Anoeschka von Meck
Biografía | |
---|---|
Nacemento | marzo de 1967 (57 anos) Mariental, Namibia (pt) |
Educación | Universidade de Cidade do Cabo Universidade de Stellenbosch (pt) Saddleback College (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista |
Anoeschka von Meck, nada en Mariental en 1967, é unha escritora namibia en lingua afrikaans.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Descendente de alemáns, viviu durante un tempo en Henties Bay.[1] En 1983 mudouse aos Estados Unidos de América para rematar os estudos secundarios na Lynchburg Christian Academy en Lynchburg (Virxinia).[2] Despois proseguiu os estudos no Saddleback College en Mission Viejo (California), e despois en San Francisco estudou bioloxía mariña e relixións comparadas. Mentres vivía nos Estados Unidos gañou o Golden Poet Award, concedido pola International Poetry Society.[1]
Von Meck regresou a África e estudou arqueoloxía e relixión na Universidade de Cape Town, e Exiptoloxía na Universidade Stellenbosch.[1] Traballou como matrona nunha casa infantil e como xornalista.[2] Foi reporteira para o Die Republikein.[1]
En 2994 publicou a súa primeira novela, Vaselinetjie, coa que gañou o premio Rapport/Jan Rabie a novas voces en afrikaans, o Premio MER para literatura nova, e o Premio M-Net a textos curtos en afrikaans.[2] Se ben a novela acadou Premio MER, a intención da autora non era dirixir a obra ao público novo[3] Vaselinetjie é a historia dunha nena abandonada atipada a carón das vías do tren na costa, e adoptada por unha parella de Kleurling ("xente de color")[1]. A protagonista, Vaseline, recibe o seu nome pola súa pel brillante, debido a que os seus avós lle botaron vaselina na pel para evitar que ficase seca por mor do Sol.[3] Vaselinetjie foi adaptada a teatro, estreada en Cape Town en 2010.[2] En 2017 foi adaptada ao cinema.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]- Annerkant die Longdrop, 1998
- Vaselinetjie, 2004
- Essie Honiball - Die Ontwaking, 2010
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Pilander, F. (29 de xuño de 2001). "Namibian Woman Excels As Film Writer". The Namibian. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2008. Consultado o 28 de outubro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Anoeschka von Meck". Tafelberg Publishers. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2019. Consultado o 28 de outubro 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Beckett, S. L. (2010). Crossover Fiction: Global and Historical Perspectives. Routledge. p. 130. Consultado o 28 de outubro de 2016.
- ↑ "Vaselinetjie (film review)". Channel24. Consultado o 15 de setembro de 2017.