Saltar ao contido

Bianca (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bianca
Bianca
Descubrimento
Descuberta por Bradford A. Smith / Voyager 2
Descuberta en 23 de xaneiro do 1986
Características orbitais
Raio orbital medio 59.165,550 ± 0,045 km[1]
Excentricidade 0,00092 ± 0,000118[1]
Período orbital 0,434578986 ± 0,000000022 d[1]
Inclinación 0,19308 ± 0,054° (respecto do ecuador de Urano)[1]
é satélite de Urano
Características físicas
Dimensións 64 × 46 × 46 kms[2]
Raio medio 25,7 ± 2 km[2][3][4]
Área superficial ~8.300 km²[5]
Volume ~71.000 km³[5]
Masa ~9,2 x 1016 kg[5]
Densidade media 1,3 g/cm3 (estimada)[3]
Gravidade superficial ~0,0086 m/s2[5]
Velocidade de escape ~0,022 km/s[5]
Período de rotación sincrónica[2]
Oblicuidade da eclíptica cero[2]
Albedo 0,08 ± 0,01[6]
0.07[3][4]
Temperatura superficial ~64 K[5]

Bianca é un satélite interior de Urano. Foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2 o 23 de xaneiro do 1986 e recibiu a designación temporal de S/1986 U 9.[7] Recibiría máis tarde o nome da irmá de Katherine na obra de Shakespeare, The Taming of the Shrew. Foi bautizada polos seus descubridores como Peaseblossom, unha fada da obra de Shakespeare, A Midsummer Night's Dream, pero como a nomenclatura estaba en conflito entre os Estados Unidos e a Unión Soviética, o nome de Bianca foi escollido discretamente pola Unión Astronómica Internacional uns anos despois do descubrimento da lúa.[1] Tamén é coñecida coma Urano VIII.[8].

Bianca pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Belinda, Crésida, Desdémona, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Perdita.[6] Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes.[6] Por desgraza, a parte da súa órbita,[1] o seu raio de 27 kms[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6], pouco máis se sabe deste astro.

As imaxes da Voyager 2 amosan a Bianca coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Bianca é de 0,7 ± 0,2[2], o que lle outorga unha forma elipsoidal. A súa superficie é de cor gris.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jacobson; R.A. (1998). "The Orbits of the Inner Uranian Satellites From Hubble Space Telescope and Voyager2 Observations". The Astronomical Journal 115: 1195–1199. doi:10.1086/300263. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. doi:10.1006/icar.2001.6597. 
  3. 3,0 3,1 3,2 JPL (Solar System Dynamics) (24 de outubro do 2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 12-12-2008. 
  4. 4,0 4,1 Williams, Dr. David R. (23-11-2007). NASA (National Space Science Data Center), ed. "Uranian Satellite Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 18-01-2010. Consultado o 12-12-2008. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Calculado en base a outros parámetros
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Erich Karkoschka (2001). "Comprehensive Photometry of the Rings and 16 Satellites of Uranus with the Hubble Space Telescope". Icarus 151: 51–68. doi:10.1006/icar.2001.6596. 
  7. Smith; B. A. (27-01-1986). "IAU Circular No. 4168". Consultado o 1 de maio de 2019. 
  8. USGS Astrogeology, ed. (21-07-2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 06-08-2006. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]