Saltar ao contido

Bandeira de Tunisia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Tunisia
Bandeira de Tunisia
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción1831
Cores     Vermello     Branco

A bandeira de Tunisia é un pano de cor rubia cun círculo branco na zona central que contén unha lúa crecente e unha estrela de cinco puntas rubias. As súas proporcións son 2:3.

A bandeira nacional de Tunisia non sufriu grandes mudanzas desde que foi adoptada en 1831 polo bey (monarca) tunisiano Hassine I. A lúa crecente e a estrela son símbolos tradicionais do islam e indican que Tunisia formou parte do Imperio Otomán. A cor vermella tamén foi tomada dos otománs. A bandeira nacional recuperouse coa independencia de Francia (20 de marzo de 1956), que fora cambiada en 1881 ao establecerse o dominio colonial francés.

Outras bandeiras

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]