Saltar ao contido

Basseterre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBasseterre
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°17′54″N 62°44′03″O / 17.2983, -62.7342
Reinos da CommonwealthSaint Kitts e Nevis
IllaSaint Kitts
Paróquia (pt) TraducirSaint George Basseterre (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación13.220 (2001) Editar o valor en Wikidata (2.041,71 hab./km²)
Xeografía
Superficie6.474.970 m² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Altitude15 m Editar o valor en Wikidata
Creación1627 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Basseterre é a capital de Saint Kitts e Nevis e da parroquia de Saint George Basseterre. Ten unha poboación estimada de 15 500 habitantes (1990). A cidade atópase situada na illa de Saint Kitts ou San Cristovo, e é un dos principais depósitos comerciais das illas de Sotavento.

Basseterre foi fundada polos franceses en 1627. Durante o goberno de De Poincy entre 1639 e 1660, a cidade estaba situada nun punto estratéxico, que lle permitiu desenvolver unha importante actividade portuaria. De Poincy rexeita subordinarse ante o rei de Francia, debido á súa posición de cabaleiro da Gran Cruz da Orde de Malta, esixiu maior lealdade da que se debía ao rei.

A illa de San Cristobo e por consecuente a cidade de Basseterre, padeceu a furia da natureza en varias ocasións, debido á súa localización, furacáns e terremotos azóutana periodicamente. A historia recorda o ano de 1876 como un dos máis catastróficos, no que a cidade foi devastada non só polos fenómenos climáticos antes mencionados, senón tamén por un incendio que reduciu a cidade en cinzas; é por esta razón que moitos dos edificios franceses desapareceron do mapa da cidade, aínda que aínda quede un pequeno vestixio destes como a Casa Xeorxiana situada na praza de independencia, hoxe convertida nun bar/restaurante.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A localidade de Basseterre atópase situada ao sur da illa de San Cristobo no mar Caribe.

Grazas á súa localización tropical, a cidade goza dun clima agradable para o turismo, ademais para o desenvolvemento e reprodución da flora típica da rexión, a localidade conta cunha vexetación exuberante, montañas volcánicas, selvas tropicais e campos de cana de azucre, unha das maiores fontes de emprego das Antillas.

Economía

[editar | editar a fonte]

A refinaría de azucre foi a principal industria da localidade ata que en 2005 esta fose posta nun segundo plano, aínda que compensada coa industria turística.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Igrexa anglicana de San Xurxo.

Basseterre é unha cidade testiga dun pasado colonial á vez francés e á vez inglés. Os museos, as catedrais, as prazas e os fortes son o maior legado dos ingleses á cidade. Entre os lugares emblemáticos da cidade atópanse:

  • Praza da Independencia, onde se atopa ademais a Catedral da Inmaculada Concepción (católica).
  • Igrexa Anglicana de St George
  • Forte Brimstone Hill, construído en 1690, enteiramente de pedra negra.
  • Praza ortogonal Circus
  • Mercados da cidade e feiras artesanais.

As festas da cidade celébranse entre o 24 de decembro e o 2 de xaneiro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]