Apis florea
Aparencia
Apis florea | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Obreira da especie Apis florea. | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Apis florea Fabricius, 1787 | |||||||||||||||||||||||
Distribución de Apis florea.
|
Apis florea é unha das dúas especies de abella do mel pequenas, unha especie salvaxe que habita no sur e sueste de Asia. Ten unha distribución máis ampla que a súa especie irmá, Apis andreniformis.
É a especie máis pequena de abellas do xénero Apis, en canto a tamaño do seu corpo.[1] Unha obreira mide tipicamente de 7–10 mm de lonxitude corporal, e a súa plena coloración é parda avermellada.[2] Unha colonia de Apis florea consiste nun só favo, que na súa parte superior rodea unha póla ou obxecto do cal se sostén.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Y. R. Wu & B. Kuang (1987). "Two species of small honeybee - a study of the genus Micrapis". Bee World 68: 153–155.
- ↑ Oldroyd, Benjamin P., Siriwat Wongsiri. Asian honey bees: biology, conservation, and human interactions. Harvard University Press, 2009.
- ↑ Gupta, Rakesh Kumar. Beekeeping for Poverty Alleviation and Livelihood Security. N.p. 2014. Web.