Billy Howerdel
Nome orixinal | (en) William L. Howerdel (en) Billy Howerdel |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de maio de 1970 (54 anos) West Milford, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | West Milford High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, compositor, cantante |
Período de actividade | 1988 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock |
Instrumento | Guitarra e voz |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | billyhowerdel.com |
Billy Howerdel, nado o 18 de maio de 1970 en Nova Jersey, é o fundador, guitarrista, compositor e produtor das bandas A Perfect Circle e Ashes Divide.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes de formar A Perfect Circle, Howerdel traballara como técnico de guitarras para Faith No More, Fishbone, David Bowie, The Smashing Pumpkins, Nine Inch Nails e Guns N' Roses entre outras bandas.
Howerdel traballou coma "roadie" e técnico de Pro Tools para Tool durante a gravación e xira de Ænima, traballando con Maynard James Keenan, ao cal coñecera en 1992. Durante este tempo, Howerdel tocoulle a Keenan algunhas das súas cancións e Keenan ofreceuse a cantalas se Howerdel decidía formar unha banda. A pesar de que el prefería unha voz feminina, Howerdel aceptou o ofrecimento de Keenan. En 1999 Howerdel fundou A Perfect Circle e invitou a Keenan a unirse como cantante.
Howerdel ocasionalmente tocou en directo coa banda Abandoned Pools. No 2005 compuxo e gravou música para o videoxogo Jak X: Combat Racing, coas colaboracións de Danny Lohner e Josh Freese, Joey Castillo e Troy Van Leeuwen de Queens of the Stone Age, Atom Willard de The Offspring, a ex-baixista de A Perfect Circle Paz Lenchantin, e Wes Borland de Limp Bizkit.
No ano 2005, durante un parón de A Perfect Circle, Howerdel creou a banda Ashes Divide. Howerdel encargouse de todos os instrumentos nas sesións de gravación, agás da batería, da que se encargou Josh Freese. No ano 2008 a banda editou o seu álbum de estrea, Keep Telling Myself It's Alright.