Ariamnes I de Capadocia
Aparencia
Ariamnes I (en grego, Ἀριάμνης: Ariámnes) foi un sátrapa de Capadocia durante o imperio persa[1] que gobernou entre o 362-350 a.C.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Datames e tivo dous fillos: Ariarates I e Orofernes (ou Holofernes)
Diodoro Sículo expón que Ariamnes gobernou cincuenta anos o que semella un erro posto que Datames gobernou entre o 385-362 a.C. e seu fillo Ariarates I gobernou entre 350-331 a.C. e morreu como consecuencia dunha guerra civil.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Guillemin, Jean Jacques (1858). Historia antigua (en castelán). Barcelona: imprenta de Narciso Ramírez.
- Hazel, John (2000). Who's Who in the Greek World. Serie: Who's Who (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 978-0415260329.
- Smith, William (editor); Dicionario de Biografía grega e Romana e Mitoloxía, "Ariamnes I", Boston (1867)