Saltar ao contido

Andreu Fontàs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndreu Fontàs

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Banyoles, España Editar o valor en Wikidata
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Peso89 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaMajor League Soccer Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa central Editar o valor en Wikidata
Número deportivo3 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2007–2008 cesión FC Barcelona B
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1995–2006 CD Banyoles
2006–2007 cesión   Girona FC
2008–2011   FC Barcelona B 72(2)
2009–2013   FC Barcelona 8(0)
2012–2013 cesión   RCD Mallorca 9(0)
2013–2018   Celta de Vigo 105(2)
2018– Sporting Kansas City 2(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2008   España sub-19 2(0)
2009–2009   España sub-20 9(0)
2010–   Cataluña 9(0)
2010–2011   España sub-21 3(0)

FIFA: 312644 UEFA: 250000862 Editar o valor en Wikidata

Andreu Fontàs Prat, nado en Banyoles (Xirona) o 14 de novembro de 1989, é un futbolista español. Xoga de defensa central e o seu actual equipo é o F.C Kansas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fontàs formouse no Club Deportiu Banyoles da súa cidade natal. Tras once anos no club, a tempada 2006-07 foi cedido ao Girona FC, inicialmente para xogar no xuvenil, aínda que a súa rápida progresión levoulle a debutar co primeiro equipo, en Terceira División no tramo final desa tempada.

Tras recibir ofertas de múltiples equipos de Primeira División como o Atlético de Madrid e o RCD Espanyol, finalmente o verán de 2007 fichou polo FC Barcelona, para xogar no Xuvenil A do club azulgrana. Foi o capitán do equipo, que esa tempada proclamouse subcampión da Copa do Rei da súa categoría.

Durante a tempada 2008-09 dió o saltou ao FC Barcelona B, en Segunda División B. Acabou converténdose nun dos titulares indiscutibles do equipo de Luis Enrique, disputando un total de 19 partidos. Esa mesma tempada tivo a ocasión de debutar co primeiro equipo; foi o 8 de setembro de 2008, con motivo das semifinais da Copa Cataluña ante a UE Sant Andreu. Foi tamén convocado por Pep Guardiola para o encontro da 36ª xornada de Primeira División, ante o Real Mallorca, aínda que finalmente quedou no banco.

O verán de 2009 realizou a pretemporada co primeiro equipo azulgrana, xogando varios partidos amigables. Foi tamén convocado para disputar a Supercopa de España ante o Athletic Club, aínda que quedou no banco, e a Supercopa de Europa ante o FC Shakhtar, aínda que neste partido foi finalmente descartado.[1]

O seu debut en Primeira División chegou o 31 de agosto de 2009, ante o Sporting de Xixón no Camp Nou. Fontàs saltou ao terreo de xogo no minuto 84, substituíndo a Gerard Piqué.

O 20 de novembro do ano 2010 debutou os 91 minutos de partido contra o Almería substituíndo a Gerard Piquei e sendo partícipe da goleada mítica (0-8) do equipo azulgrana. O 7 de decembro do ano 2010 marca o seu primeiro gol (1-0) en Champions League ante o Rubin Kazan. O 17 de marzo de 2011 o Futbol Club Barcelona anunciou a súa incorporación ao persoal do primeiro equipo debido á baixa de Éric Abidal por mor dun tumor hepático.[2] O 4 de xullo confírmase a renovación do seu contrato ata 2012 e que formará parte definitivamente do primeiro persoal blaugrana na tempada 2011-12.

O 17 de outubro de 2011, Fontàs renova ata 2015 co Barcelona.[3]

O 12 de xaneiro de 2012, Fontàs sofre unha lesión do ligamento cruzado do xeonllo dereito, ao minuto 13 de xogo contra o Club Atlético Osasuna en xogo de Copa do Rei, deixándoo fóra do que resta da tempada. Foi intervido cirurxicamente o sábado 21 de xaneiro do 2012 e será baixa por 6 meses.[4]

O 15 de outubro de 2012, o FC Barcelona confirma a cesión de Fontàs ao RCD Mallorca polo que resta de tempada.[5]

No verán de 2013 confirmase a fichase do xogador catalán polo Celta de Vigo, adestrado polo adestrador que o dirixira no FC Barcelona B, Luis Enrique, por un prezo en torno ao millón de euros en función do número de encontros disputados.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional en varias ocasións coa selección sub-19 de España, coa que se proclamou campión da XXXIVa Copa do Atlántico.

Coa selección sub-20 obtivo a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos, disputados en Pescara en 2009.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Supercopa de España FC Barcelona España 2010
Liga de Primeira División FC Barcelona España 2010
Liga de Primeira División FC Barcelona España 2011
Copa do Rei FC Barcelona España 2012

Campionatos internacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos Selección sub-20 España 2009
Liga de Campións FC Barcelona Londres 2011
Supercopa de Europa FC Barcelona Mónaco 2011
Copa Mundial de Clubs da FIFA FC Barcelona Iocoama 2011
Título Club País Ano
Copa do Atlántico Selección sub-19 España 2008
Copa Audi FC Barcelona Alemaña 2011
  1. "O Barça-Shakhtar, en anécdotas". SPORT. 
  2. "Fontàs, un recambio de garantías". www.fcbarcelona.com. 17 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2011. Consultado o 18 de marzo de 2011. 
  3. "Fontàs, ata 2015: "Isto dáche forzas"". www.fcbarcelona.com. 17 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2011. Consultado o 17 de outubro de 2011. 
  4. "Fontàs, operado, estará 6 meses de baixa". www.europapress.es. 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de xaneiro de 2012. 
  5. Marca.com, ed. (15 de outubro de 2012). "Fontàs xogará cedido no Mallorca". Consultado o 15 de outubro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]