António Carvalho de Silva Porto
Nome orixinal | (pt) António Carvalho da Silva |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de novembro de 1850 Porto, Portugal |
Morte | 1 de xuño de 1893 (42 anos) Lisboa, Portugal |
Lugar de sepultura | Cemitério do Alto de São João (pt) |
Outros nomes | Silva Porto |
Educación | Escola Nacional Superior de Belas Artes Escola Superior de Belas-Artes do Porto (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Ocupación | pintor |
Membro de | |
Movemento | Naturalismo (pt) |
Profesores | Alexandre Cabanel, Charles-François Daubigny, Carlos Reis (pt) , João Vaz (pt) e Adolphe Yvon |
Alumnos | Fanny Munró |
Premios | |
António Carvalho de Silva Porto, nado o 11 de novembro de 1850 e finado o 1 de xuño de 1893, foi un pintor naturalista portugués.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no Porto, estudou alí con João António Correia e Tadeu de Almeida Furtado, para logo continuar os seus estudos en París e Roma.
Estando en París expuxo a súa obra no Salón e na Exposición Universal de 1878. En París, estudou co seu amigo João Marques de Oliveira, onde foron alumnos de Adolphe Yvon e Alexandre Cabanel . Fixéronse seguidores da escola naturalista de Barbizon e trouxeron a nova escola de pintura a Portugal, cando regresaron en 1879.
Silva Porto converteuse nun dos pintores naturalistas máis aclamados da súa xeración, mostrando a herdanza de Jean-Baptiste-Camille Corot e Charles-François Daubigny. Ás veces pódense atopar efectos do impresionismo nas súas pinturas.
Morreu aos corenta e tres anos, en 1893, en Lisboa. A súa obra está representada no Museo do Chiado, en Lisboa, e no Museo Nacional Soares dos Reis, no Porto.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Ir ao mercado, 1886
-
Un lugar tranquilo na praia
-
No Pozo, óleo sobre papel
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "António da Silva Porto - 19 obras de arte - pintura". www.wikiart.org. Consultado o 2022-08-17.