Alessandro Algardi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1595 Boloña, Italia |
Morte | 10 de xuño de 1654 (58 anos) Roma, Italia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma (1625–1654) Venecia Mantua Boloña |
Ocupación | escultor, arquitecto |
Empregador | Agostino Carracci (pt) Giulio Cesare Conventi (pt) Ludovico Ludovisi (pt) |
Movemento | Barroco |
Profesores | Ludovico Carracci |
Alumnos | Simon Guillain (pt) |
Mecenas | Inocencio X |
Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Algardi, Alessandro, 350) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Alessandro Algardi, nado en Boloña o 27 de novembro de 1598 e finado en Roma o 10 de xuño de 1654, foi un escultor italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na escola de Agostino Carracci, onde demostrou talento para a escultura. No ano 1608 entrou ao servizo do duque de Mantua. Despois dun curto período en Venecia, trasladouse a Roma en 1625, baixo o padroado do cardeal Lodovisi, para o que realiza restauracións de estatuas antigas. A morte do duque déixao nunha situación precaria.
En 1644 cambia a fortuna de Algardi, ao ser empregado por un sobriño do Papa para deseñar a Villa Doria Panfili. Realiza tamén o Momumento ao Papa León XI ou o altorrelevo A fuga de Atila, onde a influencia de Bernini é evidente.
En 1650 coñeceu a Diego Velázquez e trasladouse a España, onde fixo as figuras para a Fonte de Neptuno en Aranjuez e a tumba dos condes de Monterrei, en Salamanca.