Blockbuster
Un blockbuster, bombazo ou éxito de vendas, son termos que se aplican ós filmes, ó teatro e ás veces tamén ós videoxogos, que denotan que son populares ou exitosos, normalmente cunha produción que leva un grande orzamento e que logran os mellores resultados en venda de billetes nun tempo marca.
Blockbuster (en inglés, literalmente 'que fai estoupar un bloque -de edificios-') era nun principio un termo do argot teatral estadounidense que cualificaba unha peza que lograba un éxito importante. Polo tanto, un blockbuster sería unha peza que levaría todos os outros teatros da veciñanza á quebra.
O termo blockbuster foi sacado probablemente do vocabulario militar: blockbuster era o nome do tipo de bomba máis poderosa utilizada polos exércitos británico e estadounidense durante a segunda guerra mundial.[1] O termo blockbuster foi reutilizado no cinema para cualificar os filmes de alto orzamento e de grandes ingresos, producións excepcionais no plano financeiro, material e humano.
Orixe do termo
[editar | editar a fonte]A orixe do concepto, quizais se sitúa a mediados ou finais dos anos 70 e tivo a súa época dourada nos 80. Os filmes Tiburón (1975) e A guerra das galaxias (1977) foron os primeiros exemplos como filmes. O director Steven Spielberg fíxose famoso na década dos 80 producindo blockbusters como Gremlins (1984), Os Goonies (1985), Back to the Future (1985), Young Sherlock Holmes (1985) ou Innerspace (1987), e na década de 1990 Men in Black (1997) ou A máscara do Zorro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Google Ngram Viewer". books.google.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2018.