Anfiteatro de Tarraco
Tipo | anfiteatro romano estrutura romana | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Conxunto arqueolóxico de Tarraco Tarraco | |||
Localización | ||||
División administrativa | Tarragona, España | |||
Localización | Cidade de Tarragona | |||
| ||||
Características | ||||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 5 de agosto de 1924 | |||
Identificador | RI-51-0000298 | |||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Tipo | Monumentos do patrimonio histórico de España | |||
Codi BCIN | 208-MH | |||
Codi BIC | RI-51-0000298 | |||
Id. IPAC | 225 | |||
Id. IPAPC | 13135 | |||
O anfiteatro de Tarraco é un edificio romano construído preto do mar, tras a muralla da cidade de Tarraco (actual Tarragona), capital da provincia romana Hispania Citerior Tarraconensis. Constitúe, xunto con outras localizacións, o conxunto arqueolóxico de Tarraco, que forma parte do Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000, sendo o seu código de inscrición 875-007.
A función do anfiteatro
[editar | editar a fonte]Nel tiñan lugar todo tipo de espectáculos, coma a munera (loita de gladiadores), as venationes (loitas con animais) e as execucións públicas. Construíuse preto do mar na parte baixa da cidade para proporcionar un aceso doado ao público asistente as funcións e facilitar o desembarco na praia dos animais empregados. No ano 259, Fructuoso de Tarragona e os seus diáconos foron martirizados neste lugar, feito que foi conmemorado no século VI mediante a construción dunha basílica visigoda adicada a estes mártires na propia situación do anfiteatro.
Características técnicas
[editar | editar a fonte]- Data de construción: século II d.C.
- Capacidade: 14.000 persoas
- Forma arquitectónica: elipse
- Dimensións: 109,5 x 86,5 metros (en forma elíptica)
- Estancias: Baixo a area onde tiñan lugar os espectáculos atopábanse as fossae ou estancias subterráneas para os animais e os gladiadores, que contaban cun montacargas para erguelos ata a area do anfiteatro. A cavea era a bancada e estaba dividida en tres maenianae ou sectores, separados por muros e corredores para distribuír aos espectadores segundo a súa clase social. Un podium de 3,25 metros de altura separaba a area das bancadas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Conxunto arqueolóxico de Tarraco
- Circo romano de Tarraco
- Acueduto de les Ferreres
- Arco de Berà
- Muralla de Tarragona
- Torre dos Escipións
- Teatro romano de Tarraco
- Foro romano de Tarraco
- Cemiterio paleocristián de Tarragona
- Canteira romana de El Médol
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anfiteatro de Tarraco |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Concello de Tarragona
- Páxina do Museo de Historia de Tarragona Arquivado 08 de abril de 2018 en Wayback Machine.
- Tarragona - Información histórica e cultural de Tarraco, capital da Hispania Citerior na época de dominación romana
- Información Foro Romano de Tarragona en España é cultura, Ministerio de Cultura Arquivado 28 de decembro de 2016 en Wayback Machine.
- Páxina turística de Tarragona (en catalán)
Información relacionada
[editar | editar a fonte]- Páxina sobre o anfiteatro de Mérida (en castelán) Arquivado 29 de novembro de 2009 en Wayback Machine.