Saltar ao contido

António Óscar de Fragoso Carmona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntónio Óscar de Fragoso Carmona

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1869 Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte18 de abril de 1951 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
11º Presidente de Portugal
16 de novembro de 1926 – 18 de abril de 1951
← Manuel de Oliveira Gomes da Costa (pt) TraducirFrancisco Craveiro Lopes (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Militar Portuguesa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, escritor, militar, revolucionario Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1889 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoUnión Nacional Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Portugués Editar o valor en Wikidata
Rango militarmariscal Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaria do Carmo Ferreira da Silva Carmona Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLista de Ditadores de SourceWatch Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Fragoso_Carmona-1 Find a Grave: 13107862 Editar o valor en Wikidata

António Óscar de Fragoso Carmona, nado en Lisboa o 24 de novembro de 1869 e finado na mesma cidade o 18 de abril de 1951, foi un político e militar português, décimo primeiro Presidente da República Portuguesa (primeiro do Estado Novo).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo e neto de militares. Estudou no Colexio Militar de Lisboa entre 1882 e 1888 e na Escola do Exército entre 1889 e 1892, saíndo como oficial de Cabalería. Era republicano e masón.

O 15 de outubro de 1910 foi nomeado membro da Comisión de Reestruturación do Exército polo goberno revolucionario republicano. Foi instrutor da Escola Central de Oficiais (1913-1914), director da Escola Práctica de Cabalería de Torres Novas (1918-1922) e Comandante da IVª División situada en Évora (1922-1925). Foi ministro de Guerra entre o 15 de novembro e o 18 de decembro de 1923, no goberno de Ginestal Machado.

Tralo golpe militar do 28 de maio de 1926, o 3 de xuño foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores. O 9 de xullo, trala caída do xeneral Gomes da Costa, foi nomeado ministro de guerra. O 26 de novembro de 1926 foi nomeado por decreto Presidente da República. Aínda no marco da ditadura militar, deu inicio ao período da Ditadura Nacional, sendo elixido de novo en 1928. Trala aprobación da Constitución de 1933, foi reelixido en 1935, 1942 e 1949.

Se ben acadara o posto de xeneral do exército en 1922, en 1947 concedéuselle o título honorífico de mariscal.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]