Amadora
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Lisboa | ||||
Contén a división administrativa | Alfragide (pt) Encosta do Sol (pt) Falagueira-Venda Nova (pt) Mina de Água (pt) Venteira (pt) Águas Livres (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 175.136 (2011) (7.367,94 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 23,77 km² | ||||
Altitude | 105 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 2700 | ||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | cm-amadora.pt |
Amadora é unha cidade ou concello de Portugal, que pertence ao Distrito de Lisboa, con máis de 175.000 habitantes no 2004. Limita ao nordeste co municipio de Odivelas, ao sueste con Lisboa, ao sur e oeste por Oeiras e ao oeste e norte por Sintra. É a cuarta cidade máis populosa do Estado[1].
Demografía
[editar | editar a fonte]A Amadora mantén unha grande densidade de poboación.
Evolución da poboación de: Amadora desde | |||
1991 | 2001 | 2004 | |
163878 |
181774 | 175872 | 176239 |
Historia
[editar | editar a fonte]Amadora constituíuse ao redor do lugar da Porcalhota, coa Capela Nosa Señora da Concepción da Lapa, sede de irmandade propia que dispuña de bastantes bens.
Serviu durante varios séculos de estancia de veraneo para familias abastadas de Lisboa. A salubridade do sitio, a proximidade da capital, as facilidades de comunicacións e vasta área dispoñíbel para urbanización están na base do desenvolvemento espectacular de construcións en Amadora, que, en zonas determinadas, existen edificios sen permisos legais.
En 1907, a poboación local pideulle ao rei Carlos I de Portugal que permitise o cambio de nome, polo cal o Ministerio do Reino nomeou a poboación de Amadora en 1907. Foi elevada a freguesía dentro do concello de Oeiras en 1916, e feita vila en 1936. O concello de Amadora foi creado o 11 de setembro de 1979, por separación de Amadora e de Venteira, no nordeste do municipio de Oeiras. Días despois, o 17 de setembro de 1979, foi declarada cidade dividíndose nas freguesías de Alfraxide, Brandoa, Buraca, Damaia, Falagueria-Venda Nova, Mina e Reboleira. Nesa ocasión agregouse tamén partes das freguesías de Queluz e de Belas, pertencentes ao concello veciño de Sintra; e perde a localidade de Presa que pasou a formar parte da freguesía de Odivelas, actualmente concello.
En 1997, foron creadas as freguesías de Alfornelos, Falagueira, Venda Nova e São Brás, prefigurando así a actual división municipal.
Entre os seus símbolos máis importantes é o Acueduto das Augas Libres. A outra icona do sitio son os campos de aviación que foron o xermolo da aviación en Portugal. Por iso o escudo presenta os debuxos que posúe.
Freguesías
[editar | editar a fonte]Amadora distribúese nas seguintes freguesías ou parroquias:
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Cultura
[editar | editar a fonte]Deste concello é o grupo de música electrónica Buraka Som Sistema.
Cidades máis poboadas de Portugal[3] | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lisboa Sintra | |||||||||||
Posición | Localidade | Rexión | Pob. | Posición | Localidade | Rexión | Pob. | Vila Nova de Gaia Porto | |||
1 | Lisboa | Lisboa | 555 733 | 11 | Oeiras | Lisboa | 172 120 | ||||
2 | Sintra | Lisboa | 377 835 | 12 | Gondomar | Norte | 168 027 | ||||
3 | Vila Nova de Gaia | Norte | 302 295 | 13 | Guimarães | Norte | 158 269 | ||||
4 | Porto | Norte | 237 591 | 14 | Seixal | Lisboa | 162 592 | ||||
5 | Cascais | Lisboa | 206 479 | 15 | Odivelas | Lisboa | 144 549 | ||||
6 | Loures | Lisboa | 205 054 | 16 | Coímbra | Centro | 143 396 | ||||
7 | Braga | Norte | 181 494 | 17 | Santa Maria da Feira | Norte | 139 312 | ||||
8 | Matosinhos | Norte | 175 478 | 18 | Vila Franca de Xira | Lisboa | 136 886 | ||||
9 | Amadora | Lisboa | 175 136 | 19 | Maia | Norte | 135 306 | ||||
10 | Almada | Lisboa | 174 030 | 20 | Famalicão | Norte | 133 832 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "UMA POPULAÇÃO QUE SE URBANIZA, Uma avaliação recente - Cidades, 2004". Instituto Geográfico Português. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 29 de xuño de 2007.
- ↑ Instituto Nacional de Estatística, ed. (2011). "Estatísticas oficiais".
- ↑ Censo 2011 do Instituto Nacional de Estatística[2]