Askatuak SBT
Cafés Aitona Askatuak | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | 1ª División (Autonómica) |
Fundación | 1975 |
Cores | Azul, branco |
Presidente | Iñaki Almandoz |
Localización | |
Cidade | Donostia, España |
Pavillón | José Antonio Gasca |
Capacidade | 2 500 |
askatuak.com |
O Askatuak Saski-Baloi Taldea (do éuscaro: Club Askatuak de Baloncesto), coñecido como Cafés Aitona por motivos de patrocinio, é un club profesional de baloncesto da cidade de Donostia, Guipúscoa. Na actualidade compite na Primeira División, quinta categoría do baloncesto español. O Askatuak foi o primeiro equipo vasco en participar en competicións europeas ao xogar as edicións de 1978 e 1979 da Copa Korać.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundación
[editar | editar a fonte]O pai do actual Askatuak foi Josean Gasca, adestrador, pioneiro e promotor do baloncesto na cidade de Donostia. Gasca fora o fundador en 1958 do Club Atlético San Sebastián, un club polideportivo no que o baloncesto foi a sección fundadora do Club e polo tanto desempeñou un papel predominante nos seus inicios. O Atlético San Sebastián baixo a batuta deportiva de Gasca chegou a alcanzar a Primeira División da Liga Española de Baloncesto en 1967, mais após tres temporadas na elite, o equipo acabou descendendo e en 1973 a sección de baloncesto do Atlético San Sebastián quedou desmantelada.
Por aquela mesma época formouse un potente equipo de baloncesto afeccionado na veciña localidade de Rentería, o Don Bosco, formado ao redor dun instituto de formación profesional dos Salesianos situado da devandita localidade. Con patrocinio da Caixa de Aforros Provincial de Guipúscoa, o Don Bosco proclamouse campión de España de Terceira División e logrou o ascenso a Segunda división. En 1975, a Segunda División ía ser por primeira vez un campionato unificado a nivel de toda España. Con todo, o Don Bosco quedou sen patrocinio da Caixa de Aforros para afrontar o seu periplo en Segunda División. Foi entón cando Josean Gasca, que por aquel entón deu por finalizada a súa experiencia como adestrador en Francia, montou a empresa Promosport, que comprou a praza do Don Bosco en Segunda División facéndose cargo da débeda do equipo. Atopou como patrocinador á empresa Dicoproga e armou un equipo formado, en parte, polo persoal do Don Bosco e por xogadores que militaran no antigo Atlético San Sebastián tales como Segundo Azpiazu e Santiago Zabaleta así como por un americano, Ed Robota. O Club Dicoproga de Baloncesto comezou a súa andaina cun éxito rotundo no seu primeiro ano de existencia, na temporada 1975−1976, logrando o ascenso á Primeira División ao primeiro intento despois de quedar campión da liga Nacional de Segunda División.
Debut en Primeira
[editar | editar a fonte]O club debutou na Primeira División na temporada 1976−1977 baixou o nome de Dico's. O seu debut foi excelente, xa que quedou empatado co Joventut de Badalona na quinta praza e obtivo o pasaporte para xogar a Copa Korać. Tras a súa primeira tempada entre a elite do baloncesto español, o equipo quedou sen patrocinador. Ao ano seguinte, en plena transición española o club adoptou o seu nome definitivo, Askatuak Saski-Baloi Taldea - Club Askatuak de Baloncesto, onde askatuak significa os libres en éuscaro. Gasca ficha a un xogador americano, Essie Hollis que se converte na gran sensación do baloncesto español na tempada 1977−1978 pola súa capacidade anotadora e os seus espectaculares mates. Hollis convértese no máximo anotador da liga, promediando case 40 puntos por partido e levando ao equipo de novo á sexta praza e a obter un posto na Copa Korać. Hollis abandonou o club ao finalizar a campaña para probar sorte na NBA. Na campaña 1978−1979, o club continua sen patrocinador e con dificultades económicas. A pesar de substituír a Essie Hollis por outro gran xogador americano, Nate Davis, o equipo acaba descendendo.
Retorno á ACB
[editar | editar a fonte]O Askatuak cae da Primeira á Primeira B e de aí á Segunda División. En 1982 falece Josean Gasca, a alma mater do club, o que supón un duro golpe para Askatuak. Iñaki Almandoz tomaría as rendas da dirección do Club. Cando a tendencia do club parecía moi negativa, na temporada 1984−1985 o Askatuak proclámase campión de Segunda e volve á Primeira B, categoría inmediatamente anterior á máxima división , a Liga ACB. Finalmente na temporada 1987−1988, e sen contar con patrocinador, o Askatuak, da man dos norteamericanos Abdul Jeelani e Lance Berwald e baixo a dirección de Boliche Domínguez logra a volta á máxima competición nacional. Porén, o seu paso pola ACB é fugaz e, baixo o nome e patrocinio de Caja Guipúzcoa, disputa unha única campaña na que perde a categoría.
Desde o seu descenso en 1988 o Askatuak veu pelexando nas categoría inferiores do baloncesto español coa esperanza de retornar algunha vez á liga ACB. Na temporada 1997−1998, en Liga LEB, o club acaba sétimo de trece na liga Regular e disputa o playoff de ascenso á liga ACB. Porén, foi eliminado en cuartos de final polo Melilla Caja Rural. Desde 1989 foi a vez que máis preto estivo do retorno á elite. A falta de patrocinador obrigou ao club a descender un chanzo e volver á Liga EBA, categoría na que era viábel manterse economicamente. Desde aquela o club mantense entre a LEB Prata, a Liga EBA, a 1ª ou a 2ª División nacional.
Patrocinios
[editar | editar a fonte]Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Dicoproga (1975−1976)
- Dico's San Sebastián (1976−1977)
- Askatuak Egin (1978−1979)
- Askatuak Erosi (1980−1981)
- Bodegas Remondo (1983−1985)
- Pacharan Navarra (1985−1987)
- Caja Guipúzcoa (1989−1990)
- Loiola '91 (1990−1991)
- Cafés Aitona (1998−2001)
- Cafés Aitona (2003−presente)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Historial
[editar | editar a fonte]A seguinte lista reflicte o historial do Askatuak na máxima categoría.
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1976–77 | 1 | 1ª División | 5º | 10–12 | Primeira rolda | |||||
1977–78 | 1 | 1ª División | 6º | 7–3–12 | Cuartos de final | 3 Copa Korać | PR | 0–2 | ||
1978–79 | 1 | 1ª División | 12º | 3–19 | Oitavos de final | 3 Copa Korać | SR | 1–1 | ||
1988–89 | 1 | ACB | 24º | 10–33 | Primeira rolda |