Saltar ao contido

Anatoli Boukreev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnatoli Boukreev

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1958 Editar o valor en Wikidata
Korkino, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de decembro de 1997 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Annapurna, Nepal Editar o valor en Wikidata
Causa da morteAvalancha Editar o valor en Wikidata
EducaciónChelyabinsk State University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador, escritor, guía de montaña, montañista Editar o valor en Wikidata
Deportealpinismo Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1991ascent of Mount Everest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1378600


Anatoli Boukreev, nado en Korkino o 16 de xaneiro de 1958 e finado no Annapurna o 25 de decembro de 1997, foi un montañeiro de orixe rusa e nacionalidade casaca. Fixo cumio sen axuda de osíxeno suplementario en sete dos catorce cumios de máis de oito mil metros de altitude.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Boukreev formou parte como guía dunha das expedicións comerciais que no mes de maio de 1996 chegaron ó máis alto do monte Everest e que remataría en traxedia[1] por mor do cambio nas condicións meteorolóxicas, o elevado número de escaladores na montaña e diferentes problemas loxísticos. Estes feitos foron recollidos en varios libros como o que o propio escalador escribiría coa axuda de G. Weston De Walt titulado The Climb[2], ou o do escritor norteamericano Jon Krackauer, Into The Thin Air[3]. Ademais dos libros existen varios documentais e reportaxes sobre estes feitos e inclusive unha película Everest[4] (2015) dirixida polo cineasta islandés Baltasar Kormákur e na que o actor Ingvar Eggert Sigurðsson da vida a Boukreev.

O 25 de decembro de 1997 Anatoli Boukreev viuse sorprendido por un alude mentres trataba de completar unha ascensión invernal o Annapurna acompañado polo seu compatriota Dimitri Sobolev e o italiano Simone Moro, que foi o único supervivente e non puido facer nada por auxiliar ós seus compañeiros. O seu corpo nunca foi recuperado.

  1. "La gran tragedia del Everest, 10 de mayo de 1996. Desnivel". desnivel.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-27. 
  2. "Breathless". www.nytimes.com. Consultado o 2016-08-27. 
  3. "Jon Krakauer - Into Thin Air - Trade Paperback". www.jonkrakauer.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-27. 
  4. "Everest (2015)". Consultado o 2016-08-27.