Saltar ao contido

Ítaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaÍtaca
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°25′N 20°40′L / 38.42, 20.67
EstadoGrecia
División administrativaadministración descentralizada do Peloponeso, Grecia Occidental e as Illas Xónicas
Periferiasrexión das Illas Xónicas
PrefecturasKefalonia Prefecture (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.231 Editar o valor en Wikidata (27,62 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie116,992 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Xónico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal283 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico26740 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webithaki.gr Editar o valor en Wikidata

Ítaca (en grego moderno, Ιθάκη) é unha das numerosas illas gregas, situada no mar Xónico. Está localizada na prefectura de Cefalonia.

A illa ten unha superficie de 117 km² e unha poboación de 3.000 habitantes. A súa capital é a localidade de Vathí (Βαθύ). Outros núcleos de poboación son: Stavros, Anogi, Exogi e Perachori.

A illa posúe varias baías, e é tan fechada que fai lembrar un lago. No medio da illa, a baía de Moulou (Kolpos Moulou) entra tanto na terra que deixa apenas unha estreita franxa con 500 metros, o suficiente para que a illa non se separe en dúas. Presuponse que, entre outras candidatas, é a mesma Ítaca que aparece na Ilíada e na Odisea, fogar e reino de Ulises.

Economía

[editar | editar a fonte]

As principais actividades económicas son a cría de gando e o cultivo da oliveira e da viña. O turismo ten potencialidades, mais está relativamente pouco desenvolvido, existindo mesmo cinco unidades hoteleiras (catro hoteis e unha de apartamentos)

Segundo a Odisea de Homero, Ítaca é a patria de Ulises, e o reinado de Ulises decorreu no século XII a.C., cando os gregos foron a Troia. A guerra durou 10 anos, mais a Ulises levoulle outros dez regresar á súa illa natal, após innúmeras aventuras polo mar Mediterráneo.

A lenda fai derivar o seu nome do heroe epónimo Itacos.

Primeiros poboadores

[editar | editar a fonte]

As orixes das primeiras persoas que habitaron na illa, que se produciu durante os últimos anos do Neolítico (4000-3000 aC), non están claras. Foi habitada no cuarto milenio segundo uns gravados atopados en Pilikata; outros achados neste lugar e na Cova de Loizos pódense datar entre o 3000 e o 2000 a.C.. As pegadas dos edificios, muros e unha estrada deste período de tempo demostran que a vida existía e seguiu facéndoo durante a temperá era helénica (3000-2000 aC). Nos anos (2000-1500 aC), parte da poboación emigrou a unha parte da illa. Os edificios e as paredes que foron escavadas mostraron que o estilo de vida deste período mantívose primitivo.

Período Micénico

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Período micénico.
Ítaca atópase na parte superior dereita da illa máis grande de Cefalonia nesta foto. A pequena illa deshabitada na esquina superior dereita é Atokos (NASA World Wind imaxe de satélite).

Durante o período micénico (1500-1100 aC), Ítaca subiu ao seu maior nivel da súa historia antiga. Baseándose sobre todo na Odisea e nas tradicións orais, crese que a illa converteuse na capital do Reino-Estado Xónico, que incluía as terras circundantes, e foi coñecido como un dos estados máis poderosos da época. Os itacenses caracterizáronse por ser grandes navegantes e exploradores con audaces expedicións que chegaron máis ala do Mediterráneo.

Cara ao ano 1000 a.C. o reino de Ítaca dominaba ás outras illas Xónicas e a costa de Acarnania.

Os poemas épicos de Homero, a Ilíada e a Odisea, botaron algo de luz sobre a idade de bronce en Ítaca. Estes poemas pénsase xeralmente que foron compostos nalgún momento do século noveno ou oitavo antes de Cristo, pero fixeron uso das vellas tradicións mitolóxicas e poéticas, a súa representación do heroe Odiseo, e o seu dominio sobre Ítaca, as illas circundantes e o continente, preservan os recordos sobre a xeografía política, os costumes e a sociedade da época.

Tralo final da época micénica, a influencia de Ítaca diminuíu, e quedou baixo a xurisdición da illa grande veciña.

Época helenística

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Grecia helenística.

Durante a antiga Grecia (800-180 aC), continuou a organización independente na parte norte e sur da illa. Na parte sur, na zona de Aetos, foi fundada a cidade de Alalcomenae. A partir deste período, moitos obxectos de valor histórico atopáronse durante as escavacións. Entre estes obxectos están moedas impresas co nome de Ítaca e a imaxe de Odiseo, que suxiren que a illa era un goberno autónomo. No 180 a.C. foi incluída na provincia romana de Iliria.

Baixo o dominio bizantino construíu un porto coñecido como Polis ou Xerusalén que quedou cuberto de area logo dun terremoto no 967. No 1086 presentáronse os primeiros piratas normandos; os normandos conquistaron a illa no 1185 e pasou en feudo á familia Orsini e despois aos Tocco. Ítaca seguiu as vicisitudes da veciña Cefalonia.

De acordo cos diferentes períodos de conquistadores e circunstancias, a poboación da illa foi cambiando. Aínda que non hai información numérica definitiva ata o período Veneciano, crese que desde o micénico ao Período Bizantino, o número de habitantes era de varios miles, que vivían principalmente na parte norte de Ítaca. Durante a Idade Media, a poboación diminuíu debido ás continuas invasións dos piratas, o que obrigou á xente a establecer asentamentos e vivir nas montañas.

