Saltar ao contido

Abu Muzab al Zarqaui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaAbu Muzab al Zarqaui

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) أبو مصعب الزرقاوي Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) أحمد فضيل نزال الخلايلة Editar o valor en Wikidata
30 de outubro de 1966 Editar o valor en Wikidata
Zarqa, Xordania Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xuño de 2006 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Hibhib, Iraq Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, dispositivo explosivo Editar o valor en Wikidata
Emir de Al-Qaida en Iraq
17 de outubro de 2004 – 7 de xuño de 2006 – Abu Ayyub al-Masri → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXordania Editar o valor en Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónMuxahidin , político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata - 2006 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAl Qaida Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresAbu Anas al-Shami Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua árabe Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeJama'at al-Tawhid wal-Jihad e Al Qaida Editar o valor en Wikidata
Rango militarcomandante Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Jama'at al-Tawhid wal-Jihad e Tanzim Qaidat al-Jihad fi Bilad al-Rafidayn (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Iraq e primeira batalla de Fallujah Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 14542584 Editar o valor en Wikidata

Abu Musab al-Zarqawi, (en árabe: أبو مصعب الزرقاوي)‎, nado en Xordania o 20 de outubro de 1966 e morto o 7 de xuño de 2006 na cidade de Baquba, en Iraq, foi o autoproclamado líder de Al Qaida en Iraq.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Diferentes testemuños relacionaron a Al Zarqaui con actos terroristas en Iraq no tempo da ocupación estadounidense, entre os que se contan a planificación de atentados suicidas e ataques directos contra militares, policías e civís.

Al Zarqaui, seareiro do movemento salafí opúñase á presenza das tropas de países occidentais nos países islámicos, especialmente Iraq, así como ao recoñecemento da existencia do estado de Israel. Al Zarqaui, que era musulmán suní, tamén entendía que os xiítas de Iraq estaban tendo unha actitude colaboracionista coa ocupación occidental, e por esa razón declaroulles a guerra en setembro de 2005.

Al Zarqaui recoñecíase seareiro de bin Laden, e dende outubro de 2004 referíase á súa propia organización, Iama'at al Tauhid ual Xihad, como célula de Al Qaida en Iraq. O propio bin Laden cualificou a Al Zarqaui de príncipe de Al Qaida en Iraq.

Al Zarqaui era o home máis buscado polas tropas occidentais en Xordania e Iraq. O goberno dos Estados Unidos ofrecera 25 millóns de dólares a quen puidera dar información para a súa captura, a mesma cantidade ca por bin Laden. O 15 de outubro de 2004 o goberno dos Estados Unidos engadiu a Al Zarqaui e ao seu grupo, o Iama'at al Tauhid ual Xihad, na lista de organizacións terroristas estranxeiras.

Abú Muzab al Zarqaui foi asasinado definitivamente o 7 de xuño de 2006, durante un bombardeo do seu campamento na cidade de Baquba, uns 65 quilómetros ao norte de Bagdad. Pero a súa morte xa fora anunciada, e despois negada, en varias ocasións durante os meses anteriores. O goberno estadounidense amosou publicamente fotografías do cadáver de Al Zarqaui.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]