Appenzell
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado federado | Suíza | |||
Cantóns | Appenzell Interior | |||
Bezirk (pt) | Schwende-Rüte (en) | |||
Distrito | Schwende | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 5.750 (2014) (341,04 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 16,86 km² | |||
Altitude | 778 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 9050 | |||
Lugar do Patrimonio suízo | ||||
Identificador | ISOS 0378 | |||
Sitio web | appenzell.org |
Appenzell (en francés Appenzell e en italiano Appenzello) é unha comuna e distrito suízo, capital do cantón de Appenzell Interior.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A comuna-distrito de Appenzell atópase situada nos Prealpes appenzellenses, a 780 m, aos pés do macizo do Säntis, o monte máis alto de toda a cadea montañosa do cantón. Limita ao norte coa comuna de Schlatt-Haslen, ao nordés con Gais (AR), ao leste con Rüte, ao sur con Schwende, e ao oeste con Gonten.
O distrito inclúe as localidades de Kau, Mendle, Mettlen, Rinkenbach e Sammelplatz, así como a localidade de Appenzell, a cal se acha esparexida nos distritos de Appenzell, Schwende e Rüte, aínda que a maior parte se atopa no distrito de Appenzell.
Imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fonte de auga da praza onde se reúne o pobo para o voto popular
-
Igrexa de San Mauricio (Sankt Maurizius) no centro da cidade
-
Casa do concello
-
A cidade de Appenzell na crónica de Johannes Stumpf do ano 1548
Historia
[editar | editar a fonte]En 1071 menciónase por primeira vez a vila baixo o nome de Abbacella. En 1223 menciónase como Abbatiscella, o que significa a cela do abade.
Como o pobo está dividido en varios distritos, xa no século XVI se formou a Feuerschaugemeinde para unir os servizos públicos, como os bombeiros, a subministración de auga ou a electricidade, nunha institución común.
Turismo
[editar | editar a fonte]A pesar de ser un lugar afastado, o distrito está ben comunicado por ferrocarril e por estrada desde Gossau e Sankt Gallen. É un centro turístico, grazas á conservación do patrimonio arquitectónico que lle dá un aire pintoresco. Ademais, pódense atopar todo tipo de souvenirs dos Alpes. É un punto preferido para o comezo de excursións á rexión dos Grisóns e do lago de Constanza.