A tapadeira
Aparencia
A tapadeira | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Front |
Director | Martin Ritt |
Produtor | Charles H. Joffe Jack Rollins |
Guión | Walter Bernstein |
Intérpretes | Woody Allen Zero Mostel Michael Murphy Herschel Bernardi Andrea Marcovicci Remak Ramsay Lloyd Gough |
Música | Dave Grusin |
Fotografía | Michael Chapman |
Montaxe | Sidney Levin |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 17 de setembro de 1976 24 de xuño de 1995 (TVG) |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Na rede | |
A tapadeira (en inglés: The Front) é un filme estadounidense de 1976 dirixido por Martin Ritt. Foi escrito por Walter Bernstein e está protagonizado por Woody Allen e Zero Mostel.
Estreouse en galego o 24 de xuño de 1995 a través da TVG.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un caixeiro de bar e corretor de apostas ocasional, Howard Prince, sen grandes conviccións políticas, ten amizade cun guionista de televisión da cidade de Nova York, Alfred Miller, que sabe que está inscrito nunha lista negra anticomunista, así que lle pide a Howard que adopte a autoría dos seus guións a cambio dunha porcentaxe das ganancias. Howard acepta e comeza a gozar dos cartos e a sufrir as vicisitudes de ter que interpretar o papel de escritor estrela do canal.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Woody Allen como Howard Prince
- Zero Mostel como Hecky Brown
- Herschel Bernardi como Phil Sussman
- Michael Murphy como Alfred Miller
- Andrea Marcovicci como Florence Barrett
- Remak Ramsay como Francis X. Hennessey
- Marvin Lichterman como Myer Prince
- Lloyd Gough como Herbert Delaney
- David Margulies como William Phelps
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Versión en galego (ed.). "A tapadeira na TVG". Consultado o 19 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A tapadeira na IMDb (en inglés).