Andrew Murray (botánico)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1812 Edimburgo (Reino Unido) |
Morte | 10 de xaneiro de 1878 (65 anos) Kensington (Reino Unido) |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, avogado, zoólogo, entomólogo |
Empregador | Universidade de Edimburgo |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | A.Murray bis |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron New Encyclopedic Dictionary (en) |
Andrew Dickson Murray, nado en Edimburgo o 19 de febreiro de 1812 e finado en Kensington, barrio do municipio de Kensington e Chelsea, no Gran Londres, o 10 de xaneiro de 1878, foi un botánico e entomólogo escocés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1857 Murray foi nomeado profesor de Historia Natural no New College de Edinburgo e, nese mesmo ano, foi elixido membro da Royal Society.
Foi académico da Real Sociedade de Edimburgo (FRSE) sendo, entre 1858 e 1859 o seu presidente.
En 1861 trasladouse a Londres, onde foi membro da Sociedade linneana de Londres, e secretario da Royal Horticultural Society, da que fora elixido membro científico en 1877.
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]- 1849-1859 - Botanical expedition to Oregon.
- 1863 - Catalogue of the Coleoptera of Scotland.
- 1863 - The Pines & Firs of Japan.
- 1863-1884 - The Pinetum britannicum.
- 1866 - The Geographical Distribution of Mammals.
- 1870 - "On the geographical relations of the chief coleopterous faunae". J. Linn. Soc. 11: 1-89.
- 1877 - Economic Entomology.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura A.Murray emprégase para recoñecer a Andrew Dickson Murray como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Andrew Murray |