Saltar ao contido

Auxina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Auxina:Ácido indol 3-acético.
Auxina:Ácido indol 3-butírico.

As auxinas (/ks/) son substancias naturais ou sintéticas que teñen como característica actuar como hormonas vexetais, polo que en concentracións moi febles provocan diversos efectos fisiolóxicos entre os que destaca o crecemento. A típica auxina é o ácido indol-3-acético. Outras auxinas, moi usadas para o desenvolvemento de raíces polas plantas son o ácido indol butírico e o naftil acético.