e Eanfleda de Deira |
Irmáns | Alfleda Ostrida Alchfrith de Deira Aldfrith de Northumbria Ecgfrith de Northumbria |
Aelfwine, nado c. 661 e finado en 679, foi un rei de Deira (670 - 679). Foi fillo de Oswiu de Northumbria e irmán de Ecgfrith de Northumbria.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de que Ecgfrith tomou o poder como rei de Northumbria en 670, nomeou a Aelfwine rei do reino de Deira. Aelfwine era apenas un neno nese momento, e nomeouno coa intención de designalo como o seu sucesor, xa que era solteiro e non tiña fillos. Con todo, morreu durante unha batalla contra os mercianos preto do río Trent en 679. Isto provocou a furia dos northumbrianos, pero previuse un conflito máis grande pola intercesión do arcebispo de Canterbury, Teodoro, quen persuadiu a Aethelred de Mercia a pagar unha suma monetaria como compensación pola morte de Aelfwine[1].
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Beda, Historia ecclesiastica gentis Anglorum, libro IV, capítulo 21 Arquivado 14 de maio de 2011 en Wayback Machine..