ASKY Airlines
ASKY Airlines | ||
---|---|---|
IATA KP | OACI SKK | Indicativo ASKY AIRLINE |
Fundación | xuño de 2008 | |
Inicio das operacións | xañeiro de 2010 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Lomé-Tokoin | |
Plan de voo frecuente | ASKY Club | |
Frota | 8 | |
Destinos | 23 | |
Eslogan da compañía | The Pan African Airline | |
Sede | Lomé, Togo | |
Páxina web: http://www.flyasky.com |
ASKY Airlines é unha aeroliña de pasaxeiros fundada pola iniciativa de varios gobernos de países do oeste de África. A compañía ten a súa sede en Lomé, Togo. ASKY opera en varios países do centro e do oeste de África dende o seu centro de conexións no aeroporto de Lomé-Tokoin.
Historia
[editar | editar a fonte]Despois de que a aeroliña panafricana Air Afrique entrase en bancarrota no ano 2002, o transporte aéreo fíxose máis difícil en África, especialmente no oeste e o centro do continente. Nunha conferencia da Comunidade Económica de Estados de África Occidental en Niamey (Níxer) o 10 de xaneiro de 2004, decidiuse crear unha aeroliña privada, competitiva e rendible que ofrecese todas as garantías de seguridade para a rexión.[1]
En setembro de 2005 estableceuse a compañía pola promoción dunha aeroliña rexional (SPCAR), que realizou varios estudos de mercado e buscou socios financeiros e estratéxicos; isto permitiu fundar ASKY Airlines en novembro de 2007. O 17 de xaneiro de 2008 celebrouse en Uagadugú a asemblea xeral para establecer a nova aeroliña. O 80% das accións foron mercadas por investidores privados, e o 20% por institucións financeiras públicas. Ethiopian Airlines converteuse no socio técnico e estratexico baixo un contrato de xestión para os primeiros cinco anos de operación, mantendo un 40% das accións.[2] O primeiro voo comercial da aeroliña realizouse o día 15 de xaneiro de 2010.
Frota
[editar | editar a fonte]En abril de 2017 a frota de ASKY Airlines estaba formada polos seguintes avións:[3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Boeing 737-700 | 3 | — | 16 | 99 | 115 | Alugados a Ethiopian Airlines |
Boeing 737-800 | 1 | — | 16 | 138 | 154 | |
Bombardier Dash 8-Q400 | 4 | — | 7 | 60 | 67 | |
Total | 8 | — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ASKY Airlines (ed.). "Reasons to be". Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Centre for Aviation (ed.). "ASKY Airlines eyes expansion to Southern Africa and Europe as it celebrates its third birthday". Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "Asky Airlines Fleet Details and History". Consultado o 9 de abril de 2018.