Añada pa un güeyu muertu
Añada pa un güeyu muertu | |
---|---|
Título orixinal | Añada pa un güeyu muertu |
Autor/a | Adolfo Camilo Díaz |
Orixe | Asturias |
Lingua | asturiano |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Suburbia Ediciones |
Data de pub. | 1985 |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
Añada pa un güeyu muertu é unha novela en lingua asturiana escrita por Adolfo Camilo Díaz en 1985, que foi gañadora do Premio Xosefa Jovellanos. É un thriller que marcou a toda unha xeración de narradores asturianos. A novela, publicada polo Goberno de Asturias, foi ben recibida pola crítica e o público, e converteu ó seu autor (que gañaría o premio noutras tres ocasións) nunha referencia da literatura asturiana contemporánea. É unha novela inaugural da literatura en asturiano: é a primeira novela de ciencia ficción e a primeira cunha lesbiana como protagonista. O asturiano certificaba, deste xeito, que era apta para representar calquera historia ou sentimento. A influencia de Añada pa un güeyu muertu, unha novela que fixo que a literatura en asturiano entrase na Segunda Xeración do Surdimientu, foi recoñida ó longo dos anos como unha novela de culto das letras asturianas.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A familia do enxeñeiro-xefe dunha central nuclear entretense polas noites vendo a televisión cando un escape na central nuclear "solidifica" os personaxes catódicos que escapan fóra da pantalla e comezan a matar.
Segunda edición
[editar | editar a fonte]Suburbia Ediciones relanzou esta novela en 2011 cunha edición na que o autor revisou o texto para limpalo de hiperasturianismos e expresións empregadas na lingua literaria da época pero que son estrañas para o lector de hoxe. A edición completouse cun epílogo explicativo do autor e un prólogo de Xandru Fernández.