Saltar ao contido

Albanelaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe que representa o sistema de levantamento de muros por cachotaría
Aínda que irregular, a disposición das pedras na cachotaría non é completamente arbitraria: véxase se non a impresión de estabilidade que causa a imaxe dun muro rotada 90º

A albanelaría[1] é a técnica de colocación de pedras para a construción. Pode subdividirse en:

  • cantaría: técnica de tratamento e golpeo da pedra para darlle forma, tanto na súa extracción coma para darlle formas xeométricas ou figurativas;
  • cachotaría ou cachotería: sistema que consiste en xuntar pedras de formas irregulares; un tipo particular desta é a cachotaría ciclópea.
  • perpiaño: sistema que consiste en xuntar pedras de formas regulares, normalmente paralelepípedos;

Noutras linguas distintas do galego, a clasificación da albanelaría (masonry, en inglés) faise en función de se as pedras que se xuntan levan morteiro (brickwork) ou non (dry stone), aínda que manteñen un expresión para o traballo que se fai nunha soa peza (stone masonry).

Os distintos sistemas de cantaría teñen unha longa tradición na arquitectura popular galega. Dende os cruceiros ou a catedral de Santiago ata as murallas dos castros ou os simples muros de pedra, a arquitectura tradicional leva séculos construíndo obras rechamantes pola súa funcionalidade, importancia ou beleza.

Nomenclatura

[editar | editar a fonte]

As caras que conforman unha peza de perpiaño segundo a súa posición no edificio teñen uns nomes moi específicos no léxico galego, que son:

  1. paramento: é a cara que dá ó exterior;
  2. sobreleito: é a base sobre a que se apoia a pedra por gravidade;
  3. leito: é a cara oposta á base;
  4. xuntas: son os laterais da peza que contactan con outras pedras;
  5. extradorso[2]: é a cara que dá ó interior da construción;

Loxicamente, as formas irregulares da cachotaría impiden que se lle dean uns nomes estables para cadansúas caras. De tódolos xeitos, cómpre dicir que o perpiaño é unha técnica máis moderna cá cachotaría, e pode incluír distintas técnicas con dificultade gradualmente maior, o cal mesmo permite datar relativamente restos arqueolóxicos (por exemplo, no Castelo da Rocha Forte).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para albanelería.
  2. Do italiano "estradosso", este do latín extra, fora, e dorsum, dorso

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]