Apófise estiloide do radio
Aparencia
Apófise estiloide do radio | |
---|---|
Apófise estiloide sinalada | |
Latín | processus styloideus radii |
Gray's | pág.220 |
A apófise estiloide é unha apófise da epífise distal do óso radio. Ten forma cónica e segue un traxecto oblicuo descendente, máis reforzada na base, que é o punto de unión ao resto do óso.
Na súa base insírese o músculo braquiorradial e no seu vértice, o ligamento lateral externo do pulso. Na superficie lateral hai marcas de paso dos tendóns do músculo abdutor longo do polgar e do músculo extensor curto do polgar.
A rotura desta apófise denomínase fractura de Chauffeur[1]. Adoita producirse pola compresión do escafoide contra o radio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.