Bangor, Gales
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Gales | ||||
Área principal | Gwynedd | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.358 (2011) (2.522,16 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 648,57 ha | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Owen Hurcum (en) (2021–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | LL57 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 01248 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
National Monuments of Wales (en) | |||||
Identificador | 33003 | ||||
Sitio web | bangorcitycouncil.gov.wales |
Bangor é unha vila do norte de Gales, pertencente ao condado de Gwynedd. En 2008 tiña 21735 habitantes. É sé episcopal, e sede da Universidade de Bangor.
Historia
[editar | editar a fonte]A vila ten a súa orixe na construción dun mosteiro polo monxe cristián Deiniol a mediados do século VI. O topónimo Bangor provén dun termo galés referido a un tipo de cercado, como o que había orixinalmente no lugar do cenobio. Nese lugar atópase a actual catedral, que tivo diversas reformas ao longo da historia. A diocese de Bangor é unha das máis antigas de Gran Bretaña. En 1557 fundouse Ysgol Friars, a Escola dos Frades.
En 1718 comezou a medrar ao pasar pola vila a ruta postal entre Londres e Dublín, que pasaba tamén por Porthaethwy. Medrou tamén ao construírse unha liña de ferrocarril entre Bethesda e Penrhyn, onde se abriu unha canteira de lousa. A mediados do século XIX Bangor era a cidade máis importante do norte de Gales.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situado fronte á illa de Anglesey (Ynis Môn en galés).
Cultura
[editar | editar a fonte]A Universidade de Bangor foi fundada en 1884.
O 46,7% da poboación fala lingua galesa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
O peirao, Y Garth.
-
Universidade.