Período Otomán

[editar | editar a fonte]

En 1479, forzas turcas chegaron e saquearon ás illas. Os danos foron moi importantes e boa parte da poboación foi capturada e levada como escravos. Dos que quedaron moitos fuxiron da illa por temor aos novos colonos turcos. Os que quedaron escondéronse nas montañas para evitar que os piratas que controlaban a canle entre Cefalonia e Ítaca e as baías da illa. Nos seguintes cinco anos, os turcos, Toques e venecianos reclamaron ás illas diplomaticamente. A posesión das illas foi tomada finalmente polo Imperio Otomán desde 1484 ata 1499. Durante este período, os venecianos convertéranse nunha gran potencia cunha frota organizada. Os venecianos seguiron co seu interese nas Illas Xónicas, e en 1499 comezou unha guerra entre os venecianos e os turcos. As frotas aliadas dos venecianos e dos españois sitiaron Ítaca, e as outras illas. As frotas aliadas impuxéronse, e desde 1500 os venecianos controlaron as illas. De acordo cun tratado de 1503, Ítaca, Cefalonia e Zante serían gobernadas polos venecianos (Illas Xónicas baixo dominio veneciano) e Lefkada polos turcos. No 1504 estaba practicamente despoboada, e foi necesario que os venecianos concedesen privilexios (exención de impostos e concesión de terras) aos que a quixesen poboar para que o número de habitantes se recuperase. No 1569 construíuse a primeira fortaleza. Os gobernadores venecianos non foron en xeral uns bos gobernantes, pero prosperou lentamente. No 1648 houbo un forte terremoto que provocou grandes danos. Un novo terremoto produciuse en 1766.

Período francés

[editar | editar a fonte]
Ítaca por Edward Dodwell (1821)

Poucos anos despois da Revolución Francesa, a área Xónica caeu baixo o dominio da Primeira República Francesa (1797-1798),(cedéuselles polo tratado de Campo Formio do 17 de outubro de 1797) e a illa converteuse na capital de Cefalonia, Lefkada, e parte da Grecia continental, as cales formaron o departamento francés de Ithaque (a prefectura estaba en Argostoli en Cefalonia).

A poboación deu a benvida aos franceses, que se fixeron cargo do control dos sistemas administrativo e xudicial, pero máis tarde os altos impostos esixidos provocaron un sentimento de indignación entre a xente. Durante este breve período histórico, as novas ideas da estrutura e do sistema social tiveron grande influencia nos habitantes da illa. O 25 de outubro de 1798 foi ocupada polos rusos e o 2 de abril de 1800 quedou integrada no protectorado ruso-otomán da República das Sete Illas, ata que volveu aos franceses o 20 de xullo de 1807 e a finais de outubro de 1809 Ítaca foi ocupada polos ingleses e foi (5 de novembro de 1815) un dos estados insulares dentro da República das Illas Xónicas baixo protectorado británico.

A frota de Ítaca floreceu cando se lle permitiu levar a carga ata os portos do Mar Negro. En 1807, segundo un acordo con Turquía, as Illas Xónicas, unha vez máis quedaron baixo o dominio francés (1807-1809 dC). Os franceses rapidamente comezaron a prepararse para facer fronte á frota británica, que chegara a ser moi poderosa, mediante a construción dun forte en Vathy.

Cidadáns prominentes de Ítaca participaron no segredo "Etairia Filiki", que xogou un papel decisivo na organización da revolución grega de 1821, a frota comercial da illa loitou á beira dos rebeldes gregos contra o dominio turco, e os combatentes gregos refuxiáronse alí. Ademais, a participacións de itacenses durante o sitio de Messologi e as batallas navais con naves turcas no Mar Negro e no Danubio foron significativos. O partido radical de T. Paizis, partidario da unión a Grecia, logrou o obxectivo o 1 de xuño de 1864. En 1876 produciuse un novo terremoto, que se repetiu en 1912 e en 1918. O máis devastador foi o de 1953 que destruíu a maior parte das construcións da illa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista do norte de Ítaca a través do istmo de Aethos

Ítaca atópase ao leste da costa noroeste de Cefalonia, da que está separada polo Estreito de Ítaca. Cobre unha área de 117´8 km² e ten aproximadamente 100 km. de costa. A illa esténdese en dirección norte-sur, cunha lonxitude de 23 km e unha anchura máxima de 6 km. Componse de dúas partes, de aproximadamente o mesmo tamaño, conectadas polo estreito istmo de Aetos (Aguia), de tan só 600 m de ancho. As dúas partes encerran a gran baía de Molos, cuxa rama meridional é o porto de Vathi, a capital e o establecemento máis grande da illa. A segunda vila máis grande é Stavros na parte norte.[1]

Lazareto (ou a illa de O Salvador) protexe o porto. A igrexa do Salvador e os restos dun antigo cárcere atópanse na illa.[2]

Os cabos da illa son Exogi, o máis occidental, pero non na terra, Melissa ao norte, Mavronos e Agios Ilias ao leste, Schinous, Sarakiniko e Agios Ioannis, os máis orientais ao leste e Agiou Andreou, o máis austral no sur. As baías de Afales ao noroeste, Frikes e Kioni no nordeste e o Golfo de Ormos e a Baía de Sarakiniko ao sueste. A illa é relativamente montañosa e posúe unha vexetación abundante. Ao norte, domina o Monte Nirítos, de 806 metros de altitude. Ao sur, domina o Monte Merovígli, de 669 metros de altura.

Comunidades

[editar | editar a fonte]

A illa de Ítaca áchase dividida nas seguintes comunidades:

Na cultura

[editar | editar a fonte]

Na literatura está presente na Odisea de Homero e, derivada da idea de viaxe, nun poema de Kavafis e, desde este, nun disco de Lluís Llach.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]