Saltar ao contido

Alexandre II de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlexandre II de Escocia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1198 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Haddington, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xullo de 1249 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Kerrera, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMelrose (Escócia) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarca de Escocia
4 de decembro de 1214 – 6 de xullo de 1249
← Guillerme I de EscociaAlexandre III de Escocia → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, monarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMonarca de Escocia Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Dunkeld Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMarie de Coucy (1239 (Gregoriano)–)
Joana de Inglaterra (1221 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosMarjory
 ()
Alexandre III de Escocia
 () Marie de Coucy Editar o valor en Wikidata
PaisGuillerme I de Escocia Editar o valor en Wikidata  e Ermengarda de Beaumont Editar o valor en Wikidata
IrmánsMargaret of Scotland, Countess of Kent
Isabella of Scotland, Countess of Norfolk
Isabella Mac William
Marjorie of Scotland Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Traducir
A biographical dictionary of eminent Scotsmen, 1857 (en) Traducir
The Nuttall Encyclopædia >>>:Alexander II. Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Dunkeld-4 Find a Grave: 8412201 Editar o valor en Wikidata

Alexandre II de Escocia nado en Haddington, East Lothian o 24 de agosto de 1198 e finado en Kerrera o 6 de xullo de 1249. Foi rei de Escocia entre 1214 e 1249.

Selo de Alexandre II de Escocia

Foi fillo de Guillerme o León e Ermengarda de Beaumont. Á morte do seu pai, o 4 de decembro de 1214, sucedeuno no trono, sendo coroado o 6 de decembro dese mesmo ano.

Ao ano seguinte da súa ascensión ao trono, os clans Meic Uilleim e MacHeths, inveterados inimigos da monarquía escocesa, rebeláronse, pero as forzas leais ao trono derrotáronos. Ao mesmo tempo, Alexandre uniuse aos baróns ingleses contra o rei Xoán sen Terra, e enviou tropas para apoialos. Trala morte do rei Xoán, e a conclusión da paz entre o xove sucesor deste, Henrique III, e o rei francés Lois VIII con Alexandre, concertouse o matrimonio do escocés con Xoana Plantagenet, irmá do rei de Inglaterra. O mesmo celebrouse o 18 ou o 25 de xuño de 1221.

Tras sufocar a rebelión do distrito semi independente de Argyll, as forzas leais a Alexandre esmagaron outra rebelión en Galloway en 1235. Tamén resolvéronse as disputas limítrofes con Inglaterra por un compromiso acordado en 1237.

Trala morte da súa esposa, Alexandre volveu a casar o 15 de maio de 1239 con María de Coucy, coa que tivo un único fillo, Alexandre, en 1241.

Un novo intento de invasión inglesa en 1243 interrompeu por breve tempo as boas relacións entre escoceses e ingleses, pero tanto a anticipación de Alexandre a este ataque como os poucos aires bélicos que tiñan os baróns ingleses, levaron a unha pronta conclusión da paz en Newcastle upon TyneNewcastle, en 1244. Tras estes acontecementos, Alexandre volveu a súa mirada cara ás illas occidentais do seu reino, reclamadas como posesión polos noruegueses. Tras intentar negociar ou mercar as illas, intentou disuadir a Ewen, fillo de Duncan, señor de Argyll, de pregarse á causa do rei Haakon IV de Noruega. Ao non conseguilo, dirixiu as súas forzas contra el, pero foi atacado por unha febre na illa de Kerrera, nas Hébridas Interiores, onde finou en 1249.

Sucedeuno o seu fillo, Alexandre III.

Predecesor:
Guillerme I

Rei de Escocia

1214 - 1249
Sucesor:
Alexandre III