Aurelio Fernández Morales
Biografía | |
---|---|
Morte | 21 de outubro de 1943 A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político |
Aurelio Fernández Morales, finado na Coruña o 21 de outubro de 1943,[1] foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Fernández, que foi concelleiro e tenente de alcalde da Coruña. Formou parte do Partido Republicano Autónomo en 1918[2] e foi concelleiro da Coruña e primeiro tenente de alcalde. En 1921 volveu ser elixido primeiro tenente de alcalde da Coruña.[3] Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro da Coruña e elixido sétimo tenente de alcalde o 1 de outubro de 1923.[4] En 1930 participou no Pacto de Lestrobe. Presentouse ás eleccións a Cortes de 1931 pola provincia da Coruña encadrado no Partido Radical. Foi presidente do Comité provincial do Partido Radical e da Sociedade Alianza Republicana da Coruña. Foi presidente do Partido Republicano Radical da Coruña en 1932.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na Coruña con Nieves Ramos Paz en 1913.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 22-10-1943, p.2, 3.
- ↑ El Orzán, 13-2-1918, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 11-8-1921, p. 2.
- ↑ Galicia. Diario de Vigo, 2-10-1923, p. 1.
- ↑ El Correo Gallego, 14-10-1932, p. 1.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 9-7-1913, p. 1.