Aeroporto de Minneapolis/Saint Paul
Aeroporto de Minneapolis/Saint Paul Minneapolis-Saint Paul International Airport
Wold-Chamberlain Field | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario/Operador | Metropolitan Airports Commission | ||
Cidade/Illa | Minneapolis e Saint Paul, Minnesota | ||
Elevación (msnm) | 256 metros / 841 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
4/22 | 3 355 | 11 006 | formigón |
12R/30L | 3 048 | 10 000 | formigón |
12L/30R | 2 499 | 8 200 | formigón |
17/35 | 2 438 | 8 000 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 37 517 957[1] |
O aeroporto internacional de Minneapolis/Saint Paul (IATA: MSP, OACI: KMSP), tamén coñecido como aeródromo Wold-Chamberlain, é un aeroporto civil e militar situado nunha porción do condado de Hennepin, a menos de 15 quilómetros dos centros de Minneapolis e Saint Paul. ´É o aeroporto máis grande e concorrido da rexión "Upper Midwest", formada polos estados de Minnesota, Iowa, Nebrasca, Dacota do Norte, Dacota do Sur e Wisconsin.[2] As súas instalacións atópanse principalmente no lugar de Fort Snelling, nunha porción non incorporada do condado de Hennepin. Pequenas partes das mesma están dentro dos límites das cidades de Minneapolis e Richfield. En termos de pasaxeiros, o aeroporto de Minneapolis/Saint Paul foi o 16º máis concorrido dos Estados Unidos en 2014 e o 49º do mundo en 2016.
De todos os pasaxeiros que voan a través de MSP, o 42% fan escala nel para conectar con outras cidades, mentres que so 58% restante orixínanse no aeroporto. As aeroliñas que operan nas súas instalacións voan a 158 destinos, 129 domésticos e 29 internacionais. A nivel internacional, Delta Air Lines voa a catro destinos transoceánicos todo o ano: Ámsterdam, Londres-Heathrow, París-Charles de Gaulle e Toquio-Haneda, cun voo adicional estacional transoceánico cara Reiquiavik-Keflavík. Tanto Delta Air Lines como Sun Country Airlines voan a moitas cidades no Rexión, Centroamérica, Canadá e México dende o aeroporto, tanto anualmente como con servizos estacionais. Air France ten un servizo estacional a París e Condor voa a Frankfurt tamén estacionalmente. Icelandair voa durante todo o ano a Reiquiavik-Keflavík. KLM retomou o seu voo anual a Ámsterdam en marzo de 2017 e posteriormente iniciou o primeiro servizo en MSP co Boeing 787 en outubro do mesmo ano.
MSP é o segundo centro de conexións máis grande para Delta Air Lines é os seus asociados de Delta Connection.[3] Compass Airlines e Endeavor Air ten as súas sedes oficiais nas proximidades. Tamén serve de base principal para a aeroliña de Minnesota Sun Country Airlines. Northwest Airlines tivo un centro de conexións no aeroporto ata a súa fusión en 2010 con Delta Air Lines, e a asociada de Delta Connection Mesaba Airlines tivo a súa sede preto do aeroporto ata decembro de 2011 cando se completou a súa fusión con Pinnacle Airlines. Delta Air Lines ten máis do 80% do tráfico do aeroporto. MSP está operado pola Comisión Metropolitana de Aeroportos, que tamén se encarga de seis aeroportos máis pequenos da rexións.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Chárters
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos | Refs |
---|---|---|
Apple Vacations operado por Sun Country Airlines |
Cancún, Cozumel, Huatulco, Ixtapa/Zihuatanejo, Liberia (CR), Montego Bay, Puerto Vallarta, Punta Cana, San José del Cabo | [23] |
Casino Express operado por Xtra Airways |
Elko, Wendover | |
Funjet Vacations operado por Sun Country Airlines |
Cancún, Cozumel, Ixtapa/Zihuatanejo, Liberia (CR), Montego Bay, Nassau, Puerto Vallarta, Punta Cana, San José del Cabo | |
Sun Country Airlines | Fort Lauderdale, Laughlin/Bullhead City | [22] |
Total Rewards Air operado por Republic Airlines |
Atlantic City, Gulfport/Biloxi, Laughlin/Bullhead City, Tunica |
Carga
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ MSP Airport (ed.). "About MSP". Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ World Airport Codes (ed.). "US Top 40 Airports". Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ Delta Air Lines (ed.). "Delta celebrates new service between Minneapolis-St. Paul to Rome". Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ Air Choice One (ed.). "St. Louis, MO". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ Air France (ed.). "Air France Network". Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Alaska Airlines (ed.). "Flight timetable". Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ Alaska Airlines (ed.). "Alaska Airlines' California growth continues, adding six new nonstop routes from San Diego". Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ Boutique Air (ed.). "Route Map and Schedule". Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ Condor (ed.). "Timetable". Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Delta adds seasonal Minneapolis – Aruba service in W17". Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ 11,0 11,1 Delta Air Lines (ed.). "Routes". Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ nj.com (ed.). "Frontier expanding some routes from Trenton-Mercer Airport". Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ The Denver Post (ed.). "Frontier Airlines announces addition of nine new routes across the nation". Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ Frontier (ed.). "Seasonal routes". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ Icelandair (ed.). "Flights to Minneapolis with a touch of Iceland". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ Business Wire (ed.). "JetBlue Makes Minneapolis 65th Nonstop City Served From Boston as Airline Advances Leadership Position at Logan". Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ MPR News (ed.). "JetBlue to launch flights from MSP starting in May". Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ KLM (ed.). "View the timetable". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ Airways Mag (ed.). "Spirit Airlines Expands In New Orleans". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ Spirit Airlines (ed.). "Where we fly". Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ 21,0 21,1 Cision (ed.). "Sun Country Airlines® Announces New Service To Aruba And Tucson, Arizona". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ 22,0 22,1 Sun Country Airlines (ed.). "Route Map". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
- ↑ Apple Vacations (ed.). "Minneapolis-St. Paul, MN Flight Schedule". Consultado o 29 de xaneiro de 2018.