Associaçom de Estudos Galegos
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Associaçom de Estudos Galegos | |
---|---|
Tipo | asociación cultural e regulador lingüístico |
Data de fundación | 2016 |
Sede | Santiago de Compostela |
Enderezo | Rua do Espírito Santo, n.º 21, C.P. 15704 |
País | Galicia |
Na rede | |
https://aeg.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Associaçom de Estudos Galegos (AEG) é un colectivo cívico-cultural, científico e laico sen fins de lucro que ten por obxectivo fundamental estabelecer e regular, a través do seu órgano académico Comissom Lingüística da AEG, unha norma do galego que, con criterio reintegracionista, sexa esencialmente solidaria e convenientemente autónoma en relación ás normas idiomáticas en uso na área lingüística e cultural galego-luso-africano-brasileira, ben como organizar actividades e elaborar materiais concibidos para a promoción social do galego e de tal padrón lingüístico galego. A AEG naceu en 2016 na secuencia da dimisión da maior parte dos membros da Comissom Lingüística da AGAL, após o novo Consello desa Asociación ter promovido, en contra do criterio prevalecente naquela Comisión, a chamada "aglutinación normativa", que pretende fusionar a norma galega reintegracionista, tradicionalmente defendida pola AGAL e agora promovida pola AEG, coa norma lusitana.
O primeiro Presidente da AEG (2016-2021) foi o economista Joám Lopes Facal, sucedido no cargo polo filólogo Jorge Rodrigues Gomes. Presidente da Comissom Lingüística da AEG, desde 2016, é o lingüista Carlos Garrido Rodrigues, tendo actuado como Secretario da Comissom, entre 2016 e 2021, Jorge Rodrigues, e, a partir de 2022, o filólogo Diego Bernal.
A AEG, que dispón do sitio internético www.aeg.gal, edita a revista cultural Kallaikia: Revista de Estudos Galegos, coordenada por Maurício Castro e que publica traballos de investigación e de alta divulgación nos campos da filoloxía, da historia, da economía, da política, da arte e das ciencias naturais. A Comissom Lingüística da AEG ten até agora elaborado e publicado as seguintes obras: Dicionário Galego do Futebol: Galego-Português, Espanhol, Inglês, Alemám (2016), Dicionário Galego do Basquetebol: Galego-Português, Espanhol, Inglês (2016), Comparativa dos Três Padrons: Galego, Luso, Brasileiro (I–V) (2017), Compêndio Atualizado das Normas Ortográficas e Morfológicas do Galego-Português da Galiza (2017) e Prontuário de Apelidos Galegos (2019).
Fundación
[editar | editar a fonte]O sábado día 16 de xaneiro de 2016, tivo lugar na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela o acto de presentación da Associaçom de Estudos Galegos (AEG). Esta nova organización prometeu traballar para a "padronización da nosa lingua a nivel académico, científico e social", misión que se realizará a partir de "unha aposta clara na plena soberanía nacional e lingüística do noso povo"
Membros fundadores
[editar | editar a fonte]O grupo promotor da asociación está formado polas seguintes persoas:[1]
- Afonso Mendes Souto. A Coruña.
- Alba Marinha Souto. Santiago de Compostela.
- Álvaro Garrido Rodrigues. Ourense.
- Beatriz Bieites. Santiago de Compostela.
- Carlos Garrido Rodrigues. Vigo.
- Dores Valcárcel Guitiám. A Coruña.
- Eva Cortinhas Ferreira. A Mariña.
- Gonçalo Gonçales. Múnic, Alemaña.
- Helena Sabel. Santiago de Compostela.
- Jacobe Pintor. Lugo.
- Jesus Miguel Conde. Vigo.
- Joám Lopes Facal. Costa da Morte.
- Joám Luís Ferreiro Caramês. Ferrol.
- Jorge Rodrigues Gomes. Vigo.
- José A. Corral Iglésias. A Coruña.
- José António Souto Cabo. Santiago de Compostela.
- José Cadaveira. Santiago de Compostela.
- Luzia Jurjo. Santiago de Compostela.
- Maca Igrejas. Santiago de Compostela.
- Marcos Lopes. Santiago de Compostela
- Maria Vila Verde. Lugo.
- Maurício Castro Lopes. Ferrol.
- Paulo Painceiras. Santiago de Compostela.
- Paulo Valério Árias. A Coruña.
- Pim Patinho Penya. Ferrol.
- Raquel Paz Lopes. Narón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PGL (15 de xaneiro de 2016). "Apresentaçom pública da Associaçom de Estudos Galegos (AEG)". Consultado o 3 de marzo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da AEG
- Todos os artigos marcados como "Associaçom de Estudos Galegos" Arquivado 23 de abril de 2022 en Wayback Machine.