Adolf Eichmann
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Otto Adolf Eichmann (Imperio Alemán, 19 de marzo de 1906 — Israel, 31 de maio de 1962) foi un oficial alemán-austríaco do Partido Nazi, membro da Schutzstaffel (SS) e un dos principais organizadores do Holocausto. Participou na Conferencia de Wannsee de xaneiro de 1942, na que se planificou o despregamento da Solución Final á Cuestión Xudía. Despois disto, foi encargado polo SS-Obergruppenführer Reinhard Heydrich de facilitar e xestionar a loxística envolta na deportación masiva de xudeus a guetos e campos de exterminio nazis en toda a Europa ocupada polos alemáns.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Eichman ingresou no Partido Nazi austríaco o 1 de abril de 1932 co número de afiliado 899 895. O mesmo día ingresou na SS, co número de afiliado 45 325.
Era o encargado da deportación de xudeus da Hungría para campos de concentración.
Despois da segunda guerra mundial, Eichmann fuxiu para a Arxentina, pero foi localizado naquel país polo Servizo Secreto Israelí. Capturado en 1961, foi enviado a Xerusalén onde foi xulgado por crimes de guerra e condenado a morte na forca. Foi executado o 31 de maio de 1962.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolf Eichmann |