Astérix lexionario
Astérix lexionario | |
---|---|
Título orixinal | Astérix légionnaire |
Autor/a | René Goscinny |
Ilustrador/a | Albert Uderzo |
Cuberta | Albert Uderzo |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Colección | Astérix |
Xénero(s) | Banda deseñada |
Editorial | Dargaud Mas-Ivars |
Data de pub. | 1967 1976 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 48 |
ISBN | ISBN 84-85146-25-5 |
Precedido por | Astérix e os normandos |
Seguido por | Le Bouclier Arverne |
Tradución | Eduardo Blanco Amor (1976) Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Astérix lexionario[1] (en francés: Astérix légionnaire) é o décimo volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi publicado por vez primeira de forma serializada na revista Pilote nos números 368-389, en 1966,[2] e como álbum en 1967.
Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1976.[1] A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor".[3][4] En outubro de 2022, publicouse unha nova tradución de Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar para Edicións Xerais co mesmo título.[5]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Todo comeza cando Astérix e Obélix coñecen a Falbalá, é entón cando Obelix se namora a simple vista dela. Pouco despois chega unha mensaxe que di que Tragicomix (esposo de Falbalá) foi recrutado polos romanos para ser lexionario, é entón cando Asterix e Obelix deciden ir a Condate ao cuartel xeral da lexión Romana para que lles digan onde esta Tragicomix, hai un problema se Astérix e Obélix queren rescatar a Tragicomix deberán alistarse na lexión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Astérix lexionario. Traducido por Eduardo Blanco Amor (1ª ed.). Valencia: Mas-Ivars. 1976. ISBN 84-85146-25-5 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Asterix the Legionary - Asterix - The official website". www.asterix.com (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2018.
- ↑ blog.xerais.gal, ed. (13 de outubro de 2017). "O novo de Astérix, en galego o 19 de outubro da man de Xerais". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2019.
- ↑ "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.
- ↑ "Ficha de Astérix lexionario". Edicións Xerais. Consultado o 11 de outubro de 2022.